luns, 11 de xuño de 2012

II Feira Internacional de Emprego

O Concello de Santiago de Compostela organizará entre os días 19 e 20 de xullo, no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, a II Feira Internacional de Emprego. Este evento, servirá para poñer en contacto as empresas cos demandantes de emprego.
Todas as persoas interesadas deberán inscribirse a través da web da Axencia Local de Colocación, o que se poderá realizar entre o 15 e o 30 de xuño. A intermediación laboral entre os inscritos e as empresas desenvolverase do 2 ao 12 de xullo.
A FIE incluirá tamén unhas Xornadas Internacionais "Os novos mercados de traballo e as estratexias innovadoras para a busca de emprego", con diversas conferencias e obradoiros.
Todas as actividades desenvolvidas durante as dúas xornadas da II FIE serán totalmente gratuítas.

Para máis información, consulte o seguinte enlace:
http://www.santiagodecompostela.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario