xoves, 12 de abril de 2012

Matrícula na EOI opción libre acceso

No curso 2011-2012 na EOI de Santiago de Compostela terán lugar probas de certificación dos niveis básico, intermedio e avanzado para alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés e portugués, e dos niveis básico e intermedio para italiano. Na sección de Ribeira, sita no IES Número 1 terán lugar únicamente as probas de inglés.

Quen pode presentarse?
Poderán presentarse a estas probas de modalidade libre todo o alumnado que así o desexe, excepto aquel alumado xa matriculado no mesmo nivel en modalidade oficial. Tamén está estipulado que se poida presentar o profesorado asistente aos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) no ano académico 2011-2012.
Non será preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior. Estas probas de certificación serán comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permitirán o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.

Prazo de matrícula?
O prazo de matrícula nas probas de certificación para o alumnado libre, incluído o profesorado que asiste aos cursos CALC, será do 10 ao 27 de abril de 2012, ambos inclusive.

Información
Na web www.eoisantiago.org ou no IES nº1(Ribeira)

Ningún comentario:

Publicar un comentario