A mostra acollerá ponencias, debates, ou espazos para a creatividade, o emprego e o emprendemento. As actividades da mañá terán lugar no auditorio da parroquia de Merza, e as da tarde na área recreativa da Carixa.
Contidos
Durante o encontro, os participantes e os poñentes compartirán experiencias e a súa visión da situación actual da mocidade en vilas e concellos pequenos. Así, abordaranse temas sobre como emprender nos concellos, as vantaxes do cooperativismo, ou o turismo activo e de interior como oportunidade de futuro. Ademais, falarán sobre como os mozos e mozas poden emprender en tempos de crise ou de que maneira a participación xuvenil pode converterse nunha ferramenta emprendedora.
Actividades
Ponencias
Durante a mañá, participarán, entre outros, o alcalde de Vila de Cruces e Xosé Neira Vilas, o autor do libro “Memorias dun neno labrego”, que rexistrou na súa obra unha importante presenza da xuventude rural.
Haberá tamén unha mesa redonda sobre como emprender nos concellos de interior. Nela participarán
Eva González –titular da súa propia explotación gandeira-;
Elena Ferro –moza artesá e zoqueira, que integra unha variante moderna e innovadora;
María Hermida –directora de Finca de Mouriscade, un centro innovador no eido agrario-; e José Ramón Moire –un mozo emprendedor no eido do sector téxtil-.
Daniel Vega, técnico cooperativo exporá a fórmula do asociacionismo agrario como modo de emprendemento e, por outra banda, o profesor na facultade de empresariais e turismo de Ourense e na UNED,
José Antonio Rodríguez, abordará o potencial turístico dos concellos do interior como elemento impulsor da súa economía.
Marco Varela, o cociñeiro e chef executivo do Hotel Palacio de Sober, levará a cabo un taller de cociña creativa.
Javier Blanco –xerente do Bantegal-;
Ramón García Sueiro –deportista de alto nivel e emprendedor no sector do ocio-;
e José Luis Lamas –emprendedor e enxeñeiro agrónomo- tratarán a participación xuvenil como ferramenta de futuro.
Outras actividades
As ponencias complementaranse con diversas actividades paralelas, como a mostra do traballo de entidades xuvenís; ou espazos de creatividade sobre artesanía, música, son ou defensa persoal; de emprendemento, centrados no deseño de currículos, no simulacro de entrevistas de traballo ou no asesoramento para emprendedores; ou espazos sobre actividades de aventura, geocathing, ou rocódromo.
Todos aqueles interesados en participar atoparán toda a información sobre este evento na páxina web http://xuventude.xunta.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario