A Universidade da Coruña, co fin de favorecer a formación complementaria do estudantado desenvolvendo a súa formación teórica e práctica, fai pública a convocatoria de 44 bolsas de formación complementaria, ampliable segundo
Contía e período
O importe bruto da axuda será de 1.440 euros que se aboarán en pagamentos mensuais de 288 euros aos que se lles aplicarán, de for o caso, as retencións correspondentes. O pagamento efectuarase con referencia á situación do dereito da persoa bolseira ao día último do mes que corresponda.
A duración da bolsa será desde o día 15 do mes de xaneiro ata o día 15 do mes de xuño (5 meses). A persoa beneficiaria da bolsa recibirá ao remate da mesma unha certificación do Departamento como “bolseiro de iniciación e apoio á investigación”.
Requisitos das persoas solicitantes
As persoas solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2010/2011 na Universidade da Coruña en estudos oficiais nos seguintes niveis:
.- Segundo ciclo de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñaría superior.
.- Terceiro curso de Diplomaturas
.- Titulacións de segundo ciclo
.- Terceiro ou carto curso de Grao
Incompatibilidades
- Ter sido beneficiario desta bolsa en convocatorias anteriores.
- Ter sido beneficiario doutras bolsas propias da UDC que en conxunto coa actual convocatoria superen os 12 meses.
- Exceder 28 anos de idade durante o período de goce da bolsa.
- Percibir calquera outra axuda económica co mesmo fin (bolsas do Ministerio de Educación ou da Xunta de Galicia).
- Realizar calquera outra actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse no seguintes lugares:
-Rexistro Auxiliar de Acceso e Información. Casa do Francés. Campus da Zapateira
-Rexistro Auxiliar de Ferrol (Rúa Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro. 15403 – Ferrol)
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14hh do 10 de novembro de 2010.
Información: www.udc.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario