martes, 10 de abril de 2012

Comunidade Aula de Linguas Vivas

Este luns 16 de abril comezamos no Centro Social con un proxecto lingüístico que seguro que vos interesa, Comunidade Aula de linguas Vivas.
Este é un proxecto que pretende a adquisición de destrezas comunicativas en distintas linguas estranxeiras: inglés, francés e alemán. A metodoloxía que se vai a seguir nesta comunidade é crear un espazo donde convivan as linguas: inglés, francés, alemán e galego.

No mes de abril haberá dúas sesións de 1 hora cada unha, as sesións están dirixidas por auxiliares de conversación nativos.

O lugar onde se realizará a Comunidade de linguas vivas é na cafetería do Centro Social.

As datas no mes de abril son 16 e 30 de abril de 20h a 21h.

A Comunidade de aula de linguas vivas é unha actividade voluntaria e gratuíta polo que para participar debes inscribirte previamente na OMIX( Centro Social, 1º andar), no correo omix@boiro.org ou no tlf 981842635.

Ningún comentario:

Publicar un comentario