mércores, 25 de outubro de 2017

Programa SOY EMPRENDEDOR

A Rede Araña e a Fundación Incyde, en colaboración co Concello de Riveira e a Asociación Boirense de Empresarios, van poñer en marcha na comarca de Barbanza o programa SOY EMPRENDED@R, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Trátase dun programa de formación teórico-práctica que inclúe diversas accións tales como formación grupal, titorías individuais e acompañamento (mentoring) por parte de expertos de diversas materias.
Está dirixido a mozos e mozas en situación de desemprego menores de 30 anos que non estean cursando estudos regrados e estean inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil.
Os interesados poden anotarse na web http://www.soyemprendedorgalicia.es ou presencialmente no Viveiro de Empresas de Riveira ou na sede da Asociación Boirense de Empresarios. O prazo finaliza o 27 de outubro.
Información: Tel. 988 39 15 15 / 665 761 939, soyemprendedor@empleoenred.org e www.soyemprendedorgalicia.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario