mércores, 3 de novembro de 2010

Bolsas de Comercio Exterior para Titulados Universitarios Cámara de Lugo

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

A Cámara de Comercio de Lugo convoca 3 bolsas de comercio exterior dentro do Plan Foexga con destinos a : Colombia, India e Ghana Prazo



Os interesados deberán remitilo seu C.V antes do 31 de outubro (Ref. Bolsas Comercio Exterior)


Os candidatos deben reunir as seguintes condicións:

-Idade non superior ós 30 anos

-Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da UE

-Titulación universitaria superior, dándose preferencia na adxudicación das becas ós licenciados en Economía, Administración de Empresas e Dereito. O título, no caso de haberse obtido en Universidades non españolas, deberá estar homologado polo Ministerio de Educación e Cultura.

-Dominio do INGLÉS falado e escrito.

-Coñecementos de comercio exterior. Poderanse acreditar presentando os diplomas de ter realizado cursos de comercio exterior de Cámaras de Comercio, ICEX ou outros organismos cunha duración mínima de 50 horas. Tamén serán válidos os cursos de formación ocupacional ou a formación de postgrado en comercio exterior. No caso de ter estudado comercio exterior durante a carreira será imprescindible presentar plan de estudios. En todo caso, farase unha proba específica de COMERCIO EXTERIOR para avaliar os devanditos coñecementos.

-Coñecementos da estrutura económica galega

-Coñecementos de informática a nivel usuario

-Non padecer enfermidade ou impedimento físico que imposibilite o cumprimento das obrigas como bolseiro

-Non ter sido anteriormente beneficiario dunha bolsa de comercio exterior no estranxeiro, outorgada por calquera organismo público, por un período superior a seis meses.


A duración das bolsas é de once meses.

Durante este tempo o Bolseiro deberá residir no país ó que fora destinado, salvo que reciba instrucións distintas por parte da Cámara. Polo demais, se esta o estimase oportuno, o Bolseiro poderá permanecer inicialmente, o tempo necesario na sede da Cámara de Lugo, dedicándose a actividades de formación previa.


Dotación e forma de pago

A retribución mensual será a seguinte:

Colombia: 2.266,66 €

India: 2.316,66 €

Ghana: 2.833,33 €

Ademais da dotación básica o interesado percibirá os billetes de avión en crase turista (ou equivalente) necesarios para realiza-las viaxes de ida ó país de destino e de volta a España. Correrá a cargo da Cámara a contratación de seguros de accidentes e de enfermidade a favor de cada Bolseiro, polo período antes indicado.

No momento de saída rumbo ó país de destino e firma do correspondente compromiso de cumprimento das normas e obrigas que se establezan, o Bolseiro poderá recibir unha porcentaxe da Bolsa en concepto de adianto e para os

primeiros gastos. O resto se dividirá nas mensualidades correspondentes á duración da súa beca.


Información

Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Lugo Ramón Ferreiro, 18 Teléfono 982284300 / Fax 982244301 camara@camaralugo.com

http://www.camaralugo.com/camaradb2.asp?id=371

Ningún comentario:

Publicar un comentario