Aberta a incrición para a primeira actividade formativa do #FOROIE2014:
- Curso de monitor/a de comedor escolar (15 prazas) http://bit.ly/1rWRboD
luns, 31 de marzo de 2014
Campamentos de verán en inglés
No DOG da semana pasada tamen se publicaron as bases para solicitar os campamentos de verán en inglés, hai de plazo un MES, aquí vos deixo as bases para que poidades revisalas.
venres, 28 de marzo de 2014
Charla informativa sobre a factura da luz
9 de abril no Centro Social de Boiro ás 20h
Se queres participar só tes que pasar polo Centro Social e inscribirte antes de esa data
Becas que poden interesarte
Se queres pasar un verán diferente, aprendendo idiomas e sendo
voluntario en Indonesia, Kenia, Perú ou Sri Lanka non podes deixar pasar
estas becas. Neste enlace tes a info.
Formación en novas tecnoloxías a partir de abril
A aula Cemit volve a impartir formación gratuíta en novas tecnoloxías
a partir do luns xa podes apuntarte..estos son os cursos:
a partir do luns xa podes apuntarte..estos son os cursos:
xoves, 27 de marzo de 2014
Cursos gratuítos de Marketing Dixital
Google e IAB Spain imparten un CURSO GRATUÍTO DE MARKETING DIXITAL en Santiago de Compostela.
O curso, dirixido a titulados/as universitarios/as (ou nos últimos cursos) en busca activa de emprego, é de carácter presencial, constando de 40 horas de duración, do 7 ao 11 de abril.
Nestes momentos quedan aproximadamente 180 prazas vacantes. Podes inscribirte aquí: http://bit.ly/1dvd7mI
Ademais, hai a posibilidade de realizar os seguintes cursos online, tamén de carácter gratuíto: Marketing Dixital, Analítica Web, E-Commerce e Cloud Computing http://bit.ly/1iDxI7t

Competencias Clave: curso gratuíto de formación
Convócanse
as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións
formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3
Durante
o meses de abril e maio levarase a cabo no Centro Social de Boiro un curso gratuíto de
formación e preparación das probas de competencias clave.
As
xornadas de formación están dirixidas a todas aquelas persoas que desexen obter
una formación básica que lle garanta un certificado de profesionalidade.
Todas
aquelas persoas que queiran participar deberán solicitar o formulario de inscrición
nos Servizos Sociais do Concello de Boiro e entregalo cuberto no rexistro,
antes do día 10 de abril.
As
xornadas formativas terán lugar no Centro Social de Boiro na 4ª planta o venres 28 de marzo, e todos os martes de abril e maio ata o 20 de maio(incluído este) en horario de tarde, de 16:00 a 18:00h
Máis información no departamento de servizos sociais do Concello de Boiro
mércores, 26 de marzo de 2014
Taking Global Action - Seminarios sobre participación y ciudadanía activa
Moi interesante..requisitos ser menor de 30 anos e os costes asociados á actividade (manutención, aloxamento, seguro e
70% dos gastos de transporte) corren a cargo da organización do
programa.
Seminarios en:
Almonte (do 31 de marzo ao 6 de abril)
Arenas de San Pedro (do12 ao 18 de maio)
Oviedo (do 16 ao 22 de xuño)
Máis info neste enlace: http://takingglobalaction.es/
Seminarios en:
Almonte (do 31 de marzo ao 6 de abril)
Arenas de San Pedro (do12 ao 18 de maio)
Oviedo (do 16 ao 22 de xuño)
Máis info neste enlace: http://takingglobalaction.es/
Campamentos de Verán da Xunta para este ano 2014.
Hoxe sae publicado no DOG a oferta de prazas para campamentos da Xunta de Galicia.
aquí vos deixo a info:
martes, 25 de marzo de 2014
Certame de poesía
Dotación económica: 3.000 euros. O tema e a forma das obras serán libres. Prazo de presentación: ata o 11 de abril de 2014. Máis información: … Este certame está aberto a tódolos poetas de lingua española, sen límite de idade ou nacionalidade. Dotación económica: 3.000 euros. O tema e a forma das obras serán libres. Prazo de presentación: ata o 11 de abril de 2014. Máis información: http://portal.ayto-santander.es/portal/pls/portal/docs/10431210.PDF / http://portal.ayto-santander.es/portal/pls/portal/docs/10431210.PDF
Monográfico de "Xestión de proxectos con metodoloxías áxiles"
Gratuíta, anótate xa!
Videoconferencia dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), que terá
lugar o venres 11 de abril, en horario de 09:30 a 13:30 horas
Formación en xuventude
Aberto o prazo de inscrición no curso Formación básica en materia de xénero e igualdade para persoas que traballan coa mocidade en Santiago, do xoves 20 de marzo ata as 14.00 horas do xoves 3 de abril de 2014.
Información e inscricións: Cursos na Rede Galega de Información Xuvenil. (Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2014)
Información e inscricións: Cursos na Rede Galega de Información Xuvenil. (Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2014)
luns, 24 de marzo de 2014
Ofertas laborais
O Concello de Carballo convoca un proceso selectivo para a contratación
en réxime laboral temporal de 2 monitores/as de natación-socorrista e
actividades físicas-deportivas para as instalacións deportivas
municipais. http://bit.ly/1fU1oc3
Curso marketing virtual
Cefiasa-Adams convoca o curso gratuito Marketing virtual, cunha duración total de 210 horas e contará con prácticas en empresas.
O curso desenvolverase entre o 1 de abril e o 20 de xuño de 2014 en Santiago de Compostela.
Requisitos: mocidade desempregada de menos de 30 anos.
Máis información en Cefiasa de Santiago de Compostela, teléfono 981 940 494 e 881 979 636.

Prestación económica de pagamento único
- Por fillos/as menores de 3 anos
- O Concello de Boiro informa da entrada en vigor da Orde do 11 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillo/as menores de 3 anos para o ano 2014.
Participación social e solidaridade
3 encontros xuvenís sobre:
Participación social e política/Solidaridade;
Consumo responsable e aforro enerxético
Emprendemento Social,
Unha semana de duración con un número previsto de participantes de 25, Os costes asociados á actividade (manutención, aloxamiento, seguro e 70% dos gastos de transporte) corren a cargo da organización doprograma.
Máis info en http://takingglobalaction.es/

venres, 14 de marzo de 2014
No blog nos tomamos unha semana de descanso.. o que non descansa
nin de día nin de noite é o noso facebook.
Ata a volta!!!
xoves, 13 de marzo de 2014
OBRADOIRO DE IDEAS “Cara o emprendemento desde a participación”.
O levaremos a cabo o vindeiro luns día 17 de marzo ás 10 horas no IES Leliadoura. Entrada libre. Estades todos invitados.
Este obradoiro pretende ser unha ferramenta de traballo sobre proxectos de participación xuvenil enfocados a mozos e mozas e entidades de carácter xuvenil para aprenderlles a presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove. (Este programa financia proxectos xuvenís de ata 4.000 €, e os financia ao 100 %)
O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.
O plantexamento metodolóxico é eminentemente práctico, buscando o traballo en equipo e o intercambio de ideas entre os asistentes introducindo unha breve exposición teórica ao inicio da sesión.

BOLSAS PARA PRACTICAS DE TURISMO
O CONCELLO DE NIGRAN CONVOCA 3 BOLSAS PARA PRACTICAS NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO
TITULACIÓN:
Técnico/a Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas, Técnico/a Superior de Información e Comercialización Turística ou Diplomatura en Empresas e Actividades Turísticas.
DURACIÓN:
1ªbolsa, do 10 de abril ao 10 de outubro de 2014, ambos inclusive.
2ª e 3ª bolsa, do 15 de xuño de 2014 ao 15 de setembro de 2014, ambos inclusive.
PRAZO DE SOLICITUDES:
No rexistro xeral do Concello, dende o día de hoxe ata o 20 de marzo de 2014
INFORMACION: Na oficina de información e Rexistro, e na páxina web do Concello

Axudas á investigación
A Fundación para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación Ramón
Domínguez oferta un contrato de investigación no proxecto Plataforma
Red Nacional de Biobancos (Expediente PT13/0010/0068).
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 16 de marzo de 2014.
Máis información sobre a convocatoria en http://bit.ly/1dQ3htE
Formulario de solicitude de inscrición: http://bit.ly/N666fy
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 16 de marzo de 2014.
Máis información sobre a convocatoria en http://bit.ly/1dQ3htE
Formulario de solicitude de inscrición: http://bit.ly/N666fy
mércores, 12 de marzo de 2014
Formación
Curso de Organización e xestión de accións de dinamización da información para a mocidade. Aberto o prazo de inscrición no curso Organización e xestión de accións de dinamización da información para a mocidade , en Santiago, do luns 10 de marzo ata as 14.00 horas do martes 25 de marzo. maís info neste enlace |
Rutas de sendeirismo este fin de semana
este SÁBADO (15 DE MARZO) Vintedouspés fai a ruta A CUROTA
Puntos
de encontro ás 15:45 diante da Casa da Cultura de Boiro, e ás 16:10
onde remata a pista asfaltada que leva ás piscinas naturais de Aldea
Vella (A Pobra)
e o DOMINGO 16 DE MARZO celebrarase o trail das Furnas-Xuño. info en www.arousa.com
Axudas de inmersión lingüística
A convocatoria para axudas de Inmersión Lingüística en inglés para este verán remata en 2 días!!! http://ow.ly/uuP8E
martes, 11 de marzo de 2014
Encontro de informadores xuvenis e programas
Onte estivemos no Encontro de Informadores Xuvenís en Santiago e entre outras cousas comentáronnos algunhas das axudas que podedes pedir e que seguro que vos interesan:
- Programa Galeuropa, practicas non remuneradas noutros paises europeos ou non. Subvencionan estadía, manutención, gastos de viaxe e transporte no país de destino. Prazo para pedilo ata 28 de marzo.
Info en galeuropa@xunta.es e 981544645
- Programa Eurogal( Leonardo Da Vinci) programa de prácticas durante 12 meses noutro país europeo.
Prazo para solicitalo de 1 ao 31 de xuño.
Info en mobilidadexuvenil@xunta.es e 981544645
- Programa Erasmus+(Xuventude en Acción), onde podes participar en intercambios de 5 a 21 días ou voluntariados europeos.
Info en http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm
Se tedes curiosidade por algún tamen podedes pasar pola OMIX e nos encantados de facilitarvos información.

venres, 7 de marzo de 2014
xoves, 6 de marzo de 2014
mércores, 5 de marzo de 2014
Exposición Auga Doce
Do 21 de marzo ao 14 de setembro
Museo Centro Gaiás
domingos de balde
A Cidade da Cultura inaugura o vindeiro 21 de marzo a exposición Auga Doce, coa
que lles convidamos a redescubrir a beleza universal dun elemento
definidor da alma galega a través da ollada de grandes artistas. Da man de xenios da talla de Constable, Hockney, Richter, Bourgeois, Merz ou Madoz e
grandes creadores galegos, a mostra propón unha intensa experiencia
estética a través dunha selección multidisciplinar que reúne pintura,
escultura, foto, vídeo, instalación, enxeños científicos ou pezas
etnográficas. O MoMA, o Victoria & Albert, o Musée D’Orsay, o Rijksmuseum, o Reina Sofía ou o Thyssen-Bornemisza, xunto a máis dun cento de institucións culturais, colaboran neste gran convite da Cidade da Cultura para descubrir cando a auga é arte.
Axudas para investigacion
A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CONVOCOU 14 PRAZAS DE PERSOAL PARA COLABORAR EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN
Prazas ofertadas segundo a titulación requirida:
- 2 prazas Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas
- Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Filoloxía Románica ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas
- Licenciado/a en Filoloxía Románica - 3 prazas Licenciado/a ou Grao en Psicoloxía
- 4 prazas Licenciado/a ou Grao en Química
- Licenciado/a ou Grao en Física ou Química
- Licenciado/a ou Grao en Economía
- FP2 Técnico Superior en Documentación Sanitaria ou Diplomado/Grao en Enfermería
Convocatoria: http://bit.ly/1kxeeEw
Prazo de presentación de solicitudes aberto até o 17 de marzo.

Día da muller en Boiro
Concerto de Sonia Lebedinsky+Agoraphobia+Sabela(The Lakazans)+Marga Loureda+O aquel de aquelar
Todo por 5 euros e con consumición
e antes ás 18.30h no Centro Social a proxección das Maestras da República
Todo por 5 euros e con consumición
e antes ás 18.30h no Centro Social a proxección das Maestras da República
"Este documental a través de la recreación de una maestra de la época,
e imágenes de archivo inéditas, nos descubre el maravilloso legado que
nos han dejado las maestras republicanas y que ha llegado hasta
nuestros días.Articulado en base a testimonios de investigadores y familiares,
vamos a conocer el momento histórico que vivieron estas docentes y su
participación en la transformación social de nuestro país a través de la
educación."
martes, 4 de marzo de 2014
Novo curso en liña: Curso de voluntariado para apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero 2014
O prazo de inscrición estará aberto do 4 de marzo ao 28 de marzo ás 14.30 horas
Logo do cursoDestinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia
Nº. de horas: 20
Nº. de edicións: 1
Nº. de prazas: sen límite
Contidos:
Módulo I. Marco básico conceptual - Proceso de socialización de xénero como base da desigualdade entre mulleres e homes
- Relación coas situación de violencia de xénero
- Estatísticas de referencia
Módulo II. Conceptualización e tipificación da violencia de xénero (diferenzas conceptuais básicas entre a normativa estatal e a normativa autonómica en materia específica de violencia de xénero)
- Desmitificando a violencia de xénero
- Características en canto á súa manifestación
- Consecuencias nas mulleres vítimas e os efectos da exposición a situación de violencia de xénero nos seus fillos e fillas
Módulo III. Combatendo a violencia de xénero: recursos dispoñibles e o papel do voluntariado
- Pautas para o apoio e acompañamento ás vítimas
Modalidade: en liña
Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org
Data de realización: do 1 ao 30 de abril
http://www.voluntariadogalego.org/voluntariado/index.php?mod=cur&idc=100
Bolsas para estudios artísticos
A Deputación da Coruña convoca a oferta de 18 BOLSAS para estudos artísticos e traballos de investigación http://slidesha.re/1jO0Ucb
Entroido en Boiro
Ante as adversas previsións climatolóxicas as actividades programadas para hoxe martes pasan o vindeiro domingo día 9 a partir das 17:30 h. na praza de Galicia. Haberá:Obradoiros para nen@s - Animación de Rúa:”ERRANTES” de Troula Animación - Trópico de Grelos – Desfile - Concurso de disfraces e carrozas con 2.200€ en premios. E as comparsas: A Dorniña de Abanqueiro , AAVV Río Breiro e Nunca é tarde e Corpo de Baile
Pero tamen ese día teremos tres enterros,que se xuntarán na Praza de Galicia ao rematar:
- Enterro da cunca, en praia Xardín ás 12h
- Enterro do óso, ás 18h no Centro Social de Abanqueiro
- Enterro da sardiña, ás 19h na cafetería do Centro Social
Aínda queda entroido para rato
Bolsas de consumo
O Instituto Nacional do Consumo convoca tres bolsas para a formación
teórica e práctica de postgrao en materia de consumo, no Consello de
Consumidores e Usuarios para titulados superiores nas seguintes áreas de
coñecemento:
Licenciatura en Dereito.
Licenciatura en Ciencias Económicas ou Empresariais.
Licenciatura en Periodismo.
http://bit.ly/Nqv22a
Licenciatura en Dereito.
Licenciatura en Ciencias Económicas ou Empresariais.
Licenciatura en Periodismo.
http://bit.ly/Nqv22a
OBRADOIRO DE POESÍA ERÓTICA con maría lado
O obradoiro será impartido por María Lado e realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
Terá lugar os sábados 15, 22 e 29 de marzo dende ás 10.30 a 13.30 horas.
No obradoiro pretenderase achegar aos participantes á escrita de poesía e, concretamente, de poesía erótica a través de exercicios lúdicos que aporten ferramentas para a escrita, como son os chamados "disparadores" (ferramentas que facilitan o inicio da escrita).
O obxectivo é que os participantes coñezan e escriban poesía erótica, partindo da práctica da escrita e tamén da lectura de modelos que empregaremos como punto de partida, xa sexa a través da copia, a reinterpretación, a transformación, contraposición... etc.
Tamén se fará lectura dos textos dos participantes e o seu comentario entre todos, de maneira que adquiran a noción da importancia da crítica. Finalmente a través da lectura dos textos propios traballarase tamén cos participantes a lectura en público, as ferramentas das que dispoñemos para facelo e o resultado que procuramos no espectador. Esta parte preparatoria da lectura en público está baseada en exercicios sinxelos inspirados na práctica teatral e na oratoria. procúrase, ante todo, descubrir e respectar o estilo propio de cada participante.
Se estás interesado/a en participar, tes ata o 14 de marzo ás 14.00 horas para inscribirte, cubrindo a ficha de inscrición na seguinte ligazón: www.concelloderianxo.es/inscricions/marialado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)