luns, 11 de xuño de 2012

Curso teórico de monitor sociocultural a distancia

Obxetivos: Proporcionar aos participantes unha formación teórica básica das funcións de monitor sociocultural.
 Destinatarios: Mozas e mozos de 18 a 30 anos interesados na temática.
 Contidos: Definición de animación sociocultural. Técnicas experimentais para o estudo de campo. Técnicas de planificación e deseño de programas. Técnicas de organización. Técnicas de avaliación. Dirección de equipos. Técnicas de xestión.
 Criterios de selección: A prioridade virá determinada pola orde de inscrición.
 Metodoloxía: O curso realizarase na modalidade a distancia, con un exame presencial que terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil o xoves 6 de setembro de 2012, as 12 h.
 Duración: 125 horas.
 Datas: O curso desenvolverase do 5 de xullo ao 6 de setembro.
 Nº de prazas: 25. Reservarase un 7% para persoas con unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
 Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes rematará as 14 h. o día 28 de xuño de 2012, e realizarase cumplimentando a ficha de inscrición que figura a continuación:
 Máis información:
 Centro Coordinador de Información e documentación xuvenil: Teléfono: 881997604/7

Ningún comentario:

Publicar un comentario