xoves, 26 de maio de 2016

Proxecto de residencias artísticas

Estudio Aberto é un proxecto de residencias artísticas nacido dentro do proxecto global ENREDARTE onde O Pazo San Marcos en Lugo, a Capela de Santa María en Lugo ou o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, serán escenarios para a creación para un total de 14 artistas.
Neste enlace tedes toda a información.

mércores, 25 de maio de 2016

Iniciativas para a mocidade

O xoves día 9 de xuño ás 12:00h na sede da Fundación Paideia Galiza de Padrón (Lugar de A Escravitude, s/n). A fundación Paideia ofrece información sobre iniciativas para a mocidade:

§  Taller de formación para o empregoo (inicio 18 xullo) & Contratos de prácticas en empresas galegas
§  Proxecto La Ida (Prácticas formativas en Europa)

Para inscripcións nas accións, pulsar aquí.

martes, 24 de maio de 2016

Actividade musical gratuíta para nenos/as de 0 a 3 anos




Actividade: Concerto-presentación do libro musical Fíos do querer

"Fios do querer é un libro-cd que recopila 24 cancións para xogar, cantar e bailar con nenos/as de colo que foi tecido coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosa experiencia  persoal do seu creador"

Data: Sábado 4 de xuño ás 12h
Lugar: Salón de actos do Centro Social de Boiro

Actividade gratuíta(aforo limitado a 40 persoas)

luns, 23 de maio de 2016

Subvencións para festivais e feiras

Subvención para a  realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2016

Inclúense nesta orde os gastos correntes derivados da realización dos programas e actividades desenvolvidos desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación

. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 6.000 €, que en ningún caso poderá exceder o 70 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar. Este importe de 6.000 € ascenderá a 7.500 € cando se trate de solicitudes conxuntas de entidades locais

Beneficiarios: poderán acceder a estas axudas as institucións sen fins de lucro domiciliadas en Galicia, así como as entidades locais galegas,

venres, 20 de maio de 2016

Unha praza de servicio voluntariado europeo en Trento(Italia)

Ofértase unha praza de servicio de voluntariado xuvenil en Trento(Italia) para desempeñar tarefas en un centro xuvenil. A entidade de envío será abertal(Vigo) e a de acollida unha entidade xuvenil de Trento. O servicio comezaría o 6 de xuño e remataría o 6 de decembro.
Para máis información en Abertal Dirección: Venezuela 3 Baixo, 36203 Vigo, Pontevedra
Teléfono:986 22 56 62 ou no mail sve@incoweb.org



xoves, 19 de maio de 2016

Intercambios europeos

7 prazas para un intercambio xuvenil con Londres:

Prácticas de traballo

Concello A Coruña: 20 Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa, para titulados/as de ciclos medios de FP, para facer prácticas de traballo de 3 meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia: http://bit.ly/23X1Yzf
Prazo ata 31 de maio de 2016

mércores, 18 de maio de 2016

Becas formación xestión cultural

Becas "Culturex" de formación práctica en xestión cultural para xóves españois en institucións culturais no exterior, na Embaixada de España en Marrocos e na Representación Permanente de España ante a UNESCO, correspondentes ao año 2016: http://bit.ly/1WCmyq7
Prazo ata 21 de xuño de 2016

Proxectos europeos

Búscanse 2 participantes para un Curso de Formación Internacional en Letonia  dende o 13 ata o 22 de xullo., organizado pola OMIX Ribadavia. Inscribirse : omix.ribadavia@gmail.com

luns, 16 de maio de 2016

Curso “Modelando os teus factores de éxito: a diferencia que fai a diferencia”

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca o curso “Modelando os teus factores de éxito: a diferencia que fai a diferencia”, unha iniciativa que  ten por finalidade dotar de ferramentas aos mozos/as para desenvolver proxectos emprendedores; unha aposta pola educación non formal como medio para mellorar as competencias curriculares dos/as mozos galegos/as.
Obxectivos:Apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, reforzando as súas competencias clave, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidades e cualificacións para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo
Fomentar o emprendemento entre os/as mozos/as como estratexia de emprego.
Apoiar o desenvolvemento persoal e formativo dos mozos e mozas galegos a través de iniciativas de educación non formal.
Destinatarios/as:  mozos/as entre 18 e 30 anos
Lugar de realización: Albergue xuvenil Gandarío. Cornida, 20. 15167 Bergondo (A Coruña)
Días de celebración:27 de maio de 2016: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas
28 de maio de 2016: de 10:00 a 14:00 horas
Cobertura: aloxamento en habitación de uso múltiple. O/a participante deberá achegar os útiles de aseo persoal e unha toalla.
A manutención correrá a cargo do/a participante.
Prazas: 30. Número mínimo para realizarse o curso: 5 mozos/as.
Prazo de inscrición: do 13 ao 24 de maio de 2016.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos dous  días seguintes, entenderase que non obtivo praza.

Sorteo plazas campamentos Xunta de Galicia

O sorteo público das prazas dos campamentos, terá lugar o xoves,19 de maio de 2016, as 12.00 horas, na sala de prensa da Consellería de Política Social, no 3º andar das dependencias da devandita consellería, no Edificio Administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

mércores, 11 de maio de 2016

Selección de persoal laboral temporal para o Concello de Boiro


  • Animador/a sociocultural a media xornada
  • A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata as 13:30 h. do 23 de mario de 2016.
  • Instancia.doc
  • Anuncio e bases.pdf

venres, 6 de maio de 2016

Vindeira Exposición no Centro Social


Ruta de senderismo

o vindeiro 4 de xuño celebrarase a ruta das minas de San Finx para rematar en San Ramón de Bealo. Trátase dun percorrido de 12 km e duración estimada de 4.30 horas. 
 
A ruta ten unha cota de inscrición de 4 euros e poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654 e na Oficina de Deportes de Lousame (Germán), no maillousamedeportes@gmail.com ou no teléfono 981820494

Estos son os horarios aproximados:

 
08.45.- Saída en autobús de San Ramón de Bealo
9.00.- San Finx
9.00 a 10.00.- Museo de San Finx e arredores da mina
10.00.- Comezo da ruta.
12.00.- km. 6. Descanso (Panorámica desembocadura Beluso) dende       Monte Seixiño
12.15.-Retomamos a ruta.
14.00.- Chegada a Bealo
14.00.- Visita muíño de río
14.30.- Petrógligos da Laxe do Agoeiro.

15.00.- Saída do autobús a San Finx