xoves, 12 de abril de 2012

xestor de contidos web a media xornada

Na Navalla suíza están buscando unha persoa para traballo de contido para webs, de testaxe e a facer tarefas de apoio na xestión. Incorporación de forma inmediata (maio) e, en principio, requiriríase que se traballase en HQ do Milladoiro (Ames).

Que precisan?

  • unha persoa que teña experiencia de traballar con web dende a perspectiva dos contidos ou da xestión de proxectos.
  • Saber redactar dunha maneira razoable, ser áxil e estar preparado/a para adaptarse a traballos lixeiramente cambiantes.

Que valoran?

  • Experiencia diversa
  • Adaptable ás circunstancias e contornos de traballo de límites difusos.
  • É imprescindible escribir correctamente en galego e español.
  • Coñecemento de inglés.

Cales son as condicións?

  • Xornada de 4 horas diarias, en principio durante 3 meses.
  • Esa xornada sería cun horario de mañá, pero habería algo de marxe para buscar solucións puntuais en función do traballo dos demais membros do equipo.
  • Soldo: Ao redor de 810€ netos mensuais, dependendo de se es autónomo/a ou a retención que escollas.

Que enviar?

non queren currículos. Mánda 1 ou 2 parágrafos explicando quen es e o que sabes facer. Indíca tamén un par de proxectos web nos que traballaras, qué aspectos deses proxectos supuxeron un reto para ti, e como resolviches e os 7 principais problemas de esta web (foi escollida ao azar) e como os solucionarías.

http://www.specificplumbingandheating.com/

Onde enviar?

currosenriquez@anavallasuiza.com e evita na medida do posible os documentos anexos. A brevidade, a orixinalidade e o humor serán tidos en conta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario