martes, 13 de marzo de 2012

Curso en liña de voluntariado da USC

A Universidade de Santiago de Compostela saca a súa VII edición do curso en liña de Formación Básica en Voluntariado que se celebrará do 2 de abril ata o 8 de xuño.

Este curso de 60 horas está recoñecido para todo o alumnado da USC que curse estudos de Grao,
Licenciatura, Enxeñaría ou Diplomatura. Quen realice este curso terá posibilidade de obter ata un
máximo de 6 créditos optativos (3 por ano) no caso das titulacións adaptatas ao EEES, ou 4 créditos
de libre configuración adicionais no resto.

As actividades nas que se poden participar están na páxina web da Universidade e o contido do curso na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/seccion_formacion_e_investigacion/formacion/VII_curso_enlinha_2012.html
O prazo de matrícula permanecerá aberto dende o 1 ata o 31 de marzo de 2012 ou ata completar as prazas

Ningún comentario:

Publicar un comentario