martes, 31 de marzo de 2015

Quizáis hoxe xa comece a túa fin de semana...




A festa da chuvia continúa..

hoxe ás 8 h da tarde na praza do concello  de Ribeira terá lugar una serie de concertos da man de 4 grupos locais de Ribeira (Trifulca, Dr. Quack, Espazo En Branco e High Hummingbirds) e outro invitado procedente da capital santiaguesa (Pito de Pikasso). 

Moi recomendable..intercambio xuvenil en Japón!

No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar convoca un intercambio á Prefectura de Wakayama (Xapón), ao abeiro das relacións bilaterais entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama.

Obxectivos:  facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e  favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.
A cultura galega e a cultura xaponesa son dúas culturas moi distintas pero unidas por un vínculo: existen soamente dous camiños no mundo recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: o Camiño de Santiago e o Camiño Kumano Kodo.
Datas de realización do intercambio:  do 17 ao 24 de agosto de 2015
Prazas: 15 ( acompañados/as dun monitor)
Destinatarios:  mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.

Prazo de inscricióndo 30 de marzo ao 5 de abril de 2015.

Inscrición:  mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.
Confirmada a praza, nos 5 días (naturais) seguintes os/as seleccionadas deberán remitir a mobilidadexuvenil@xunta.es :
- unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo
- unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e  de enfermidade
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle  aos seguintes da lista de espera, tendo que presentar estes o billete e a documentación nos 4 días (naturais) seguintes da comunicación.
De ser o caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente as copias dos documentos requiridos, posteriormente aos seleccionados seralles facilitado o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de celebración do intercambio
Realizaranse o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada intercambio.
Cobertura do intercambio
- Aloxamento  en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida
- 3 días de estancia con familias xaponesas
Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade

Estancias con familias xaponesas.- Os/as participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días a 2 mozos ou mozas xaponeses/as, cando se realice o intercambio de acollida en Galicia durante o 2015.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Wakayama (Xapón):- Aeroporto de Kansai

Máis información:
subactividades-xuventude.ctb@xunta.es
981 544645 /981 544869

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

venres, 13 de marzo de 2015

Nos tomamos un respiro..

Voltamos, coma sempre, con enerxía o 30 de marzo!

Programas Europeos

Onte estivemos nunha xornada moi productiva no Ies Espiñeira, onde aprendimos un montón dos programas dos que podes desfrutar se tes entre 16 e 30 anos..Quérelo saber?

GARANTÍA XUVENIL
Programa de empleo xuvenil
de 16 a 20 anos
Programa de orientación en formación,  para o emprendemento, e para o emprego
a partir do 20 de marzo haberá no INEM orientadores do programa de garantía xuvenil que te axudarán.
Para inscribirse teste que anotar na páxina www.xuventude.net/garantía xuvenil

DESEÑANDO O TEU FUTURO
de 15 a 18 anos
Estadías prácticas en empresas para coñecer o mundo laboral antes de emprender uns estudios, para coñecer a realidade laboral dunha posible profesión a que queres adicarte

XUVENTUDE PROMETE
de 14 a 18 anos
Estadía nun albergue para fomentar ideas innovadoras

CAMPAÑA DE VERÁN
de 9 a 30 anos
Vacacións en albergues en Galicia e fóra dela

INICIATIVA XOVEN
de 18 a 30 anos
Axudas para que os mozos poidan realizar proxectos para asociacións, entidades legalmente constituídas e grupos informais de mozos/as(de 5 a 8 persoas)

GALEUROPA
de 18 a 30 anos
Programa para realizar prácticas formativas no estranxeiro para mozos/as con formación profesional ou licenciados/as

SVE
de 18 a 30 anos
Programa de mobilidade xuvenil na EU en estadías de 2  a 18 meses

IDA
prácticas formativas en empresas en Alemania
xestiona asociación PAIDEIA

Curso de cocción ao vacío


mércores, 11 de marzo de 2015

interesante se estás pola Coruña

FORMACIÓN EN COEDUCACIÓN

Persigue propiciar unha conciencia crítica de xénero e potenciar a coeducación nos espazos educativos, estimulando a implicación dos/as profesionais do ocio e tempo de lecer e do ensino no desenvolvemento dunha educación igualitaria.

Dirixido a: público en xeral, de especial interese para monitorado, educadores/as e profesionais do ensino.
Datas: 25 e 26 de marzo
Horario: 09:00 – 14:00 h
Lugar: CIM Coruña - Centro de Información ás Mulleres -
Bº das Flores-R/ Hortensias, s/n

Acceso ao curso por orde de inscrición.
Expedírase diploma acreditativo do curso a aquelas persoas que participen na súa totalidade. 

Oferta de emprego público 2015 Xunta de Galicia

Atención!!. Hoxe 10 de marzo saíu publicada a oferta de emprego público da Xunta de Galicia para o ano 2015.
A Consellería de Facenda aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Contratación auxiliares de Policía para o Concello de Boiro

martes, 10 de marzo de 2015

VII Concurso de rock “Deputación da Coruña”

A Deputación da Coruña convoca o VII Concurso de rock “Deputación da Coruña” para músicos novos http://bit.ly/1BYC9oE

CONTRATACIÓN PERSOAL EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


34 prazas ofertadas:
2 Licenciados/as ou Grao en Bioloxía
2 Licenciados/as ou Grao en Física
1 Axudante Administrativo (FPII Administración)
1 Licenciado/a ou Grao en Ciencias Económicas
2 Licenciados/as ou Grao en Química
8 Licenciados/as ou Grao en Xornalísmo ou Comunicación Audiovisual
1 Bacharel
1 Licenciado/a ou Grao en enxeñaría Informática
3 Bachareis ou FPII Informática
2 FPII rama Administrativa e Comercial
3 Enxeñeiros/as ou Grao en Informática ou Enxeñaría en Telecomunicacións
2 Licenciados/as ou Grao en Xeografía e Historia
2 Licenciados/as ou Grao en Psicoloxía
1 Licenciado/a ou Grao en Matemáticas
1 Licenciado/a ou Grao en Economía, ADE, Dereito ou Políticas
1 Licenciado/a ou Grao en Filoloxía Hispánica
1 Técnico FPII Laboratorio de Diagnóstico Clínico


Consulta aquí a convocatoria: http://bit.ly/1BlNNta
Prazo de presentación de solicitudes até o 19 de marzo de 2015

III Maio Vintage

Xa te podes anotar se queres participar!

A cidade para os nenos!


Certificado CODIX(Certificación Galega de Competencias Dixitais​) en Boiro

A aula CEMIT de Boiro vai participar nas probas libres para a obtención do CoDIX (Certificación Galega de Competencias Dixitais​).O exame será o Mércores 29 de Abril as 10 horas. 
A partir de mañá  MÉRCORES 11 de marzo ás 09:00 horas e ata o MARTES 17 de marzo ás 14:00 horas, as persoas interesadas poden inscribirse nestas probas .

Para máis información:

Axente TiC no Concello de Boiro
Samuel Rodríguez Lado
Centro social de Boiro
Rúa Poeta Manuel María s/n 15930
Boiro, A Coruña.
Teléfono:981842635


Creatividade a mil

Esta semana ademáis de acompañarnos o sol..estamos cheos de creatividade:

O xoves 12 de marzo
naOMIX nos vamos ao IES Espiñeira a falar sobre os proxectos europeos e os programas de mobilidade xuvenil e ás 20.30h Creatividade e empresa no Pechakucha: 7 experiencias de emprendemento na ABE.

e falando de creatividade a Escola Creativa se estrea este mes, o obradoiro de arte en papel, para aprender a técnica do scrapbooking na creación de álbums, postais, invitacións..comezamos hoxe as inscricións!!!


Campus Científicos de Verán 2015

Os Campus terán lugar do 28 de xuño ao 25 de xullo de 2014, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
- Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 28 de xuño ao 4 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 5 ao 11 de xullo.
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 12 ao 18 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 19 ao 25 de xullo.

Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER).

Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1997.
Alumnos que no curso 2014-2015 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2014-2015 igual ou superior a 7,50 puntos.

As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de marzo de 2015.

Premios e concursos. Xuventude

Premio de viñetas

Concurso de creación audiovisual

Concurso internacional de novela curta "Cidade Centenaria de Riveira"

Certame literario Ramón Martínez López(Boiro)


xoves, 5 de marzo de 2015

Día internacional da muller

Hoxe comezamos cos actos de celebración polo día internacional das MULLERES cunha exposición que nos dará moito que pensar do fotógrafo Ruben Fabeiro..a cita ás 20h no Centro Social de Boiro e mañá un bonito monólogo pondrá unha pincelada ácida no Local Leñaverde ás 21.30h..acompáñanos!!!


mércores, 4 de marzo de 2015

Salon do libro infantil de Pontevedra




PROGRAMACIÓN

Este mes temos un novo obradoiro creativo..Scrapbooking, sabes o que é?


Bolsas de turismo

A Axencia Turismo de Galicia convoca 9 bolsas de formación práctica en diversas áreas: 7 bolsas para a realización de prácticas en oficinas de información turística e 2 bolsas para formación na Área de Estudos e Investigación nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia. Info neste enlace

Boas prácticas nas artes plásticas


Marzo marzal no Centro Social

e temos unha morea de cousas...

Para non perderse...

No Día Internacional da Poesía queremos lembrar á meirande intelectual española do século XX, a filósofa María Zambrano. Co concepto da “razón poética”, Zambrano acuñou unha liña de pensamento que buscaba transcender os estreitos límites do racionalismo para abrirse ao enigmático, misterioso e sagrado da condición humana. Ao longo dunha vida nómade, de exilio e compromiso, entre Europa e América, trabou fonda amizade con algún dos nosos escritores máis sinalados, como José Ángel Valente ou Rafael Dieste. En 1981 recibiu o Premio Príncipe de Asturias en Comunicación e Humanidades (primeira edición) e en 1988 o Premio Cervantes (primeira muller á que lle foi concedido).  
12:00 | Relatorio: Ana Bundgaard. Hispanista e catedrática da Universidade de Aarhus (Dinamarca), é unha das maiores autoridades mundiais na vida e obra de María Zambrano, a quen lle dedicou dous libros: “Más allá de la filosofía. Sobre el pensamiento filosófico místico de María Zambrano” (Trotta, 2000) e “Un compromiso apasionado. María Zambrano: una intelectual al servicio del pueblo (1928-1939)” (Trotta, 2009).
13:00 | Concerto: Samuel Diz. Intérprete de guitarra clásica e director artístico do festival “Música no Claustro” da Catedral de Tui. Como concertista actuou en diferentes países de Europa, América e África e ten recibido o Premio Andrés Segovia – J.M. Ruíz Morales e o Premio da Crítica no Palau da Música Catalana. Desde hai anos realiza un intenso labor de investigación para a recuperación do patrimonio musical galego e da Xeración do 27.