Requisitos dos solicitantes:
– Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
– Ser natural de Galicia.
– Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior.
– Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
– Ser natural de Galicia.
– Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior.
Estar en posesión dalgunha das seguintes
titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química,
ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de
empresas, ciencias empresariais, economía, e dereito.
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses.
A contía das bolsas é de 9.960 € anuais (830 mensuais).
Os titulados incorporaranse en primeiro
lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a
participación no programa, e a seguir realizarán prácticas formativas
baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora
para implantar en pequenas e medianas empresas, período en que
recibirán formación e titorización directamente por parte do axente
colaborador.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xullo de 2012
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG401B
Máis información no DOG do 12 de xuño de 2012 e en www.igape.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario