luns, 16 de maio de 2016

Curso “Modelando os teus factores de éxito: a diferencia que fai a diferencia”

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca o curso “Modelando os teus factores de éxito: a diferencia que fai a diferencia”, unha iniciativa que  ten por finalidade dotar de ferramentas aos mozos/as para desenvolver proxectos emprendedores; unha aposta pola educación non formal como medio para mellorar as competencias curriculares dos/as mozos galegos/as.
Obxectivos:Apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, reforzando as súas competencias clave, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidades e cualificacións para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo
Fomentar o emprendemento entre os/as mozos/as como estratexia de emprego.
Apoiar o desenvolvemento persoal e formativo dos mozos e mozas galegos a través de iniciativas de educación non formal.
Destinatarios/as:  mozos/as entre 18 e 30 anos
Lugar de realización: Albergue xuvenil Gandarío. Cornida, 20. 15167 Bergondo (A Coruña)
Días de celebración:27 de maio de 2016: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas
28 de maio de 2016: de 10:00 a 14:00 horas
Cobertura: aloxamento en habitación de uso múltiple. O/a participante deberá achegar os útiles de aseo persoal e unha toalla.
A manutención correrá a cargo do/a participante.
Prazas: 30. Número mínimo para realizarse o curso: 5 mozos/as.
Prazo de inscrición: do 13 ao 24 de maio de 2016.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos dous  días seguintes, entenderase que non obtivo praza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario