luns, 29 de novembro de 2010

IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades do XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e Kalandraka.
O prestixioso artista italiano Roberto Innocenti (Florencia, 1940), ilustrador de obras como "As aventuras de Pinocho", "a historia de Erika" ou "A casa", e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte do xurado do certame.
O Premio Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto escrito en calquera lingua oficial da Península Ibérica, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto. O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago: R/Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de
Compostela.
Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -castelán, galego, catalán, éuscaro e portugués- en outubro de 2011. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. Ademais de contar con Roberto Innocenti, o xurado completarase con outros profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da literatura e a ilustración infantil. As bases completas de participación pódense consultar nas respectivas páxinas web de Kalandraka: www.kalandraka.org e do Concello de Santiago:
www.santiagodecompostela.org

MÁIS INFORMACIÓN:
CONCELLO DE SANTIAGO. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN. Tlf. 981 554 400 KALANDRAKA EDITORA.
Tlf. 986 860 276

Premios para estudantes de Danza Clásica correspondentes ano 2010


Destinatarios

-Esta convocatoria está dirixida a todos os estudantes que tendo unha idade máxima de 25 anos cumpran ademais algunha das circunstancias seguintes: cursen o último curso de Ensinanzas Profesionais de Danza; cursen Ensinanzas Superiores de Danza; ou ben, finalizasen os estudos superiores de Danza no ano académico 2009/2010.

Dotación económica

-No concurso outorgaranse 10 premios de 6.000 euros cada unha na modalidade de Danza Clásica.

Prazo

-O prazo de presentación de solicitudes e a documentación que deberá acompañarse, será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Información

-BOE do 20 de novembro de 2010. Páxina web

http://www.boe.es/boe/dias/2010/11/20/pdfs/BOE-A-2010-17842.pdf

Bolsas Para Estudantes Da USC Comprar Na Praza De Abastos

OBXECTO E CONTÍA
Convócanse 10 bolsas para estudantes de grao, primeiro e segundo ciclo, destinadas ao consumo de produtos frescos nos establecementos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
A contía de cada bolsa será de 120€ mensuais, para o período comprendido entre o 20 de xaneiro e o 30 de xuño de 2011, a razón de 5€/día, de luns a sábado, non acumulables máis dunha semana.
Cada beneficiario da bolsa terá a súa disposición todas as semanas a partir do luns,seis bonos cun importe de cinco euros cada un, que poderá trocar en calquera dos establecementos da praza. Estes bonos serán válidos ata rematar a dita semana. No momento en que se recollan nas oficinas do Mercado de Abastos, Sociedade Cooperativa Galega, os beneficiarios das bolsas deberán asinar un documento de recepción para acreditar que a Cooperativa llelos entrega e presentar os tickets de compra dos establecementos da praza onde realizaron a compra a semana anterior

REQUISITOS DOS SOLICITANTES
- Estar matriculados no curso académico 2010-2011 en titulacións que se imparten no Campus de Santiago.
- Ter o domicilio familiar fora do Concello de Santiago
- Non ser beneficiario destas bolsas nos cursos académicos 2006-2007, 2007- 2008, 2008-2009 e 2009-2010.
- Ter unha nota mínima media de expediente académico de 2,0000 puntos.

SOLICITUDES, LUGAR DE PRESENTACIÓN E PRAZO
Casas Reais, 8), no Mercado de Abastos de Santiago (oficinas centrais sitas no mercado), na Sección de Servizos á Comunidade Universitaria do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil, Campus Vida), e na páxina web http://www.usc.es en Estudantes>>Apoio económico ao estudantado>>Bolsas e Axudas da USC.

- As solicitudes presentaranse no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudiantil, 1ª planta-Campus Vida).
- O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 29 de novembro ata 22 de decembro de 2010.

Información
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES E
FORMACIÓN CONTÍNUA
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil. Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Páxina web da Universidade de Santigo : www.usc.es

venres, 26 de novembro de 2010

Becas Soñadores 2010-2011

Loterías do Estado e National Geographic Channel convocan as becas Soñadores para estudantes universitarios de derradeiro curso.
O propósito das becas Soñadores é apoiar as iniciativas de mozos interesados e comprometidos coa conservación da natureza en España. Valorarase particularmente naqueles proxectos que mostren a relación entre a conservación e o benestar do mundo.
Requisitos: estudantes, menores de 30 anos, en calquera modalidade das ciencias naturais ou ciencias sociais, que no período académico 2010-2011 cursen o derradeiro curso de licenciatura, grao ou plan de estudos equivalente, ou ben estean matriculados en cursos de posgrao ou máster ou programas de doutorado.
As propostas deben ir avaladas por algunha entidade con personalidade xurídica propia (asociacións, fundacións, centros de investigación, departamentos universitarios, áreas protexidas) que acrediten a súa capacidade para o desenvolvemento do proxecto en caso de ser seleccionado.

Dotación:
1º finalista: 100.000 €. (20.000 para o estudio e formación e 80.000 para a execución do proxecto)
2º finalista: 75.000 €. (15.000 para o estudio e formación e 60.000 para a execución do proxecto)
3º finalista: 50.000 € (10.000 para o estudio e formación e 40.000 para a execución do proxecto)

Os solicitantes deberán presentar unha proposta de proxecto, intervención, estudo, investigación, traballo fin de carreira, traballo fin de máster, memoria de DEA ou tese doutoral, cuxa realización finalice nun prazo de 10 meses dende a decisión do xurado e que estea directamente relacionada coa defensa da fauna, a flora ou biodiversidade, coa conservación dos espazos naturais e ecosistemas ou co fomento da sostenibilidade, en especial en relación destas cuestións co desenvolvemneto social e o benstar humán.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de marzo de 2011.

Mási información en www.becasoñadores.es

Programa Vulcanus de prácticas profesionais en empresas de Japón





O programa Vulcanus en Xapón esta subvencionado pola empresa xaponesa de acollida e polo Centro UE-Xapón. Os estudantes reciben unha bolsa de 2.000.000 ien destinada a financiar a viaxe e a súa estanza en Xapón. A empresa de acollida ocuparase do seu aloxamento durante os 12 meses. O curso de xaponés e o seminario están a cargo do Centro para a cooperación Industrial entre a UE e Xapón.

ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

EU-Japan Centre for Industrial Cooperation. European OfficeRue Marie de Bourgogne, 52, Bte 2. B-1000 (Brussels )

- BÉLGICATeléfono: +32(0)22823715 / Fax:+32(0)22820045

http://www.eujapan.com/

m.rosada@eujapan.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

DESTINATARIOS

Los solicitantes deben ser:

- nacionais dalgún país da Unión Europea.

- Estudantes universitarios a partir do terceiro ano ou de postgrao, da rama de enxeñaría ou ciencias (Informática, Enxeñaría, IngenieríaMecánica, Química, Electrónica, Biotecnoloxía, Electricidad,Ingeniería Eléctrica, Física, Telecomunicacións, Enxeñaría Nuclear,Ingeniería Civil, Materiais Metálicos, Cerámica, Sistema deProducción...).

Os estudantes deben poder residir en Xapón durante un ano de acuerdo con os regulamentos das súas universidades respectivas ou a título de ano sabático.

DATA LÍMITE

Data límite de envío de candidaturas: 20 de Xaneiro 2011.

MÁIS INFORMACIÓN

O programa consiste na realización de prácticas industriais por estudantes da UE. Empeza en Setembro e remata en Agosto do ano seguinte para axustarse ao ano académico nos Estados membros da UE.

Os estudantes realizan:

- un seminario dunha semana en Xapón

- un curso intensivo de xaponés de 4 meses,

- unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante 8 meses. "Vulcanus en Xapón" iniciouse en 1976.

EU-Japan Centre for Industrial Cooperation. European Office
Rue Marie de Bourgogne, 52, Bte 2. B-1000 (Brussels ) - BÉLGICA
Teléfono: +32(0)22823715 / Fax: +32(0)22820045
http://www.eujapan.com/ - m.rosada@eujapan.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

http://movilidad.umh.es/Vulcanus/Vulcanus_Info.html

Prácticas no Banco Mundial





Entidade Organizadora: World Bank

Destinatarios: Estudiantes cursando postgrado.

Prazo: Do 1 de decembro de 2010 ao 31 de xaneiro de 2011

Mais Información:

A maior parte dos postos están situados en Washington DC.

http://web.worldbank.org/WBSITE/EXTERNAL/EXTHRJOBS/0,,contentMDK:20515785~menuPK:1477648~pagePK:64262408~piPK:64262191~theSitePK:1058433,00.html

Axudas da Deputación para música e teatro

Programas de música e teatro da rede cultural da deputación de A Coruña

Para Grupos profesionais e non profesionais

O prazo estará aberto ata o 9 de decembro!!!!!

Mais información en http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/programas-musica-teatro

mércores, 24 de novembro de 2010

Gala de Entrega dos premios GZCREA 2010

O próximo día 30 de novembro as 20.00h en A Coruña celebrarase a gala de entrega dos premios GZCREA 2010, e convida a todos os interesados en asistir. se estades interesados en acudir podedes solicitar a vosa invitación na OMIX de Boiro.

No certame Xuventude Crea participaron máis de 300 mozos e mozas da comunidade, que presentaron un total de 186 obras artísticas nas 11 especialidades que se establecian no certame: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias. Os premios son de 3.000, 1.500 e 1.000 euros para os tres primeiros de cada especilidade.

martes, 23 de novembro de 2010

OPORTUNIDADE DE TRABALLO NA OCDE(Organisation for Economic Co-operation and Development)

A Organisation for Economic Co-operation and Development(OCDE) búsca xóvenes profesionais sen experiencia, altamente calificados en diversas materias, para incorporarse a OCDE no 2011, se convocan12 plazas, para menores de 33 años, que dominen un idioma de traballo utilizado na OCDE e que teña formación nos sectores de economía, educación, medio ambiente, gobernanza, agricultura e desenvolvemento .

DATA LÍMITE
6-12-2010

INFORMACIÓN
www.oecd.org/careers
recruitment@oecd.org

luns, 22 de novembro de 2010

Foro de oportunidades e emprendedores

A asociación Xuventude Galega en Europa - XuGa.eu, organiza os días 26 e 27 de Novembro no salón de actos do Colexio Maior de Fonseca no Campus sur de Santiago de Compostela, un encontro sobre oportunidades de estudios para a mocidade e emprendedores. O programa do evento e máis información a atoparás na web www.xuga.eu.

Bolsas de Postgrao da Fundación Caixa Madrid

As bolsas de postgrao están dirixidas a españois licenciados, enxeñeiros superiores, informáticos superiores e arquitectos superiores con proxectos finais de carreira presentados e aprobados.

Na convocatoria, a Fundación outorgará 80 bolsas para realizar estudos de postgrao (máster, doutorado ou traballos de investigación) en universidades e centros superiores de investigación de Europa (agás España), Estados Unidos e Canadá para o curso académico 2011-2012. As bolsas están dirixidas a españois licenciados, enxeñeiros superiores, informáticos superiores e arquitectos superiores.

Se estás interesado, deberás encher o formulario electrónico do impreso de solicitude, o Currículo Vitae e a memoria do proxecto de investigación ou estudos, dispoñibles no apartado "Solicitudes" da Canle de Bolsas da Fundación. Para acceder ao contido é necesario que te deas de alta como usuario en rexistro ou, se xa o fixeches, que introduzas as túas claves de acceso.

As áreas de coñecemento para as que se conceden estas bolsas son:

Área social e xurídica
Economía
Ciencias Políticas
Socioloxía
Dereito
Área biosanitaria
Bioloxía
Medicina
Farmacia
Veterinaria
Área politécnica
Enxeñaría
Informática
Arquitectura
Área de ciencias
Física
Química
Matemáticas
Música

A dotación económica desta bolsa comprende:

- O importe total da matrícula na universidade ou centro superior de investigación no que fose admitido o bolseiro.
- Unha asignación mensual ao bolseiro para a súa manutención e aloxamento durante un período máximo de 12 meses.
- Unha bolsa de viaxe para cubrir gastos de desprazamento.
- Unha dotación única para gastos de instalación.
- Seguro de asistencia no estranxeiro e seguro de accidentes.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes e ata o 31 de xaneiro de 2011

Información
Na páxina web da Fundación Caixa Madrid http://www.fundacioncajamadrid.es/

Becas de Biblioteconomía e Documentación da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña fai unha convocatoria para formar unha lista de suplentes, licenciados no curso 2009/2010 ata 2006/2007 en Biblioteconomía e Documentación, coa finalidade de fomentar a realización de prácticas que completen a formación dos licenciados en Documentación pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol) coa súa participación nos labores que se levan a cabo no Arquivo, Biblioteca Provincial e Servizo de Patrimonio e Contratación.

Requisitos dos solicitantes: Ter obtido a Licenciatura en Biblioteconomía e Documentación pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol) nos cursos 2009/2010, 2008/2009, 2007/2008, 2006/2007.

Dotación: 1.000 €/mes

O prazo de presentación das solicitudes será ata o día 15 de xaneiro de 2011.

Máis inforamción no BOP da Coruña do 19 de novembro de 2010.

Carnés desconto para xóvenes

Carné Xoven:
Unha tarxeta para as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. Para facelo tes que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas(atoparas estos impresos nas Omix e casas de Xuventude de Galicia)
O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.
Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Mais Información en:
http://xuventude.xunta.es/carne-xove.html

Carnés ISIC:

Dentro dos carnés ISIC, tes varias opcións:

A- Carné Internacional de Estudiante ISIC, é un carné internacional para estudiantes, sirve de identificación ante calquera oficina de viaxes, compañía ou museo que ofreza descontos. Permite obter excelentes descontos en billetes aéreos internacionais, billetes de ferrocarril e outros.

REQUISITOS:

  • Idade mínima de 12 anos. Non existe idade máxima.
  • Acreditar que es estudiante a tempo completo matriculado nun curso académico.
  • Unha fotografía tamaño pasaporte.
  • Ten un custe de 6 €

VALIDEZ:

A validez do carné é dende o 1 de septembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (15 meses).

B- Carné xoven Internacional(IYTC)

REQUISITOS:

  • Idade mínima de 12 anos, idade máxima 25 anos.
  • Unha fotografía tamaño pasaporte.
  • Ten un custe de 6 €

VALIDEZ:

A validez do carné é de 12 meses dende a data de emisión.

C- Carné Teacher

REQUISITOS:

  • Sen limite de idade.
  • Acreditar que se profesor con un mínimo de 18 horas a la semana.
  • Unha fotografía tamaño pasaporte.
  • Ten un custe de 8 €
VALIDEZ:

A validez do carné é dende o 1 de septembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (15 meses).

máis información en http://www.carneisic.es/

III Feira Europea de Emprego

Este ano a feria ser presencial e online.

A- Presencial
A Sesión presencial é o día 24 na facultade de socioloxía, con conferencia de Emilio Duró Pamies e mesas redondas e programa de radio.

B- On-line
Entre o 29 de novembro e o 5 de decembro haberá unha plataforma online, a web para acceder a esta información é www.feriaeuropeadeempleo.eu onde estarán colgadas as ofertas de traballo e as prácticas das empresas que participen, e onde poderán acceder, previa inscrición, todas aquelas persoas que queiran acceder a esas ofertas.

Máis Información en :
http://www.feriaeuropeadeempleo.eu

xoves, 18 de novembro de 2010

Bolsas de Formación na Unión Europea

Convócanse 9 bolsas de Formación en temas relacionados ca Unión Europea

Convoca: Fundacion Galicia Europa

Prazo: ata o 17 de Novembro do 2011

Mais información: DOG 27-10-2010 ou na web www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Bolsas de Formación do Ministerio de Educación

O ministerio de Educación convoca 147 Bolsas de formación en distintos campus educactivos, para consultar a oferta formativa ou acceder as bases das mesmas podedes consultar o BOE do 4-11-2010 ou o enderezo http://sede.educacion.gob.es

Bolsa de Promoción de turismo Internacional en Milán

Convócase unha Bolsa de Promoción de turismo Internacional en Milán

Convoca: Camara de comercio de Santiago de Compostela

Destinatarios: Titulados en Turismo menores de 30 anos

Máis información: www.camaracompostela.com

Becas Leonardo da Vinci (Proyecto EGAT III)

A Entidade Integra Consultoria convoca 5 Bolsas para titulacións relacionadas con formación en turismo, deseño gráfico e urbanismo de 13 semanas de duración.

Para maís información podedes consultar www.integra.org.es ou no telefono da entidade 981260365

mércores, 17 de novembro de 2010

Becas Stevenson 2001/2012


ENTIDAD ORGANIZADORA British Council


DESTINATARIOS
Poden optar a estas becas todos os estudiantes universitarios menores de 25 anos que estén matriculados actualmente ou que terminaran os seus estudios recentemente en algunha universidade española e que desexen estudiar en Escocia


FECHA LÍMITE31/03/2011


CUANTÍA
A cuantía da beca será de ata £4,000 pudendo variar esta cantidade considerablemente ca discreción do Comité Executivo. The Stevenson Exchange Committee concede 2 becas Stevenson para estudiar en universidades escocesas durante el período 2011/12.


mais información www.britishcouncil.org/es/spain-scholarships.htm

Foro achega oportunidades de estudos & primer emprego

A asociación Xuventude Galega en Europa - XuGa.eu, organiza a final de este mes un foro de emprededorismo e oportunidades de estudios.

Desta vez, a "xuga" vai o encontro da mocidade galega residente e estudando en Galicia para facerse coñecer e xerar sinerxias entre o mundo dos estudos e do emprendedorismo, dentro e fora de Galicia.

Cun programa completo e a grazas a colaboración da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua da Universidade de Santiago, esperamos poder reunir as condicións para o debate e ás oportunidades.

Santiago de Compostela - salón de actos do Colexio Maior Fonseca
Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela

Programa:

Venres 26 de novembro

19h00 - inauguración do evento - Presentación de Xuga.eu
22h00 - Serán tradicional galego

Sábado 27 de novembro

10h30 Oportunidades de estudios dentro de Galicia e Europa

Presentación das diferentes becas polo Vicerrectorado de Estudantes de Universidade de Santiago de Compostela

11h30 Presentación da Formación Profesional pola Secretaría Xeral de Orientación Profesional e Relacións Empresariais.

13h00 Asociacións universitarias, presentación e oferta

Erasmus Enxebre Compostela
MEIGA - Intercambios de medicina

16h00 "Emprender : a tua oportunidade de 1o emprego. Mesa redonda animada por Ana Mirás : xoven traductora e intérprete autónoma

FEGAXE - Federación Galega de Xóves Empresarios
MEIGALICIA - Turismo alternativo
Grupo Expansiona - Proxectos imobiliarios
Aporta - Comunicación & Medio Ambiente

17h00 Presentación do programa EYE : Erasmus for Young Entrepreneurs

UNINOVA

18h00 Peche do foro

XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO

Curso publicado en: Faro de Vigo (páx. 33) / La Voz de Galicia (páx. 33)

Entidade convocante: Fundación Galega da Formación para o Traballo

Localidade: Santiago de Compostela

Descrición: 22, 23 e 24 novembro 2010. Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Asistencia gratuíta

Inscrición e prazo: E-mail info@fgft.org. Tfno 981 546 842. Fax 981 544 604

CURSO EN HABILIDADES DIXITAIS PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE DA MULLER

Curso publicado en: La Voz de Galicia (páx. 27 mercados)

Entidade convocante: Fundación Universidade da Coruña

Localidade: A Coruña

Descrición: Para desempregadas, con nivel académico de estudiante ou titulada universitaria e con enderezo na Coruña. Valorarase ter coñecementos básicos no manexo do ordenador. Para a realización da selección das alumnas darase preferencia ás mulleres paradas de longa duración (12 meses), tendo prioridade as mulleres con cargas familiares. Nº de prazas: 20

Inscrición e prazo: Realización da proba de selección o 17 novembro ás 9 horas na Fundación Universidade da Coruña (Centro Cultural de Riazor). Paseo de Ronda nº 47, 2º andar. Tfno 981 167 000 ext. 4394/4362

BOLSAS DE TEATRO E EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL

Bolsa publicada en: BOP Lugo nº 258 (páx. 8)

Entidade convocante: Deputación Provincial de Lugo

Localidade: Lugo

Descrición: Convocatoria de 2 bolsas formativas: unha bolsa de xestión cultural e outra bolsa de teatro. Duración de 12 meses

Inscrición e prazo: 15 días naturais, a partires do seguinte ao da publicación no BOP

BOLSAS PARA PRÁCTICAS NO ORGANISMO TURISMO RÍAS BAIXAS

Bolsa publicada en: BOP Pontevedra nº 218 (páx. 60)

Entidade convocante: Deputación Provincial de Pontevedra

Localidade: Pontevedra

Descrición: Convocatoria de 4 bolsas de colaboración, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos do O.A.L. Turismo Rías Baixas durante o periodo comprendido entre o 1 decembro 2010 e o 30 novembro 2011

Inscrición e prazo: De luns a venres en horario de 9 a 13 horas

BOLSAS PARA PRÁCTICAS EN OFICINAS DE INFORMACIÓN E SERVIZOS TURÍSTICOS MUNICIPAIS

Bolsa publicada en: BOP Pontevedra nº 219 (páx. 54)

Entidade convocante: Concello de Vigo

Localidade: Vigo

Descrición: Convocatoria de 4 bolsas para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos municipais durante o período comprendido entre o 16 novembro 2010 e o 15 xullo 2011

Inscrición e prazo: 5 días hábiles, a partires do seguinte ao da publicación no BOP

luns, 15 de novembro de 2010

concurso de fotografía "O CAMIÑO DE SANTIAGO”.

Concurso De Fotografía “O Meu Camiño A Compostela”

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia convoca un concurso de fotografía "O CAMIÑO DE SANTIAGO”.

A través deste concurso se pretende que amosedes, mediante unha fotografía, cal é o significado persoal do camiño de Santiago.

Hai tres categorías: ata 13 anos; entre 14 e 30; e maiores de 30.

A técnica e o formato utilizados serán libres. As fotos deberán ser orixinais e inéditas. Establécense os seguintes premios por categoría: 90 €, 180 €, e 150 € respectivamente.

O tamaño mínimo da fotografía será: a) para formatos analóxicos, de 20 x 25 cm. b) para formatos dixitais, de 20 x 30 cm. Nos dous casos é obrigatorio montar a fotografía nun soporte (como cartolina), dun tamaño de 30 x 40 cm.

Entregaranse na sede da federación Don Bosco en man ou por correo (mellor certificado)

Data tope de entrega: Antes do 31 de decembro de 2010

Información: Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. R/ Belvís, 2. 15703 Santiago de Compostela. Tlf: 981 582243 / Fax: 981 570263. Correo electrónico: fed.galicia@confedonbosco.orgEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

bolsas de colaboración para Diplomados en Turismo

Convocánse catro bolsas de colaboración para Diplomados en Turismo ou ciclo superior en comercialización e Información Turística e a creación dunha lista de reserva por se fose necesaria.
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de catro (4) bolsas de colaboración, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos do O.A.L. Turismo Rías Baixas durante o periodo comprendido entre o 01 de decembro de 2010 e o 30 de novembro de 2011.

Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que, tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuir a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
2. Estar en posesión do título de Diplomado en Turismo ou equivalelente ou ciclo Superior en comercialización e Información turística, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2005 ou con posterioridade a esta data no momento de inicio de presentación de solicitudes.
3. Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste organismo por duración superior a un ano.
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes, importe bruto por beneficiario.
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas e presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, sito na praza Santa María, s/n, Pontevedra. Poderá facelo mediante fax (986868750), telegrama ou correo electrónico ( administracion.riasbaixas@depo.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) no mesmo día.
Máis información: Boletín Oficial da Provincia (BOP), núm. 218, do venres 12 de novembro de 2010. www.depontevedra.es

Ultimas Prazas na primeira xornada do programa Invernízate con nos

Aínda estas a tempo de participar nas actividades do programa Invernízate con nós de práctica de BTT, tiro con arco, corda tirolesa, iniciación ao rapell, orientación, xogos tradicionais, dinámica de grupos, recoñecemento de estrelas, orientación nocturna, rutas de sendeirismo e obradoiros de recoñecemento fotográfico da paisaxe e de construcións, para esta fin de semana do 19 ao 21 de Novembro.

Recorda que se eres posuidor do carné xove obterás un 25 por cento de desconto no prezo da praza, participar deberán cubrir a solicitude que atoparán na páxina web www.xuventude.net e entregala na OMIX xunto a unha fotocopia do DNI.

Programa "Invernízate con nós"

Xa está aberto o prazo para anotarte ao programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural orientado á mocidade que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Este programa de lecer e tempo libre no medio natural está orientado á mocidade e se desenvolverá durante as fins de semana de outono e inverno a partir do vindeiro día 19 de Novembro.

Os mozos e mozas de entre 18 e 35 anos poderedes gozar da práctica de BTT, tiro con arco, corda tirolesa, iniciación ao rapell, orientación, xogos tradicionais, dinámica de grupos, recoñecemento de estrelas, orientación nocturna, rutas de sendeirismo, obradoiros de recoñecemento fotográfico da paisaxe e de construcións, entre outras actividades.

Os posuidores do carné xove obteredes un 25 por cento de desconto no prezo da praza, que será de 75 euros e que incluirá o aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío; manutención completa durante a estadía, de tres días e dúas noites; o material preciso para desenvolver as actividades e o asesoramento dun monitor.

Pola súa banda, os participantes do ‘Invernízate con nós’ deberán levar útiles de aseo, roupa e zapatillas deportivas, prendas de abrigo e de protección fronte a chuvia, ademais de calzado forte e cómodo. Tamén terán que desprazarse ate o albergue de Gandarío polos seus propios medios e aceptar todas as condicións esixidas na folla de inscrición.

Os interesados en participar deberán cubrir a solicitude que atoparán na páxina web www.xuventude.net e que haberán de entregar nas oficinas municipais de información xuvenil (OMIX) dos seus concellos xunto a unha fotocopia do DNI. No caso de que as súas entidades locais carezan deste servizo poderán remitir a súa petición á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Para máis información podedes consultar ca Omix de Boiro.

Centro Social de Boiro
981842635

1º Edición do CONCURSO DE GRUPOS MUSICAIS ARTEFICIAL

1º Edición do CONCURSO DE GRUPOS MUSICAIS ARTEFICIAL

BASES :

1. O presente concurso levarase a cabo para posibilitar a grupos musicais non profesionais representar as súas propostas durante o “Festival Arteficial 2011”.
2. A participación no Concurso está aberta a tódol@s músicos tanto de forma individual coma colectiva.
3. O ámbito delimítase á Comunidade Autónoma Galega e abrangue a participación de formacións de calquera estilo musical.
4. Non poderán participar os grupos que formen parte dalgunha entidade que xestione os dereitos de autor (como a SGAE).
5. Tódolos interesados deberán enviar unha maqueta en formato Cd cun mínimo de 3 temas e un máximo de 6 (onde alomenos o 80% deberán ser temas propios e tendo en conta que na actuación en directo deberá ser o 100%) unicamente por correo postal á seguinte dirección:Concello de Ribadavia (Oficina Municipal de Información Xuvenil)Rúa/ Praza Maior nº132400 Ribadavia (Ourense)Para máis información sobre o concurso podedes facer as consultas pertinentes na dirección de correo electrónico araujomontero@hotmail.com ou consultar as webs do Festival: http://www.festivalarteficial.org/ http://www.myspace.com/festivalarteficial_org
6. Xunto ao CD débese cumprimentar a ficha de inscrición coa información sobre o grupo: nome, compoñentes, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico,...
7. Os traballos poderanse presentar a partires do 15 de Novembro e ata o 15 de Xaneiro, como data límite.
8. Un xurado encargarase de seleccionar de entre tódalas propostas recibidas os grupos que participarán no concurso.
9. A selección das bandas premiadas comunicarase por teléfono e vía e-mail.
10. As noites de actuación serán como mínimo dúas e o lugar onde se desenvolverán será na Sala do Club Artístico de Ribadavia. Os días e as horas comunicaranse unha vez feita a preselección das maquetas. Cada día tocarán 4 grupos, como mínimo, dos cales se seleccionarán os gañadores. A actuación de cada grupo non durará máis de 45 minutos, aproximadamente.
11. Os grupos deberán levar os seus instrumentos e amplificadores. A organización encargarase de achegar o equipo de son adecuado ao recinto.

Equipo dispoñible:

* 3 Micros Sm 58.
* 3 Micros Sm 57.
* Micro AKG para bombo.
* 2 Monitores Behringer de 350w c/ud.
* 2 Monitores Laney de 150w c/ud.
* Cableado Canon.
* 6 pes de Micro máis un específico para batería.
* Caixa de inxección.
* 2 Makies SR 1522z 500w c/unidad.
* Mesa Yamaha (12 entradas a Jack e 6 a canon).
o Mesa Beringher para monitores (12 entradas a Jack e 6 a canon).
o Posibilidade de equipo complementario se a organización o considera oportuno.



12. Durante o concurso, o formato de selección dos gañadores realizarase de tres xeitos diferentes: mediante o voto popular do público asistente, por medio do criterio do xurado e, por último, segundo as preferencias dos membros da Asociación Arteficial.. O xurado concretarase no mes de xaneiro na páxina web do festival e estará formado por un músico, un produtor e un crítico.



13. Polo tanto, os premios serán os seguintes:



- Premio do Público

- Premio do Xurado

- Premio Arteficial



Todos eles consistirán na contratación para tocar na quinta edición do festival “Arteficial” con data de 19 e 20 de Agosto de 2011, onde se inclúen os gastos de aloxamento, dietas e o pagamento de ata 250€. A organización engadirá algún outro premio se o cree conveniente e, en caso de que algún destes premios coincida, a Asociación Arteficial terá a potestade de actuar no modo que crea máis oportuno.



14. A organización non asume ningunha responsabilidade polos danos ou desperfectos que poidan xurdir.

15. A participación dos grupos dentro do concurso, supón a aceptación destas bases, a decisión das bandas premiadas e de todas as resolucións que a organización teña que tomar por causas alleas dentro da súa competencia.

“II Xornadas de Mobilidade Xuvenil” 18 de decembro en Santiago de Compostela

II Xornadas de Mobilidade Xuvenil en Santiago de Compostela.

O encontro pretende reunir os mozos e mozas participantes nos programas de mobilidade “Xuventude en Acción” e “Programa galego de mobilidade: A xuventude no mundo”, que realizaron os proxectos nos países de Europa e países veciños.
O obxectivo principal deste encontro é intercambiar as experiencia adquiridas nos diferentes programas de mobilidade xuvenil nos que participaron os mozos e mozas galegos e estranxeiros, tanto en Galicia como fóra.
Mediante os obradoiros, exposicións e conferencias que se van realizar neste encontro, os mozos e mozas que xa participaron nos distintos programas de mobilidade poderán profundizar nos seus coñecementos e ao mesmo tempo, animar a participar os mozos e mozas sen experiencia.
O encontro vai ter lugar o 18 de decembro en Santiago de Compostela.

Para inscribirse, as persoas interesadas teñen que cubrir e enviar o formulario de inscrición que se atopa no apartado de información do encontro das “II Xornadas de Mobilidade Xuvenil” dentro da páxina web www.xuventude.net

FORMACION PROFESIONAL A DISTANCIA

Oferta educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria , para formación profesional a Distancia, de grao superior en Educación Infantil e grao medio de Emergencias Sanitarias, no CIFP Ánxel Casal- Monte Alto (A Coruña)
Destinadas ás persoas adultas, especialmente, se teñen acreditada experiencia profesional, preferentemente nun sector relacionado con ciclo formativo.
Condicións de acceso: ter cumplidos 18 anos , posuír título de graduado en ESO ou equivalente para o grao medio e título de bacharelato ou equivalente, para os ciclos de grao superior.
Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de FP de grao medio ou superior.
Malia o anterior, as persoas adultas que non cumpran os requisitos anteriores poderán cursar ofertas de módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, sempre que teñan acreditada unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos.
O prazo de presentación de solicitudes é entre o 12 e o 18 de novembro de 2010.
Máis información 981 210112
http://centros.edu.xunta.es/cifpanxelcasal
www.edu.es

Programa multiaventura "invernízate con nós"

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vén de organizar un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural orientado á mocidade, que se desenvolverá durante as fins de semana de outono e inverno a partir do vindeiro día 19 de Novembro.

Os mozos e mozas de entre 18 e 35 anos poderán gozar da práctica de BTT, tiro con arco, corda tirolesa, iniciación ao rapell, orientación, xogos tradicionais, dinámica de grupos, recoñecemento de estrelas, orientación nocturna, rutas de sendeirismo, obradoiros de recoñecemento fotográfico da paisaxe e de construcións, entre outras actividades.

Os posuidores do carné xove obterán un 25 por cento de desconto no prezo da praza, que será de 75 euros e que incluirá o aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío; manutención completa durante a estadía, de tres días e dúas noites; o material preciso para desenvolver as actividades e o asesoramento dun monitor.

Pola súa banda, os participantes do ‘Invernízate con nós’ deberán levar útiles de aseo, roupa e zapatillas deportivas, prendas de abrigo e de protección fronte a chuvia, ademais de calzado forte e cómodo. Tamén terán que desprazarse ate o albergue de Gandarío polos seus propios medios e aceptar todas as condicións esixidas na folla de inscrición.

Os interesados en participar deberán cubrir a solicitude que atoparán na páxina web www.xuventude.net e que haberán de entregar nas oficinas municipais de información xuvenil (OMIX) dos seus concellos xunto a unha fotocopia do DNI. No caso de que as súas entidades locais carezan deste servizo poderán remitir a súa petición á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

II Emporium Woman Emprende

A Universidade de Santiago de Compostela organiza o II Emporium Woman Emprende no X Congreso Internacional sobre emprendemento universitario os días 18 e 19 de novembro de 2010, co obxectivo de debatir sobre a posta en valor dos resultados de investigación e a súa transferencia mediante a creación de spin-off académicas.
mais información en:

UNIEMPRENDE
Tel. +34 881 815 596 · +34 881 815 560 · +34 881 815 561
Correo electrónico: rosamaria.sanchez@usc.es
www.womanemprende.org

ofertas de emprego Publico

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO:

I) 1 TÉCNICO/A MEDIO:

* Publicado: La Voz de Galicia do 12-11-2010.
* Entidade: Concello da Estrada.
* Requisitos: entre outros, titulación de Enxeñeir@ T. Agrícola, Enxeñeiro T. Forestal ou Enxeñeir@ T. en Deseño Industrial.
* Condicións: 2 meses a xornada completa. Ampliable ata 6 meses.
* Prazo: ata as 13 h do 5º día natural posterior, contado a partires da publicación. (17 de novembro de 2010)
* Contacto: www.aestrada.com

II) LICENCIADO/A EN CC DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

* Publicado: La Voz de Galicia do 12-11-2010.
* Entidade: Concello da Estrada.
* Requisitos: entre outros, estar en posesión do carné de conducir tipo B-1.
* Condicións: 2 meses a xornada completa. Ampliable ata 6 meses.
* Prazo: ata as 13 h do 5º día natural posterior, contado a partires da publicación. (17 de novembro de 2010)
* Contacto: www.aestrada.com

martes, 9 de novembro de 2010

Festival Cinema Social Accion 2010

12-13 e 14 de Novembro 2010

Festival Cinema Social Accion 2010

Venres 12
20.00 Exposición "Animalarium" Ollapáro. Casa da Cultura de Boiro

Sábado 13
21.00 Proxección de documentais "el Barri es Nostre" "Atrapadas en el estrecho" "Escuela de Babel". Asociación Borobó+Asociación Agareso+Ong Contacto. Sala ESE

24.00 Monólogo Musical. Sala ESE.

Domingo 14
20.00h Proxección Documental 30 anos da Banda de Música Municipal de Boiro. Casa da Cultura de Boiro

+ Información na web do Concello ou no Centro Social de Boiro

mércores, 3 de novembro de 2010

ADJUDICADA a Praza libre para un intercambio xuvenil en Sicilia

ADJUDICADA a Praza libre para un intercambio xuvenil en Sicilia(Pozzo di Gotto) do 26 de Novembro ao 3 de Decembro.

Que son os intercambios xuvenís?

Os intercambios xuvenís é unha acción dentro dos programa Xuventude en Acción que ten coma obxectivo ofrecer a posibilidade aos moz@s de diferentes países atoparse e coñecer mellor as súas culturas. Teñen sempre un tema en común.

Intercambio en Sicilia

Neste caso é un Intercambio Europeo en Sicilia (Pozzo di Gotto) do 26 de Novembro ao 3 de Decembro.

No intercambio Europeo participaran 31 xóvenes de entre 18 e 25 anos de diferentes países(Italia, Bulgaria, Grecia, Portugal, Rumania e España).

O Obxectivo principal do intercambio “Urban Rural Art” é ofrecer a oportunidade aos participantes para falar sobre mediomabiente, exclusión social, participación social e desenvolvemento social usando como ferramenta as tendencias artísticas de cada país. O intercambio consistirá nunha semana de talleres artísticos. Como conclusión do seminario se elaborará unha guía sobre os talleres, participantes e artistas que colaboraron co intercambio xuvenil e que posteriormente se enviará as axencias nacionais implicadas en cada pais.

Condicións

As condicións para poder participar neste Intercambio xuvenil é ter menor de 25 anos e ganas de participar nun proxecto Europeo.

Os gastos intercambios son subvencionados ao 100% gastos de aloxamento e manutención e 70% gastos de viaxe(@s participantes deberán abonar o 30% dos gastos da viaxe).

Prazo de Solicitude

Ata o Venres 5 novembro 2010

Información e Inscripcións

Omix Boiro

Centro Social de Boiro

R/ Poeta Manuel María s/n

15930. Boiro

981842635

centrosocial@boiro.org

Actividades organizadas pola Dirección Xeral Xuventude

Se queredes recibir información sobre actividades organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade so tedes que enviar un correo electrónico a este enderezo indicando os seguintes datos:

Nome e Apelidos
Data de Nacemento e DNI
Enderezo(Rúa, letra, Cp, localidade e Provincia)
Correo electrónico
Perfil Profesional

a información será tratada con confidencialidade só dándoselle uso para envío de novas da Dirección Xeral acerca de actividades, becas, axudas e outras actividades para xóvenes

oferta de Cursos das Cámaras de Comercio Industria e Navegación de: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

As Cámaras de Comeracio, Industria e Navegación das distintas provincias de Galicia organiza cursos o largo de todo o ano, e todolos anos, uns on-line e outros presenciais.

Para ver os cursos, prazos etc , podedes consultar nos enlaces as páxinas das Cámaras:

http://www.camaracompostela.com/

http://www.camaracoruna.com/

http://www.camaralugo.com/

http://www.camaraourense.com/

http://www.camarapontevedra.com/joomla/

http://www.camaravigo.com/

Bolsa de emprego para Economistas da Unión Europea.

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

A Unión Europea, convoca unha bolsa de emprego para constituir unha lista de reserva para cubrir postos vacantes na Comisión Europea do corpo de economistas.


Información Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

INFORME SEMANAL do 25 ao 31 de outubro de 2010 de www.xuventude.net

Bolsas de formación complementaria en bibliotecas dos centros propios da UDC

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

A Universidade da Coruña, co fin de favorecer a formación complementaria do estudantado desenvolvendo a súa formación teórica e práctica, fai pública a convocatoria de 22 bolsas de formación complementaria, ampliable segundo dispoñibilidade orzamentaria, en bibliotecas dos centros propios da UDC para colaboración en tarefas bibliográficas..


Contía e período

O importe bruto da axuda será de 1.080 euros que se aboarán en pagamentos mensuais de 216 euros ao que se lle aplicarán, se fose o caso, as retencións correspondentes. O pagamento efectuarase con referencia á situación do dereito da persoa bolseira ao día último do mes que corresponda.

A bolsa terá a súa vixencia dende o día 15 de xaneiro ao día 15 de xuño (5 meses), recibindo o alumno ao remate da mesma unha certificación do Centro como “bolseiro de colaboración en tarefas bibliográficas”.


Requisitos das persoas solicitantes

As persoas solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos:

-Estar matriculado no curso 2010/2011 na Universidade da Coruña en estudos oficiais nos seguintes niveis:

Segundo ciclo de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñaría Superior.

Terceiro curso de Diplomaturas.

Titulacións de segundo ciclo.

Terceiro ou cuarto curso de Grao.


Condicións da bolsa

-Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico da persoa solicitante.

-A persoa solicitante só poderá presentar a súa candidatura na Biblioteca do Centro no que estea adscrita a titulación que cursa, agás os estudantes da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación e da Licenciatura en Documentación que poderán optar a calquera.

-As tarefas de colaboración non serán especializadas ni propias do persoal de biblioteca. Serán tarefas de apoio á actualización e promoción dos fondos bibliográficos dos centros, segundo as directrices marcadas pola Comisión de biblioteca ou, no seu caso, pola Dirección da biblioteca.

- A ampliación, de se producir, farase seguindo a listaxe de agarda


Incompatibilidades

- Ter sido beneficiario desta bolsa en convocatorias anteriores.

- Ter sido beneficiario doutras bolsas propias da UDC que en conxunto coa convocatoria actual superen os 12 meses.

- Exceder 28 anos de idade durante o período de goce da bolsa.

- Percibir calquera outra axuda económica co mesmo fin (bolsas do Ministerio de Educación ou da Xunta de Galicia).

- Realizar calquera outra actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional.


As solicitudes presentaranse nos seguintes lugares:

-Rexistro Auxiliar de Acceso e Información. Casa do Francés. Campus da Zapateira

-Rexistro Auxiliar de Ferrol (Rúa Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro. 15403 – Ferrol)


O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14hh do 10 de novembro de 2010.


Información

www.udc.es

Bolsas de formación nos departamentos dos centros propios da UDC

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

A Universidade da Coruña, co fin de favorecer a formación complementaria do estudantado desenvolvendo a súa formación teórica e práctica, fai pública a convocatoria de 44 bolsas de formación complementaria, ampliable segundo dispoñibilidade orzamentaria, nos Departamentos da Universidade da Coruña para a realización de tarefas de iniciación e apoio á investigación.


Contía e período

O importe bruto da axuda será de 1.440 euros que se aboarán en pagamentos mensuais de 288 euros aos que se lles aplicarán, de for o caso, as retencións correspondentes. O pagamento efectuarase con referencia á situación do dereito da persoa bolseira ao día último do mes que corresponda.

A duración da bolsa será desde o día 15 do mes de xaneiro ata o día 15 do mes de xuño (5 meses). A persoa beneficiaria da bolsa recibirá ao remate da mesma unha certificación do Departamento como “bolseiro de iniciación e apoio á investigación”.


Requisitos das persoas solicitantes

As persoas solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos:

- Estar matriculado no curso 2010/2011 na Universidade da Coruña en estudos oficiais nos seguintes niveis:

.- Segundo ciclo de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñaría superior.

.- Terceiro curso de Diplomaturas

.- Titulacións de segundo ciclo

.- Terceiro ou carto curso de Grao

Incompatibilidades

- Ter sido beneficiario desta bolsa en convocatorias anteriores.

- Ter sido beneficiario doutras bolsas propias da UDC que en conxunto coa actual convocatoria superen os 12 meses.

- Exceder 28 anos de idade durante o período de goce da bolsa.

- Percibir calquera outra axuda económica co mesmo fin (bolsas do Ministerio de Educación ou da Xunta de Galicia).

- Realizar calquera outra actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional.


Lugar e prazo de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse no seguintes lugares:

-Rexistro Auxiliar de Acceso e Información. Casa do Francés. Campus da Zapateira

-Rexistro Auxiliar de Ferrol (Rúa Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro. 15403 – Ferrol)

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14hh do 10 de novembro de 2010.


Información: www.udc.es

Bolsas para estudantes da Universidade de A Coruña

A Universidade da Coruña fai pública a convocatoria de bolsas de colaboración para formación complementaria do estudantado da Universidade da Coruña.

Obxecto da axuda
O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 4 bolsas de colaboración que permitan a formación teórica e práctica do estudantado matriculado nun centro propio da Universidade da Coruña en estudos conducentes á obtención dun título oficial, mediante a realización de actividades de colaboración en diferentes áreas de interese formativo, como son, as áreas de cultura e comunicación, calidade e novas tecnoloxías, infraestrutura e xestión medioambiental,

A dotación total das bolsas será de dez mil oitenta euros (10080 €), a razón de 360 euros mensuais cada unha delas:
- 2 Bolsas de formación na área de cultura e comunicación
-1 Bolsa de formación na área de calidade e novas tecnoloxías
-1 Bolsa de formación na área de infraestrutura e xestión medioambiental

Requisitos xerais básicos
Todas as persoas solicitantes dunha bolsa deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado en estudos oficiais na Universidade da Coruña.

Non exceder de 28 anos de idade durante o período de aproveitamento da bolsa.

Non percibir ningunha axuda económica incompatible. Tampouco poderá realizarse ningunha actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional.

Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico de quen presenta a solicitude. Alén dos requisitos anteditos, a persoa solicitante dunha bolsa, deberá cumprir en cada caso os requisitos específicos que figuran nos anexos 1, 2 e 3, correspondentes ás distintas áreas de formación, se os houber.

Non ter sido beneficiario dunha bolsa de colaboración por un período superior a 12 meses.

Non se poderán aproveitar da mesma bolsa aquelas persoas que xa a aproveitaran en cursos anteriores.

no obstante, se a bolsa foi inferior a 12 meses, sempre que se cumpra o suposto de rotación (véxase núm. 6) poderase optar a calquera outra bolsa ata cumprir os 12 meses. Chegado ese límite a bolsa será adxudicada automaticamente á persoa seguinte na listaxe de agarda. Esta circunstancia será comunicada á Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais polo/a titor/a da persoa bolseira.

Contía e período
O importe bruto da axuda será de 360€ mensuais, ao cal se lle aplicará, de ser o caso, as retencións correspondentes.

A duración destas bolsas será de 7 meses comprendidos entre o día 1 de decembro de 2010 e o 30 de xuño de 2011, cunha dedicación de 10 horas semanais, sen que o tempo de dedicación diaria poida exceder de catro horas. O horario concertarse co/a titor/a tendo en conta a ocupación lectiva da persoa adxudicataria.
A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado pola persoa interesada, en que se compromete a cumprir todas as condicións recollidas nesta convocatoria.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña) ou nos Rexistros Auxiliares da Coruña (Casa do Lagar, Campus de Elviña, 15192 A Coruña) ou de Ferrol (Rúa Vázquez Cabrera, s/n, Campus de Esteiro, 15403 Ferrol), antes das 14:00 h. do día 4 de novembro de 2010
Información: www.udc.es