xoves, 31 de marzo de 2011

Xornadas de Cultura Urbana


Os días 18,19 e 21 de Abril chegan a Noia as II Xornadas de Cultura Urbana con actividades de Breakdance, Beatbox, Rap, Graffiti, Turntablism (Dj) e Capoeira.

As actividades son de carácter gratuíto pero hai límite de prazas polo que aqueles que estades interesados/as en participar nelas debedes formalizar a inscripción entre o 4 e o 15 de abril a través do impreso correspondente que encontraredes na Casa da Xuventude de Noia.

mércores, 30 de marzo de 2011

ENCONTRO NACIONAL DE XÓVENES VOLUNTARIOS (CEUTA, DO 13 AO 17 DE MAIO DE 2011)

Con motivo da celebración da Semana Europea da Xuventude 2011 e a celebración do Ano Europeo do Voluntariado 2011, tense previsto realizar a actividade: “Encontro Nacional de Xóvenes Voluntarios”, en Ceuta, do 13 ao 17 de maio.

Destinatarios:

24 xóvenes voluntarios, que non teñan experiencia no servicio de voluntariado europeo, con idades comprendidas entre 18-30 anos:

- 12 voluntarios pertencentes a distintas comunidades autónomas.

- 12 voluntarios de distintas asociacions de Ceuta


Financiación:

A Axencia Nacional Española e a Consellería de Xuventude, Deportes e Novas Tecnoloxías faranse cargo dos gastos de desprazamento ata Ceuta e dos costes de acollida e desenvolvemento do encontro.

para mais información consultade na oficina OMIX de Boiro(Centro Social)



martes, 29 de marzo de 2011

Músicos de Rúa

O concello de Allariz busca músicos de Rúa para que actúen na Semana santa ao Vivo, os interesados debedes contactar antes do 5 de Abril no departamento de promoción económica de Allariz no correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.com ou no teléfono 988442210.

PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

Xa podedes inscribiros na oferta formativa–presencial e en liña- da dirección xeral de xuventude e voluntarido, que se distribuirá en tres grandes bloques: formación da mocidade en actividades de ocio alternativo, tempo libre e asociacionismo; formación continua de técnicos de xuventude; e actividades no eido do voluntariado.

Podes consultar esta oferta formativa seguindo este enlace:

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/plan_de_formacion/2011/plan_de_formacion_2011.pdf

ou no Teléfono xove: 902152535 e a páxina do voluntariado galego(www.voluntariadogalego.org)

venres, 18 de marzo de 2011

plan de formación da dirección xeral de xuventude

Á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado correspóndelle, entre as súas funcións, a promoción e organización das actuacións en materia de xuventude e voluntariado, e correspóndelle organizar cursos de educación non formal que afondarán na capacitación das persoas que traballan no ámbito da xuventude e voluntariado, co obxecto de que obteñan unha formación continua que lles permita organizar e xestionar os servizos que ofrecen á mocidade e ás entidades de voluntariado.

O plan de formación divídese en 3 ámbitos: Tempo Libre, Rede Galega de Información Xuvenil, e Voluntariado

Podedes consultar toda a información na web www.xuventude.net, no apartado de Ensino e Bolsas

Cursos de idiomas no extranxeiro

O programa de Cursos de idiomas no extranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.

Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.

Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.

Podes consultar toda a información a través de www.xuventude.net, no apartado Ensino e Bolsas

luns, 7 de marzo de 2011

Bolsas de estudos para prácticas na Oficina Municipal de Turismo

Convocante: Concello de Nigrán
Prazo de solicitude - 15/03/2011
Características - Para diplomados/as ou técnicos/as de Turismo. Duración: dende o 1 abril ata o 30 Setembro 2011.
Máis información - Oficina Municipal de Información e Rexistro do Concello de Nigrán