martes, 29 de novembro de 2011

Toda a programacion para esta fin de semana


- Venres 2 decembro. 18h e 20h
Talia Teatro con "Carta urxente para Máximo Toxo"
Casa da Cultura Ramón Martínez López
teatro a partir de 5 anos
Programación organizada polo Concello de Boiro

Esta obra infantil trascurre arredor de dous protagonistas, Belinda e Máximo. Belinda é unha carteira que ha de asegurarse que a carta importantísima que ten para Máximo chega ao seu destinatario en persoa. A tarefa non é doada porque Máximo é un escritor huraño que sempre está metido na casa e non quere relacionarse con nadie.

-Venres 2 decembro. 23.45h
Os da Ría, presentando ChinChin polos da Ría
Pousada das ánimas. Boiro
Programación organizada polo establecemento privado

- Sábado 3 decembro. 18h
Documental Zeitgeist
Centro Social de Boiro.
Programación organizada polo Concello de Boiro

Este documental está escrito, dirixido e producido por Peter Joseph no ano 2007. Foi premiado con varios recoñecementos de carácter internacional; entre eles o Artivist Film Festival 2007.
O documental céntrase nas actuais institucións sociais dominantes, ao tempo que explora as estructuras de poder actuais.

- Sábado 3 decembro. 22.30h
Mago Miguelo
Curral do Marques. Taragoña.
Programación organizada polo establecemento privado

Ningún comentario:

Publicar un comentario