xoves, 31 de maio de 2012

Bolsas para licenciados en Historia


20 BOLSAS DE ARQUIVOS


As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas coa organización e descrición ou con outros procesos que integran o tratamento técnico dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais de Galicia e outros arquivos de interese galego. Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

Escola de música de Boiro


Informamos que desde o vindeiro luns 4 de xuño ata o venres 29  
do mesmo mes estará aberto o prazo de preinscripción para o próximo
curso 2012-2013. 

Para calquera dúbida poñédevos en contacto no teléfono 655.700.104

Horario de secretaría: 
luns e mércores de 11:00 a 13:00 e os xoves de 19:00
a 20:00h.

Bolsas de formación no tribunal constitucional

O Tribunal Constitucional convoca 2 bolsas para formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa xestión documental e arquivística dos documentos do Tribunal Constitucional.

Requisitos dos beneficiarios.
Titulación: Licenciado/a universitario/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou equivalente.
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007.

dotación de cada bolsa será de 1.200 € brutos mensuais.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2012.

Máis información no BOE do 30 de maio de 2012 e en www.tribunalconstitucional.es

Axuda "Cheque infantil" para nenas/os entre 0 e 3 anos

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses.

Poderán ser beneficiarias da axuda a través do programa Cheque infantil:
a) Solicitantes de prazas, nas modalidades de atención educativa e atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarias/os dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa Cheque infantil na solicitude da praza.
b) Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e desexen obter a axuda para unha praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro privado existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais.

Requisitos:a) Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2009.
b) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.

prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2012.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS403A

Máis información no DOG do 30 de maio de 2012 e en http://escolasinfantis.net

6 BOLSAS PATRIMONIO MOBLE GALEGO

Para titulados en Historia, Arte, Escultura, Arqueoloxía. Facédelle difusión que queda só un mes de prazo ata o 22 de xuño

Bolsas de formación da Escola Galega de Administración Pública



Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se convoca unha bolsa de formación
 na área de documentación e biblioteconomía.



RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se convoca unha bolsa de formación
 en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

mércores, 30 de maio de 2012

Vacacións solidarias

Numerosas ONGD ofrecen distintas opcións de viaxes solidarios baixo fórmulas diferentes: vacacións solidarias, viaxes responsables, estancias solidarias, voluntariado en terreo de larga o curta duracion...

Mais información neste enlace:

http://www.obrasocialncg.com/socialia/noticias_ficha/viajes_solidarios_verano_2012_apuntate_ya

Curso gratuíto de montaxe de vídeo en Boiro

Quedan 5 prazas libres para o curso de montaxe de vídeo que se celebrará na Aula Cemit do Centro Social de Boiro do 5 ao 7 de xuño en horario de 11:30h a 13:30h.

Inscricións no Centro Social de Boiro-aula Cemit(1º andar)

Proxecto para mulleres que inicien proxecto empresarial


Tomando as Rendas
, é unha iniciativa da Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedades( FUNDETEC) destinado ás mulleres de entre 25 a 45 anos para desenvolver un proxecto empresarial mediante asesoramento online personalizado.

A iniciativa ofrece, ademais do asesoramento personalizado durante todo o proceso de creación do proxecto empresarial, talleres de formación presencial gratuítos.

Talleres:
- Taller de creación de empresas.
- Taller económico-financiero para aprender a levar as contas ao día.
- Taller de mercadotecnia, que aporta información do mercado laboral.
- Taller de dirección e venda.
- Taller de recursos humanos co fin de aprender a motivar aos empregados.

Para tomar parte na iniciativa tes que inscribirte no Centro Social de Boiro(Aula Cemit-1º andar) ou no departamento de emprego do Concello de Boiro antes do 8 de xuño.

A xornada presencial para tomar parte da iniciativa TOMANDO AS RENDAS celebrarase o xoves 14 de xuño en horario de 16:00h a 20:00h na aula Cemit do Centro Social de Boiro.

Mais información:
Centro Social de Boiro no teléfono 981842635 ou no mail centrosocial@boiro.org
Departamento de Emprego do Concello de Boiro no teléfono 981844800 ou no mail emprego@boiro.org

Semifinal Certame Curota Sound

Este venres 1 de xuño na semifinal do Curota Sound na Pousada
das Ánimas, a partir das 23:00h..estarán:
 
Lizard crash, Zenzar e The Lakazas

martes, 29 de maio de 2012

Acción de Verán: Aberto o prazo da 2ª convocatoria dos campos de traballo en outras Comunidades Autónomas

Abriuse o prazo da 2ª convocatoria dos campos de traballo en outras Comunidades Autónomas.
Consulta as vacantes no apartado dos campos de traballo.

Novas ofertas de emprego privado

Planificador de loxística. Adecco. Pontevedra. 29/05/2012
Coordinador de calidade do sector da automoción. Adecco. Pontevedra. 29/05/2012
Montador de neumáticos. Euromaster Automoción e Servicios.Pontevedra. 29/05/2012
5 Mozos/as profesionais para plan de carreira. Ocaso seguros. 29/05/2012
Auxiliar administrativo. Vilagarcía. 29/05/2012
20 azafatas de congreso. Grupo Alliance. Vigo. 29/05/2012
Cortador de xamón. A Coruña. 29/05/2012
Camareira para pub. Santiago. 29/05/2012
Camareiros en xeral. A Coruña. 29/05/2012
Camareiro vinoteca. A Coruña. 29/05/2012
Planchador/a. A Coruña. 29/05/2012
Esteticista. Santiago. 29/05/2012
Comercial sector reciclaxe. A Coruña. 29/05/2012
Mecánicos de litoral. A Coruña. 29/05/2012
Encargado-bar restaurante. Santiago. 29/05/2012
Auxiliar administrativo. A Coruña. 29/05/2012

Cursos de Fotografía no Centro Social de Boiro

No mes de xuño a asociación Olláparo impartirá dous obradoiros de fotografía no Centro Social de Boiro. Datas: 4-11-18-25 de xuño e 2 de xullo.
Horario: de 19:30h a 21h.
Lugar e inscricións: Centro Social de Boiro

Bases para socorristas acúaticos en espacios naturais

O Concello de Boiro convoca proceso de selección para a confección dunha listaxe de contratación laboral temporal de socorristas acuáticos en espazos naturais. A presentación de solicitudes realizarase no rexistro xeral do Concello de Boiro ata as 13.30 h. do 08/06/2012.

Mais información na web do Concello de Boiro, www.boiro.org

O colectivo Boiroverde organiza una actividade de limpeza de praias o venres 1 de xuño

Moitos son os ámbitos onde se está a producir un grave problema de deterioro medioambiental. Así pois, non é de estrañar que xurdan iniciativas que, sen pretender ser a solución ao problema, xa que nin é a súa función nin dispoñen dos medios necesarios; si sirvan para concienciar á poboación da fraxilidade do medio ambiente en que vivimos, sometido a constantes agresións humanas; e no que temos todo o dereito a levar a cabo accións dirixidas a protexer a natureza. Esta é a razón pola que o colectivo de sensibilización ambiental que nace no Concello de Boiro, Boiroverde, organiza unha actividade de limpeza de praias este venres día 1 de xuño.

Os interesados/as en participar poden acudir á Praia Xardín (enfrente do bar Riazor) as 16:00h.

Unha vez realizada a recollida de residuos da praias, clasificarase o lixo recollido e analizarase. 
Na actividade participarán ademais dos integrantes do colectivo Boiroverde e alumnos dos centros de ensino de Boiro, profesionais adicados ao análise da fauna marina, que falarán do impacto que teñen os residuos nas especies e fondos mariños na actualidade.

Para mais información podedes contactar a través do correo electrónico: boiroverde2012@gmail.com, no Facebook, no Tuenti ou no Twitter (@boiroverde) 


ou acudir ao  Centro Social de Boiro.

Cursos de verán da USC

A Universidade de Verán da USC para este ano inclúe 34 títulos que se celebrarán nos campus de Santiago e Lugo así como noutras nove localidades de toda Galicia.
Podes consultar a relación de cursos, tasas e outros datos de interés na páxina web da USC:
 http://www.usc.es/cultura/uverano12cursos.htm.

Axudas a entidades de acción voluntaria

ORDE do 15 de maio de 2012 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

luns, 28 de maio de 2012

Xornadas Empresas de Inserción Laboral

Quedan prazas libres nas Xornadas de promoción das Empresas de Inserción Laboral, no concello Rianxo. 
Aínda podedes apuntarvos, se realmente queredes saír da situación de desemprego, isto implica recoller información sobre a tipoloxía de empresas, as novas regulacións entre outros temas.
Alguén sabe realmente que é unha empresa de Inserción? En 4 horas formativas os profesionais de AEIGA explicaránvos a información máis relevante.

Inscricións e información:  aedl@arousa-norte.es

Ofertas de emprego

Axente Comercial. Kukuxumusu S.L. Galicia. 28/05/2012
Formador TIC. GrupoNorconsulting.A Coruña. 28/05/2012
Encargado tenda de moda. Santiago. 28/05/2012
4 dependentes. Cortefiel. A Coruña. 28/05/2012
4 dependentes. Cortefiel. Riveira. 28/05/2012
Responsable administrativo financiero. Zona Sur de Galicia. 27/05/2012
Director financeiro corporativo. Galicia. 27/05/2012
Directores xerais. Colombia, México, Perú e Chile. 27/05/2012
4 Operarios con coñecementos de soldadura e mecánica. Vigo. 27/05/2012
Profesor de infantil. Encarnación Pazos. Pontevedra. 27/05/2012
Promotores de campañas de longa duración. Pontevedra. 27/05/2012
Director asociado. SMI. Lugo. 27/05/2012
Enquisadores. Láncara, Castro de Rey, Becerreá, Sarria e Monforte. 27/05/2012
Electricistas. NPGroup-International. A Coruña. 27/05/2012
Profesores de inglés para curso de verán. Vigo. 27/05/2012
Emprego en limpeza. Santiago. 27/05/2012

Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa

O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas de 728,77 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Beneficiarios:a) Os que finalizasen a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2010-2011, 2009-2010, ou 2008-2009, cunha nota media do expediente académico de, polo menos, 7,00 puntos.

b) Os que finalizasen os estudos de Máster en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, cunha nota media no máster de, polo menos, 7,00 puntos.
Os cursos, en inglés especializado nas áreas de Sociais, Ciencias e Inglés terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
Os cursos terán lugar en Santander, Cuenca, Valencia, Granada, no período comprendido entre o 8 de outubro e o 14 de decembro de 2012.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de xuño de 2012.

Máis información no BOE do 28 de maio de 2012 e en www.uimp.es

venres, 25 de maio de 2012

Nova Zona Wifi no Centro Social de Boiro


 

Agora xa podes desfrutar da mellor cobertura Wifi no Centro Social de Boiro, ademais de ter acceso en todas as instalacións do centro á rede inalámbrica gratuíta, habilitarase un espazo específico para que podas vir co teu ordenador persoal na Sala de Exposicións.

Ven a coñecer a EXPO-WIFI e solicita as túas claves de acceso.