venres, 27 de febreiro de 2015

APERTURA DE LISTAS PARA FACER SUSTITUCIÓNS NA XUNTA DE GALICIA


O prazo para anotarse vai dende o 1 de marzo ata o 15 de xullo.Hai que abonar a taxa correspondente para cada lista na que te anotas.

Débese de comprobar que realmente as listas as que se opta están abertas para que non haxa erros á hora de entregar a solicitude.

Listado daquelas listas que se abren, e as que se pechan:
http://www.xunta.es/…/201502…/AnuncioCA01-240215-0003_gl.pdf
Páxina de información xeral para confeccionar a solicitude:
http://www.xunta.es/…/contratacion-…/xeracion-de-solicitudes

mércores, 25 de febreiro de 2015

Festa do queixo de Arzúa


Ciclo de cinema social este xoves no Centro Social


“VI Curso de formación para informadores de Oficinas de Turismo e Guías”


Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
Datas: 26 marzo -24 abril
      









Curso Homologado pola XUNTA de GALICIA
 "Axencia de Turismo de Galicia" Info en:

CETUR
Centro de Estudos Avanzados
Parque de Vista Alegre
Rúa das Salvadas s/n
15782. Santiago de Compostela
TFN 881 811 000 ext.16339
www.usc.es/cetur
Facebook Cetur USC
                                   (50 horas[1])    



Venres emprendedores na Cidade da Cultura










Programa

6 de marzo. Rei Zentolo




5 de Junio. Jaime Conde, director xeral da axencia Quattro IDCP

Campus de verán

Campus Científicos de Verán 2015:
http://xuventude.xunta.es/2015022515405/campus-cientificos-de-veran-2015.html

xoves, 19 de febreiro de 2015

Para estudiantes de deseño e belas artes




A marca Cabuxa busca artistas para ilustrar a súa vindeira colección. Se eres estudiante de deseño ou Belas Artes e te gustaría ser colaborador artístico de Cabuxa, só tes que enviar TRES traballos en pintura, fotografía, ilustración, grafiti... ¡a técnica é libre! 
Máis info na web www,cabuxa.com

V EDICIÓN DO CONCURSO INTERNACIONAL DE NOVELA CURTA “CIDADE CENTENARIA DE RIVEIRA”

Podedes consultar as bases neste enlace

mércores, 18 de febreiro de 2015

Danza Oriental

Comezamos en marzo, te animas a probar?


Se queres tocar nun grupo de música..en Boiro se busca batería


Bolsas

16 bolsas «Culturex» en institucións culturais,oficinas comerciais e en embaixadas e consulados de Españahttp://bit.ly/1vzkQnv

5 axudas para formación e investigación no CIS http://bit.ly/1uQviqp

Bolsas do programa W50 en EEUU do Banco Santander na UCLA Anderson School of Management http://bit.ly/18KcXGW

Bolsas na empresa BMW http://bit.ly/1ER82ye

Venres Emprendedores

Venres Emprendedores son citas con profesionais que no seu día deron o paso e hoxe constitúen un caso de éxito.
A modo de coloquio, catro personalidades do mundo do deseño e a publicidade permitirannos coñecer dunha forma creativa e orixinal a súa experiencia, cos seus problemas e dificultades e pero tamén os seus acertos. A interacción entre público e relatores facilitarase nunha sesión de networking informal posterior, onde todos os presentes poderán intercambiar experiencias e coñecementos ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño.

Programa

6 de marzo. Rei Zentolo18:00 Sala Eisenman


15 de Maio. Óscar Santomé Diseño18:00 Sala Eisenman


5 de Xuño. Jaime Conde, director xeral da axencia Quattro IDCP18:00 Sala Eisenman

 
De balde previa inscrición a través do mail promocion@cidadedacultura.org. É preciso enviar os datos persoais e a data ou datas das charlas ás que desexa asistir.

Máis info neste enlace

mércores, 11 de febreiro de 2015

Resolución axudas ao transporte do Concello de Boiro

Hoxe publícase a resolución de axudas ao transporte do Concello de Boiro, a partir de ese momento xa podedes entregar a factura oficial da empresa de transporte(Arriva/Renfe) polo importe que se vos concede antes do 31 de marzo en rexistro no Concello acompañándoa dunha instancia que se vos facilitará no Concello, rexistro ou centro social de Boiro.Para calquera dúbida podedes escribir a este mail ou chamar ao tlf 981842635.

luns, 9 de febreiro de 2015

Iniciación á danza oriental


Este mes estamos moi comprometidos ca creatividade e...

sabías que entre os beneficios que ten a danza oriental  está o de mellorar o estado anímico,  reforzar a confianza, mellorar a autoestima e desenvolver a creatividade?
Ademáis axuda a fortalecer e tonificar a musculatura e desenvolver a nosa coordinación .

Pois no mes de marzo comezamos na Escola de Baile cunha nova actividade: Iniciación á danza oriental os xoves de 20h a 21.30h. Pode acudir calquera persoa independientemente da súa idade ou condición física. Anímaste a probar?? máis info no Centro Social de Boiro(omix@boiro.org/981842635)

Axudas a comerciantes

Os comerciantes galegos poderán solicitar desde este xoves as axudas para innovar nos seus negocios e modernizalos.

Maís info neste enlace

Boiroverde: Obradoiro de cestería

Sábado 14 de febreiro ás 16.30h no Local da cofradía de Aguiño(Ribeira). Prezo 10 euros.

Certame lingua de namorar

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unha nova edición de Lingua de namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Cada participante poderá participar con dúas mensaxes no concurso (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
·         1º Tablet 4.0, 10,1” de 32 XG + actividade de aventura para dúas persoas
·         2º Disco duro Toshiba Canvio Basics 2.5” (USB 3.0, 1 TB)
·         3º Videocámara deporte dixital impermeable
Categoría B (de 20 a 35 anos):
·         1º Cámara somerxible Fujifilm FinePix XP70 + actividade de aventura para dúas persoas
·         2º Tablet para lectura Kindle, con pantalla táctil de 6”
·         3º Tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses
O prazo para enviar as mensaxes remata o vindeiro domingo 22 de febreiro. Do 23 ao 27 de febreiro abrirase o período de votacións.
Máis información sobre o concurso Lingua de namorar: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html

xoves, 5 de febreiro de 2015

Certame deseño de camisetas

Gústache deseñar, debuxar, ter ideas...

A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo vai facer durante o presente ano un lote de camisetas para todos aqueles soci@s da entidade, é por iso polo que convocamos un concurso de deseño de debuxo ou logotipo para a citada camiseta.

O gañador será agasallo cun lote de produtos galegos e 2 camisetas, así como un ano de soci@ gratuíto.

o deseño deberá de ser a dúas cores e tendo en conta que a camiseta será de cor amarela.

O prazo remata o martes de Entroido.

Podeden enviar os vosos deseños a asociacionflordetoxo@gmail.com

martes, 3 de febreiro de 2015

ESCOLA CREATIVA Boiro

A partir de hoxe xa podedes solicitar información ou facer as vosas inscricións na Escola Creativa do Centro Social de Boiro, proxecto de apoio e fomento da creatividade xuvenil. Aquí tedes a programación

Obradoiros para mestres/mestras

Obradoiros exclusivos para docentes:
 ‘Animamos a lectura’, ‘Ciencia nos contos’ e ‘Arte e ciencia: unha relación bidireccional’, que terán lugar na derradeira semana da cita coa lectura, do 23 ao 27 de marzo no salón do libro de Pontevedra.

Inscricións e información no Cefore de Pontevedra:
Celso Emilio Ferreiro, 4 - 36005 Pontevedra (PONTEVEDRA)

Principal » 986 872 888

Obradoiro de improvisación con actores e directores en Carballo

Obradoiro dunha semana de duración no que, a partir de técnicas de improvisación e de traballo con texto, os directores poidan experimentar o traballo directo cos actores e romper esa barreira que, con tanta frecuencia, se establece entre estes dous mundos.
Traballar cos actores, participar do seu xogo, sentir o outro lado, entender cales son as claves nas que se manexan os actores e así poder abrir unha comunicación creativa entre director e actor.
Impartido por Jorge Coira

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 12 directores y 6 actores
Data: 2-6 Marzo
Horario: 16-20 horas


PROGRAMA
Introdución ao mundo actoral (a esencia do actor).
Traballo con técnicas de improvisación.
Introdución no traballo con texto.
Posta en pe de escenas escritas.

Máis información neste enlace

luns, 2 de febreiro de 2015

Obradoiro na fundación Luis Seoane

basurama

Os días 13 ao 15 de febreiro, o colectivo BASURAMA realizará un obradoiro na Fundación Luís Seoane. Basurama é un colectivo dedicado a investigación, producción e xestión cultural. O programa, que podes descargar aquí, tamén inclúe unha visita a fábrica de Sargadelos. O sábado, ás 19.30, ofrecerá unha conferencia na mesma Fundación.
Tanto a charla como o taller son actividades de balde. Para poder participar, tan só tes que descargar a solicitude de inscrición e enviar un correo á dirección cidea@coruna.es;  Para máis información, consulta a páxina de CIDEA.

Concursos para a mocidade



Música:
http://xuventude.xunta.es/2015020215190/2o-certame-de-cancion-de-autor-en-galego.html

Pintura:
http://xuventude.xunta.es/2015020215188/xxv-concurso-de-pintura-bello-pineiro-pineiro-pose.html

Fotografía:
http://xuventude.xunta.es/2015020215182/11o-concurso-de-fotografia-xurxo-lobato-2015.html

Bolsas de realización de máster

A Fundación Barrié abre a convocatoria de 10 ‪#‎bolsas‬ para a realización de estudos de Máster con dedicación a tempo completo e 20 ‪#‎axudas‬ á mobilidade predoctoral para a realización de estancias de investigación

Axudas para fill@s menores de 3 anos

Neste enlace podedes consultar as bases para bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.