luns, 29 de outubro de 2012

5º CERTAME MUSICAXOVE’12

O Departamento de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela convoca o 5º Certame Musicaxove’12 co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da xuventude.
Poderán participar no concurso grupos ou solistas, cunha media de idade non superior a 35 anos, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

Establécense as seguintes modalidades ás que se adscribirán os participantes:
Pop-Rock
Metal
Outras músicas: Jazz, Folk, Hip-Hop…

Premios:Tres primeiros premios, un por modalidade, de 1000 € cada un.
Tres segundos premios, un por modalidade, de 300 € cada un.
Por votación do público asistente á final, concederanse un premio de 250 €.
Coa finalidade de promocionar aos gañadores do certame, o Departamento de Xuventude poderá requirir dúas actuacións do primeiro premio e unha do segundo, de cada unha das modalidades, que non suporán gasto adicional para os grupos.
Editarase un disco compacto cos premiados das modalidades convocadas.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de novembro de 2012.

Máis información no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado nº14-16) Tlfno. 981 543 001. dptoxuventude@santiagodecompostela.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario