mércores, 30 de novembro de 2011

AXUDAS AO TRANSPORTE DO CONCELLO DE BOIRO

O día 1 de decembro publícanse as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.

O prazo de solicitude das axudas é dende o día 1 de decembro do 2011 ata o 13 de xaneiro do 2012, ámbolos dous inclusive.

Os documentos deberán ser entregados en rexistro no concello acompañados da folla de solicitude que poderá recollerse en conserxería no Concello de Boiro, na Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro, 1º andar) ou descargar dende a web www.boiro.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario