martes, 10 de maio de 2011

CURSOS INTENSIVOS DE ALEMÁN

A asociación galega de xermanistas e a Concellería de Mocidade do Concello de Boiro organizarán para este verán cursos intensivos de alemán.

Os cursos terán unha duración de 42 h e se celebrarán dende o 1 de xullo ao 29 de xullo no local de mocidade, Estación Leñaverde. Ao remate se expedirá certificado da asociación galega de xermanistas acreditando o nivel europeo A.1.1.
Modalidades a impartir:
Cursos para xóvenes de 12 a 16 anos
Cursos para adultos a partir de 16 anos
Horario: 2h diarias en horario de mañá ou tarde(a definir cas persoas interesadas)

Prezo:
Cursos para xóvenes de 12 a 16 anos, 100€( haberá a opción de facer 2 pagos fraccionados de 50 €)
Cursos para adultos a partir de 16 anos, 150€( haberá a opción de facer 2 pagos fraccionados de 75 €)

Prazos:
Preinscrición: do 23 de maio ao 6 de xuño
Matrícula: do 14 ao 30 de xuño
Curso: do 1 ao 29 de xullo

Para máis información dos cursos chamar a oficina OMIX Boiro, 981842635 ou poñerse en contacto mediante o correo electrónico centrosocial@boiro.org , a inscrición se realizará enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo info@agxermanistas.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario