mércores, 14 de novembro de 2018

Axudas ao transporte Concello de Boiro

Recordade que o prazo para as axudas ao transporte é do 7 ao 29 de decembro. As bases e os impresos de solicitude podedes descargalos dende a web do concello www.boiro.org ou recoller na oficina de información xuvenil no Centro Social de Boiro(1º andar)

martes, 13 de novembro de 2018

Este venres en Boiro..hai ambiente


Venres 16 de novembro

ás 19.30h Ponencia de Lola Ferreiro "falando dos prostituidores de mulleres"
Principal, 99. Local Unión de Muchachas
Lola Ferreiro é licenciada en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela, que traballa no campo da (Co)educación afectivo-emocional e sexual, para despatriarcalizar a escola e camiñar cara a igualdade.
 
ás 20h Actuación de Odaiko Percusión 
Casa da Cultura
actuación musical que aposta polo valor da música tradicional 

ás 20.30h Presentación do audio libro de Ricardo de Barreiro "A+A" ca colaboración e presencia da Asociación Barbantia
Centro Social de Boiro. 2º andar(Sala de Star)

xoves, 8 de novembro de 2018

Prácticas formativas en empresas de Portugal (Porto)

Os sectores nos que poderán desenvolver as súas prácticas serán:
- Moda
- Novas tecnoloxías: app’s, informática, internet das cousas
- Audiovisual
- Servizos á xuventude
- Atención á diversidade

COBERTURA
- Empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto, no caso de que o/a mozo/a non conte con empresa na area metropolitana de O Porto.
- Actividades complementarias.
- Aloxamento e manutención.
- Transporte de ida e volta dende Santiago de Compostela ata a area metropolitana de O Porto.
- Transporte local.
- Titorización e seguimento individualizado.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil
- Diploma acreditativo da práctica realizada.
* Será por conta da persoa seleccionada o desprazamento dende o seu domicilio ata Santiago de Compostela.
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 7 ao  20 de novembro de 2018.
INSCRICIÓN: mediante envío de formulario electrónico.
MÁIS INFORMACIÓN:  subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

martes, 6 de novembro de 2018

Xornada de cultura tradicional

Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 20 prazas
Datas: 24 e 25 de novembro de 2018
Lugar de realización: 
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Programa provisional
Sábado, 24 de novembro
10:00 h Recepción e apertura
10:30 h Panel: Tradición e pedagoxía: unha visión global. Imparte: Alexandre Sotelino Losada (profesor na USC)
11:15 h Pausa café
11:30 h Obradoiro de dinámicas relacionais. Imparte: Sandra González Sousa (Asociación cultural Rebulir).
12:30 h Obradoiro: “O xogo tradicional: trazando vínculos interxeneracionais”. Imparte: Centro de Cultura popular Xaquín Lorenzo.
14:30 h Xantar
17:00 h Obradoiro: “As regueifas: improvisación oral”. Imparte: Asociación oral Galicia
20:00 h Sesión de risoterapia musical. Imparte: Xurxemurxe
21:30 h Cea
22:30 h: demostración de regueifas
Domingo, 25 de novembro
10:00 h A cociña musical: desenvolver a creatividade co cotián. Imparte: Cristina Valle (profesora de baile e música tradicional)
11:30 h Pausa café
12:00 h Os instrumentos pobres: recursos para a educación musical. Imparte: Xavier Blanco (profesor e dinamizador)
14:30 h Xantar
16:30 h Traballar a psicomotrocidade dende o baile: os xogos bailados. Imparte: Luis Prego (profesor de baile e música tradicional)
19:00 h Conclusións e clausura
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 2 ao 16 de novembro de 2018.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . 
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.
Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos  tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza 
Pérdida da dereita á praza:
A non remisión da copia do Documento Nacional de Identidade no prazo dos dous días seguintes á recepción do correo electrónico de confirmación da praza.
Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple*
Transporte no ámbito da actividade.
Será por conta da persoa participante: O desprazamento dende o seu domicilio ata as dependencias da Eurocidade Chaves-Verín.

Proxecto Eurocidade_2020
O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.
Mais información: subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

CAMPOS DE VOLUNTARIADO EN INVERNO. COMUNITAT VALENCIANA

O Institut Valenciá de la Joventut organiza dous campos de voluntariado de inverno, para mozos e mozas de 18 a 30 anos:
  • Diviértete I (Moraira), do 26 de decembro de 2018 ao 4 de xaneiro de 2019.
  • Diviértete II (Benicàssim), do 26 de decembro de 2018 a 4 de xaneiro de 2019.
Se estás interesado/a en participar, chama ao teléfono 881 999 314 para preinscribirte, facilitando os teus datos persoais.
O prazo para preinscribirte comeza o día 8 de novembro, de 9 a 14 horas.
A preinscrición farase por orde de chamada. A inscrición final no campo realizarase unha vez que o Institut Valenciá de la Joventut confirme a existencia de praza
Cota: 60 € (gastos de desprazamento NON INCLUÍDOS)

Son campos de traballo con menores, polo que as persoas participantes deberán achegar o certificado negativo de delitos de natureza sexual, ou ben autorizar a consulta na solicitude.