mércores, 13 de xuño de 2012

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a.

Persoas beneficiarias:a) Homes que se acollan á redución de xornada.
b) Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xullo de 2012

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI440A

Máis información no DOG do 12 de xuño de 2012 e en www.mulleresengalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario