martes, 6 de novembro de 2018

CAMPOS DE VOLUNTARIADO EN INVERNO. COMUNITAT VALENCIANA

O Institut Valenciá de la Joventut organiza dous campos de voluntariado de inverno, para mozos e mozas de 18 a 30 anos:
  • Diviértete I (Moraira), do 26 de decembro de 2018 ao 4 de xaneiro de 2019.
  • Diviértete II (Benicàssim), do 26 de decembro de 2018 a 4 de xaneiro de 2019.
Se estás interesado/a en participar, chama ao teléfono 881 999 314 para preinscribirte, facilitando os teus datos persoais.
O prazo para preinscribirte comeza o día 8 de novembro, de 9 a 14 horas.
A preinscrición farase por orde de chamada. A inscrición final no campo realizarase unha vez que o Institut Valenciá de la Joventut confirme a existencia de praza
Cota: 60 € (gastos de desprazamento NON INCLUÍDOS)

Son campos de traballo con menores, polo que as persoas participantes deberán achegar o certificado negativo de delitos de natureza sexual, ou ben autorizar a consulta na solicitude.

Ningún comentario:

Publicar un comentario