luns, 29 de outubro de 2012

Bolsas para formación práctica

Bolsa para o Congreso de Deputados
O Congreso dos Deputados convoca doce bolsas individuais para a formación práctica de licenciados en actividades archivísticas, bibliográficas, documentais e editoriais da Cámara.
Cada unha das doce bolsas terá unha duración de doce meses.
A contía total da bolsa será de 12.900 € por ano.
Requisitos:Estar en posesión dun título universitario de segundo ciclo ou Licenciado, en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades.
Obter devandito título no ano académico 2007-2008 ou anos posteriores.
Acreditar unha preparación teórica en materias archivísticas, bibliotecarias, documentais, e editoriais durante polo menos 200 horas lectivas.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de novembro de 2012.
Máis información no BOE do 29 de outubro de 2012

Bolsa para traductor no Parlamento
Estas prácticas realizaranse en Luxemburgo e a súa duración é de tres meses. Requisitos son ser maior de idade, nacional dun Estado membro da UE ou dun país candidato, diplomados ou licenciados e ter un coñecemento profundo dunha lingua oficial da Unión Europea e algún coñecemento doutras dúas linguas.
Prazo de solicitude: ata o 15 de novembro.
Máis información: http://www.europarl.europa.eu/

Ningún comentario:

Publicar un comentario