martes, 24 de marzo de 2020

Voluntariado social

☎ Teléfono social 900 400 800

🏥Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, o actual teléfono de voluntariado da Xunta de Galicia (900 400 800) refórzase tamén como un teléfono social de apoio e acompañamento.

FUNCIÓNS

🙋🏼‍♀ Resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, tal e como vén facendo o  teléfono 012 🚨.

🧏Prestar apoio psicolóxico  especializado a persoas que o precisen. Derivaráselles a un/unha profesional 🥼 deste ámbito.

📡 Recoller información sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, sexan propios ou alleos, que serán analizados pola Consellería de Política Social e, de ser o caso, ↪ derivaranse aos servizos sociais do correspondente concello 🏘

🌍📝 Crear unha rede de persoas voluntarias (sen límite de idade) para facer labores de acompañamento telefónico 📞 e apoiar a concellos e entidades de acción voluntaria nas súas actividades 🍽 🛒

‼Se te queres unir a esta rede galega de voluntarios e voluntarias contra a pandemia do 🦠 COVID-19
preme aquí👇
http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/modulo.php?mod=ppr&idc=412#forsux

Ningún comentario:

Publicar un comentario