luns, 29 de outubro de 2012

PECHA KUCHA BOIRO 2ª EDICIÓN

Recorda este vindeiro martes ás 20:30 horas PECHA KUCHA BOIRO 2ª EDICIÓN

¿Qué é Pecha Kucha?

Pecha Kucha é un espazo onde oradores de diversas disciplinas expoñen súas ideas e proxectos. Un evento que dende 2003 celebrouse en máis de 400 cidades de todo e que celebramos en Boiro a súa primeira edición en febreiro de 2012.

Pecha Kucha diferenciase doutros eventos polo seu formato rápido de presentación baseado nunha simple idea: 20 imaxes x 20 segundos = 6 min 40 segundos para cada orador, cada participante propón 20 imaxes, que se proxectan durante 20 segundos cada unha, e sobre elas fai a súa presentación.





















 

Ningún comentario:

Publicar un comentario