martes, 10 de maio de 2011

Bolsas de investigación no Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega convoca 6 bolsas de colaboración en proxectos de investigación:
- 2 bolsas para colaborar na Área de Publicacións: licenciado/a en Filoloxía Galega.
Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de tradución e corrección. Posuír coñecementos
de edición de textos. Posuír coñecementos de informática.
- 2 bolsas para colaborar na Área de Documentación: diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación ou licenciado/a en Documentación.
Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de catalogación en formatos Marc. Posuír coñecementos do programa de catalogación AbsysNET. Posuír coñecementos de informática. Posuír experiencia en xestión documental.
- 2 bolsas para colaborar na Área Técnica: estudos de técnico/a de imaxe e son (grao superior de técnico/a de son ou imaxe-FP ou similar
ou outra titulación superior).
Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de programas de edición e de gravación de audio e vídeo dixitais. Posuír experiencia
de edición dixital, tanto de audio como de imaxe.

Requisitos xerais:
Estar en posesión da titulación académica requirida sen que transcorresen máis de 5 anos desde a súa obtención e acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

A duración da bolsa será de 6 meses, comprendidos entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2011.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2011.

Máis información no DOG do 9 de maio de 2011 e en www.consellodacultura.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario