Ata o 13 de abril podedes inscribirvos nas xornadas que consistirán en 4 sesións:
Sesión 1: Aproveitamento enerxético da biomasa forestal.
Sesión 2: Oportunidade de negocio e casos reais.
Sesión 3: Creación de empresas en zonas rurais.
Sesión 4: Visita de campo.
A temática destas xornadas formuláronse como unha medida de inserción laboral, para sensibilizar á poboación nas oportunidades de emprego que pode xerar a Serra do Barbanza.
Estas xornadas son organizadas dende a Mancomunidade Arousa Norte coa financiación da Deputación da Coruña. Colaboran con nos os catro concellos da comarca e a organización Madoan en A Pobra.
inscrición e información:
http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/04/04/xornadas-de-biomasa-forestal-oportunidade-de-emprego-para-o-rural/
Ningún comentario:
Publicar un comentario