luns, 25 de xuño de 2018

Proxecto LEWO “ Vida permanente con voluntarios” - LIFE16 ESC -: un proxecto para a xuventude que desfruta e coida a natureza

Con este proxecto preténdese:
- Contribuír á redución do impacto que a acción humana ten sobre o Patrimonio Natural.
- Facer sustentable  o uso de recursos naturais.
- Promover a educación ambiental  e a participación cidadá no coidado da natureza.
O obxectivo final é potenciar  o patrimonio natural de Galicia  a través da creación dun grupo de mocidade voluntaria que ata xuño de 2019 realizará diferentes actividades dentro de 17 dos hábitats naturais da rede Natura 2000 e áreas especiais de protección de aves en Galicia.
As persoas voluntarias desenvolverán actividades de:
- Preservación e conservación de 17 áreas Natura 2000 de Galicia.
- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
- Educación (Sensibilización, formación, exposición)

Se tes entre 18 e 30 anos e interésache participar nesta actividade de voluntariado ambiental, primeiro debes inscribirte como persoa voluntaria no Corpo Europeo de Solidariedade:
 http://europa.eu/youth/SOLIdARity_es   (Portal Europeo da Xuventude)
Prazas: 300. Prevese unha reserva dun 10% das prazas para mozos e mozas con diversidade funcional.
Podes solicitar máis información:
No correo electrónico erasmus.xuventude@xunta.gal
No teléfono 881 999 567

Ningún comentario:

Publicar un comentario