martes, 10 de abril de 2012

Ruta de senderismo Boiroverde

Este sábado 14 de abril os integrantes do colectivo Boiroverde organizarán unha saída polo litoral, que comezará en rebordelo as 10h. A distancia son 8 km, a dificultade e baixa e aproximadamente terá unha duración de 2h e media.

Esta ruta polo litoral, pretende achegar aos participantes os recursos culturais e naturais do litoral(Lagoas de Carragueiros, especies de flora e fauna autóctonas, praias de Carragueiros, a Retorta, o Chazo ou a Ladeira).

Información e inscricións no Centro Social de Boiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario