mércores, 27 de xullo de 2011

Cursos de verán da Cruz Vermella

Programación dos cursos de verán da Cruz Vermella
Agosto e setembro 2011

Curso de comunicación en habilidades sociais
20 horas.

Técnicas de resolución de conflictos.
20 horas.

Risoterapia
20 horas.

Primeiros auxilios
40 horas.

Para mais información sobre prezos e datas de comezo chamar ao Centro Social de Boiro
tlf. 981842635

martes, 26 de xullo de 2011




Actividades da Cruz Vermella de Boiro na
Rede Municipal de Centros Sociais


Para máis información podedes contactar ca oficina da Cruz Vermella no Centro Social de Boiro ou no teléfono 981842635

Citas culturais nesta semana

Espectáculo de maxia.
Xoves 28 de xullo. 12.00 h na Casa da Cultura "Mago Martín"

Festival de bandas de música
Sábado 30 de Xullo
. 20.00 h na Rúa Peonil.
As bandas convidadas que acompañarán nesta edición á Banda Municipal de Boiro son a Banda de música de Barbadás Banda de música S.R. de Calo.

Proxección do filme Avatar
Sábado 30 de xullo. 22.00h. Praza de Cabo de Cruz.

TRABALLO EN BRETAÑA

Ofertan unha praza de traballo na Bretaña (Francia). Buscan a unha persoa que queira ir dar clases de español (media xornada) a GUINGAMP. O aloxamento e comidas son gratuitos e o salario é de 400€.
Se estades interesados enviadade mensaxe a Eoi Santiago Sección Ribeira ou consultade na OMIX Boiro.

xoves, 21 de xullo de 2011

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “Os Habitantes da praia”

Participantes

Calquera persoa interesada, sexa profesional ou afeccionada á fotografía

Tema As praias de Boiro e o seu entorno

Categorías A- escenas e situacions da xente na praia (xogos infantís, deportes, xantar, baños, ...)

B- natureza (paisaxes, animais, plantas, ...)

C- denuncia medioambiental (obxectos atopados na area, residuos, vertidos na auga, ...)

Obras Cada participante deberá presentar 3 fotografías, unha por cada categoría (A-B-C) : orixinais, inéditas e non premiadas en concursos anteriores.

Formato

Medida tamaño A4 (20x30 cm aproximadamente)

Técnica

Técnica libre en papel fotográfico. En cor ou branco e negro (en todas as súas variantes). Admitiranse retoques dixitais que non manipulen o senso da imaxe.

Presentación

En papel fotográfico e tamaño A4.

No reverso da fotografía poñerase unha lenda que idenficará o sobre pechado a entregar cos datos persoais do autor ou autora: nome, enderezo, teléfono.

No mesmo reverso cada fotografía deberá levar unha indicación da categoría a que pertenece (A. B, C).

Lugar e prazo de presentación

As fotografías deberàn entregarse a organizaciòn entre as 17 h. e as 19 h. do sabado 13 de agosto xunto o campo de volei da praia de Barraña.

Xurado

O xurado será seleccionado pola organización do concurso entre persoas cualificadas para exercer esta función.

O fallo do xurado poderá declarar desertos ou compartidos algún ou todos os premios, así como outorgar mencións especiais se o estimase oportuno.

Premios

Establécense os seguintes premios as millores coleccións de 3 fotografías nas 3 categorías:

Ø 1º premio – Cámara dixital 2º premio 75 € 3º premio 50 € (en vales de compra)

Exposición Mostra fotográfica o aire libre dos premios e unha selección das obras o domingo

14 de agosto no paseo de praia Xardín, entre as 18 h. e as 20 h.

Entrega dos premios as 19´30 h.

Propiedade das obras

As fotografías premiadas quedarán en propiedade do Concello de Boiro. As non premiadas deberán recollerse a partir da clausura do concurso na oficina de Turismo. O Concello de Boiro reservarase o dereito de exposición, reproducción e calquera outro uso non comercial e sempre relacionado coa promoción da cultura e o deporte, das imaxes premiadas no concurso, citando sempre o nome do autor.

Os participantes responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. En calquera caso, a organización do concurso queda eximida de posibles conflictos de publicación ou utilización das obras presentadas e dos que poidan derivarse.

Consideracións finais

O xurado será competente para resolver calquera circunstancia non prevista nas bases.

A participación neste concurso implica a aceptación íntegra das súas bases


mais información na OFICINA DE TURISMO DE BOIRO

BOLSAS CON PRAZO ABERTO TODO O ANO

A. Bolsas de Iniciación profesional en empresas ou entidades de Galicia para proxectos medioambientais e /ou innovación
Instituto de Desarrollo caixanova. Contacto: www.idcaixanova.com

B. Programa Europeo de Intercambio de Empresarios e Emprendedores
Erasmus, Xóvenes Emprendedores e Uninova. Contacto:www.erasmus-enterpreneurs.eu e www.uninova.org

C. Prácticas Formativas a nivel internacional para titulados/as universitarios/as
Argo global. Contacto: www.becasargo.es

D. Prácticas profesionais para universitarios/as. Programa Optimus
Fundación Universidade-Empresa. Contacto: www.fue.es

E. Prácticas profesionais para titulados de F.P de grao superior. Programa Pasarela
Fundación Universidade-Empresa. Contacto: www.fue.es

F. Prácticas en empresas Europeas para universitarios/as. Programa Leonardo ADEIT.
Fundación Universidade-Empresa de Valencia. Contacto: ww.adeit-uv.es/becasleonardo

G.
Iniciación profesional para universitarios/as. Programa Citius
Fundación Universidade-Empresa. Contacto: www.fue.es

H.
Prácticas no estranxeiro para universitarios/as. Programa GAIA
Fundación Universidade-Empresa. Contacto: www.fue.es

I.
Prácticas formativas en empresas e entidades
Fundación Universidade de Vigo. Contacto: http://uvigopraxis.uvigo.es

CURSO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL "ACTIVIDADES DE VENDA" (OURENSE)

Duración do curso: 608 horas
Comezo inmediato
Lugar: Centro de Formación de CIMO (Ourense)
Gratuíto para persoas desempregadas

MÁIS INFORMACIÓN: CIMO, CURROS ENRÍQUEZ, rotonda (OURENSE)
TLF: 988 391515

martes, 19 de xullo de 2011

Ofertas de emprego público e privado

Xa podedes consultar na páxina web www.xuventude.net o ultimo boletín cas novidades en cursos e emprego público e privado para a xuventude.

Obradoiros de iniciación ao Turntablism (DJ) e Breakdance avanzado na Casa da Xuventude de Noia

O vindeiro fin de semana impartirase na Casa da Xuventude de Noia dous obradoiros de Breakdance avanzado e iniciación ao Turntablism (DJ). O obradoiro de Breakdance realizarase o venres 22 en horario de de 18.00 a 20.00 h. a cargo de Bboy Niko, integrante dos grupos “Black Shadows” e “Flava Brothers Clan”. O obradoiro de Turntablism/DJ estará dirixido por DJ Kro do grupo “SOY” e realizarase o sábado 23 en horario de 18.00 a 20.00 h.
Para máis información dirixirse á Casa da Xuventude de Noia ou no teléfono 981823802 e correo electrónico cxnoia.traballo@xunta.es

luns, 18 de xullo de 2011

VOLUNTARIADO AMBIENTAL PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a colaborar un ano máis coa Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural para poñer en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Para anotarse como voluntario ou ter mais información consultar a web:
http://www.voluntariadogalego.org

martes, 12 de xullo de 2011

Rutas de senderismo verán 2011

Rutas diurnas. 9h

Mércores 20, 27 de xullo
Mércores 10, 17 e 31 de agosto

Rutas nocturnas. 21h

Venres 15 xullo
Venres 5 e 26 agosto

Ruta a Chans do Barbanza.10h

Sábado 6 agosto

mais información e inscricións Oficina de Turismo de Boiro

Bolsas e axudas

Bolsas do Instituto de Comercio Exterior(ICEX)
Teñen o obxetivo de ofertar ao bolseiro unha formación dun ano de duración en empresas españolas con actividade internacional.
Mais información www.icex.es

Bolsas de prácticas en empresas da Unión Europea da UDC
A universidade da Coruña convoca 95 axudas para estadías cunha duración de 14 semanas para titulados/as recentes da UDC
Mais información www.udc.es/actualidade

Programación Verán Cultural

Mago Dani Garcí "Don Gelati"
Sábado 23 de xullo.
12.00h. Rúa Santos Mieites

Mago Martín. "Ilusionarte"
Xoves 28 xullo.
12.00. Casa da Cultura

Festival de Bandas
Sábado 30 de xullo.
19.00h

Pistacatro "Cabaré Pistacatro"
Xoves 4 de agosto
22.00h. Diante da Casa da Cultura

Peter Punk "A chungatrona"
Sábado 6 de agosto.
12.00h. Rúa Santos Mieites

Culturactiva "Dous pallasos en apuros"
Xoves 18 de agosto.
12.00h. Casa da Cultura

Pablo Trasno
Sábado 20 agosto
12.00h Rúa Santos Mieites

Mago Romarís " O castelo máxico"
Venres 16 setembro
Praza de Galicia

Mamá Cabra "Ola Ola la"
Venres 23 setembro
20.00h. Casa da Cultura

Programación Noite de Cine en Boiro

Up
14 de xullo. Praza de Galicia. Boiro.
22.15h

Avatar
30 de xullo. Praza de Subuqueiro. Cabo de Cruz
22.00h

Up
3 de agosto. Praza da Agramuiña
22.00h

luns, 11 de xullo de 2011

Convocadas becas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios para o curso 2011/12

O Ministerio de Educación, convoca 3.304 becas de colaboración, dirixidas a estudantes universitarios que vayan finalizar os estudos de segundo ciclo ou último cursgo de grao, para permitirlles iniciarse en tarefas de investigación ou de prácticas vinculadas cos estudos que cursan e facilitar a continuación destes estudos de postgao con orientación profesional ou investigadora.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 14 de outubro de 2011.

Máis información BOE do 6 de xullo de 2011.

Nova exposición de Arte Xoven no Centro Social de Boiro.

Exposición de pintura de Sabela Rey
Do 15 de xullo ao 15 de agosto
Centro Social de Boiro

Seminario Profesional Arte Dixital


Se queres participar nun seminario internacional e tes coñecementos sobre artes dixital, poderás participar nun seminario que organiza a Dirección Xeral de Xuventude. Recordade que os seminarios están subvencionados polo programa europeo Xuventude en Acción e que soamente é necesario abonar o 75% dos gastos da viaxe, aloxamento e manutención estan cubertos aos 100%.

Para mais información do preoxecto:
www. xuventude.xunta.es ou
http://ow.ly/5zTSS

Entra no sorteo dun lote de 2 entradas para o espectáculo "Alegría" do CIRCO DO SOL co teu Carné Xove

Para poder participar só tes que ser posuídor do carné xoven e cubrir o formulario que atoparás na páxina web:
www.xuventude.xunta.es

Sorte!

mércores, 6 de xullo de 2011

NOVAS NO MERCADO LABORAL

Monitores deportivos para a Deputación de Ourense

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de xullo de 2011. Máis información no BOP de oUrense do 28 de xuño de 2011.

Convocada bolsa de emprego en escola oficial de idiomas e maestros de inglés e fránces

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 11 de xullo de 2011.

Máis información BOM do 1 de xullo de 2011.

Convocada 1 praza temporal na UDC para biólogos.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 8 de xullo de 2011. Máis información www.udc.es

Convocada 1 praza temporal na UDC para enxeñeiro informático.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 7 de xullo de 2011. Máis información www.udc.es

Convocada 1 praza temporal na UDC para licenciados en bioloxía.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 12 de xullo de 2011. Máis información www.udc.es

Convocadas prazas de maestros.

A Comunidade de Madrid, convoca 489 prazas de maestros polo sistema de concurso-oposición, nas especialidades: Audición e lingua­xe, educación infantil, educación físicia, inglés, música, pedagoxía terapéutica, e educación primaria.O prazo de presentación de solicitudes é ata o 16 de xullo de 2011.Máis información BOE do 2 de xullo de 2011.

Atoparedes mais ofertas no boletín semanal da páxina www.xuventude.net

FORMACION NOVAS TECNOLOXIAS

Plan de formación multimedia. Mes de agosto

Curso de Edición de vídeo do 23 ao 25 AGOSTO

Curso de Retoque Dixital do17 ao 19 AGOSTO

Os cursos son gratuítos e presenciais para anotarse tes que dirixirte ao centro social ou chamar por teléfono.

Plan de formación multimedia. Mes de setembro

Curso de creación de videoxogos. Opción A. do 26 ao 29 setembro e Opción B. do 3 ao 6 outubro

Curso de creación de web para dispositivo móbil. Opción A.24 ao 27 outubro e Opción b. 31 outubro ao 3 novembro.

Curso de Streaming de vídeo e audio. Opción A.21 ao 24 novembro e Opción B. do 28 novembro ao 1 decembro.

Estos cursos serán impartidos mediante videoconferencia. Para máis información ou inscricións podedes consultar no Centro Social de Boiro.

martes, 5 de xullo de 2011

circuito de exposicións

Ola a Tod@s

Queremos dar a oportunidade a todas as persoas creadoras de amosar os seus traballos, para iso convidamos a toda a xente da Comarca do Barbanza que queira entrar dentro do circuito de exposicións de arte xove que faremos no Centro Social de Boiro a partir de Outubro, que amosen o seu interese canto antes a través dun correo a centrosocial@boiro.org cos seus datos (nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico) ou chamando por teléfono ao centro social.

RUTAS DE SENDERISMO

“Ruta a unha das calzadas do traballo de campo”

Día: 30 de xullo
Hora: 5:30 h
Saída: Local do Faiado (R/ Fernández Mato, nº 14-Baixo)
E necesario levar calzado e roupa axeitada.
Actividade gratuíta (desprazamento en coches particulares).
Anotarse previamente nos teléfonos 981846392/630606323 ou no mail “ofaiadodous@gmail.com”