xoves, 10 de setembro de 2015

Bolsas en Europa para mozos/as de 16 a 25 anos

PRÁCTICAS GALEUROPA

Se tes entre 16 e menos de 25 anos estas prácticas son moi interesantes para ti e ademáis a  Asociación Muxema encárgase de realizar todas as xestións necesarias para tramitar a bolsa.


Para ser beneficiario das prácticas Galeuropa hai que cumprir os seguintes requisitos:
1. Estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil no ámbito autonómico de Galicia.Se non estas inscrito acudir ao INEM da túa localidade.
2. Ter máis de 16 anos (preferiblemente máis de 18 anos) e menos 25 anos.

Para poder optar ás Bolsas Galeuropa debes enviar o formulario de inscrición que encontrarás adxunto a este email e de modo opcional enviar o seu curriculum.

As prácticas teñen unha duración de 2 meses consecutivos dende Outubro de 2015 con unha xornada de traballo de 5 horas ao día.

A bolsa subvenciona 100%:
-Aloxamento
-Manutención
-Transporte local
-Seguro de responsabilidade civil
-Seguro médico (Tarxeta Sanitaria Europea)
-Billetes (Por exemplo axuda de ata 275 euros)
-Curso de idioma de 11 horas de duración

A data límite de inscrición será o próximo 20 de setembro e o proceso de selección levarase a cabo o 21 de setembro o cal consistirá nunha entrevista persoal e un test de motivación moi sencillos. O curso de idioma terá lugar o 25 e 26 de setembro. En principio está previsto que as persoas interesadas partan o día 30 de setembro.

Para calquera dúbida ou información adicional podes poñerte en contacto mediante email: ue.practicas@gmail.com ou do teléfono 634.81.20.27.

Ningún comentario:

Publicar un comentario