A Universidade da Coruña, co fin de favorecer a formación complementaria do estudantado desenvolvendo a súa formación teórica e práctica, fai pública a convocatoria de 22 bolsas de formación complementaria, ampliable segundo dispoñibilidade orzamentaria, en bibliotecas dos centros propios da UDC para colaboración en tarefas bibliográficas..
Contía e período
O importe bruto da axuda será de 1.080 euros que se aboarán en pagamentos mensuais de 216 euros ao que se lle aplicarán, se fose o caso, as retencións correspondentes. O pagamento efectuarase con referencia á situación do dereito da persoa bolseira ao día último do mes que corresponda.
A bolsa terá a súa vixencia dende o día 15 de xaneiro ao día 15 de xuño (5 meses), recibindo o alumno ao remate da mesma unha certificación do Centro como “bolseiro de colaboración en tarefas bibliográficas”.
Requisitos das persoas solicitantes
As persoas solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
-Estar matriculado no curso 2010/2011 na Universidade da Coruña en estudos oficiais nos seguintes niveis:
Segundo ciclo de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñaría Superior.
Terceiro curso de Diplomaturas.
Titulacións de segundo ciclo.
Terceiro ou cuarto curso de Grao.
Condicións da bolsa
-Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico da persoa solicitante.
-A persoa solicitante só poderá presentar a súa candidatura na Biblioteca do Centro no que estea adscrita a titulación que cursa, agás os estudantes da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación e da Licenciatura en Documentación que poderán optar a calquera.
-As tarefas de colaboración non serán especializadas ni propias do persoal de biblioteca. Serán tarefas de apoio á actualización e promoción dos fondos bibliográficos dos centros, segundo as directrices marcadas pola Comisión de biblioteca ou, no seu caso, pola Dirección da biblioteca.
- A ampliación, de se producir, farase seguindo a listaxe de agarda
Incompatibilidades
- Ter sido beneficiario desta bolsa en convocatorias anteriores.
- Ter sido beneficiario doutras bolsas propias da UDC que en conxunto coa convocatoria actual superen os 12 meses.
- Exceder 28 anos de idade durante o período de goce da bolsa.
- Percibir calquera outra axuda económica co mesmo fin (bolsas do Ministerio de Educación ou da Xunta de Galicia).
- Realizar calquera outra actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional.
As solicitudes presentaranse nos seguintes lugares:
-Rexistro Auxiliar de Acceso e Información. Casa do Francés. Campus da Zapateira
-Rexistro Auxiliar de Ferrol (Rúa Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro. 15403 – Ferrol)
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14hh do 10 de novembro de 2010.
Información
Ningún comentario:
Publicar un comentario