luns, 29 de xuño de 2020

curso para monitores e directores polo COVID

http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/voluntariado/index.php?mod=cur&idc=182


O prazo de inscrición estará aberto do 29 de xuño ao 01 de xullo
Destinatarios/as: Profesionais do ámbito do tempo libre infantil e xuvenil. Terán prioridade os monitores e directores de tempo libre, os directores de campos de voluntariado, e persoas con certificado de profesionalidade deste ámbito.

É IMPORTANTE QUE INDIQUEDES CLARAMENTE QUE DISPOÑEDES DO TÍTULO CORRESPONDENTE POSTO QUE SE VAI A COMPROBAR. A ACEPTACIÓN DE MATRÍCULAS REALIZARASE POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Nº. de horas: 10

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 500

Contidos:

- Reflexión inicial sobre o ocio educativo e o tempo libre
- Xustificación do curso de formación


*Módulo 1: Virus respiratorios emerxentes

- Que son os coronavirus
- Síntomas da Covid-19 e contaxio
- Mecanismos de hixiene
- Protección previa nas actividades de tempo libre

*Módulo 2: Medidas persoais de prevención e hixiene
- Medidas individuais: distancia de seguridade e emprego de máscara
- Métodos de hixiene e limpeza

*Módulo 3: Medidas nas instalacións
- Aspectos xerais
- Espazos
- Zonas de comedor e similares
- Zonas comúns
- Lavabos e duchas
- Zonas de descanso: habitacións e tendas de campaña

*Módulo 4: Medidas nas actividades
- Aspectos xerais
- Exemplos de adecuación das actividades
- Limpeza de materiais de actividades
- Modelo de declaración responsable
- Actuación ante un posible caso de Covid-19

*Bibliografía e webgrafía

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: do 03 ao 10 de xullo de 202

Formación mocidade no sector pesqueiro


PROXECTO RELEVO 2020
A proposta, de carácter formativo, busca o relevo xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación de mozos e mozas mediante formación e mellor coñecemento dos recursos.
Ademais entre os seus obxectivos tamén se atopan:
- Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e loitar en contra do cambio climático.
- Sensibilizar aos xóvenes na importancia do sector pesqueiro, no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.
- Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para  mozos e mozas do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.
- Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou inclusión social.
O desenvolvemento terá lugar nos territorios, ámbito de influencia dos GALP participantes durante as anualidades 2020 e 2021 e o seu destinatario serán xóvenes con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Haberá un número de prazas limitadas, igual en todos os territorios. 
A iniciativa estructúrase segundo as seguintes actuacións:
1 SEMINARIOS. A través dun programa de contidos previamente establecido.
2 TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS.
3 SAÍDAS DE CAMPO PARA ESTUDO DOS RECURSOS LOCAIS.
4 ENCONTROS CON OUTROS MOZOS E MOZAS CON EXPERIENCIA.
5 VISITAS PARA COÑECEMENTO DOS RECURSOS DO SECTOR PESQUEIRO NOUTROS TERRITORIOS.

mércores, 17 de xuño de 2020

Formacion en industriais musicais


➡️Formación práctica con profesionais do sector
➡️Orientación na procura de emprego
➡️Gratuíto
➡️Para mozas e mozos con interese na temática, pero sen necesidade de coñecementos nin formación previa

Nos próximos días iremos ampliando información

WhatsApp: 606 026 202
📩 juventud@paideia.es
📞 981 223 927
📞 981 817 000

Inscríbete: https://www.paideia.es/empleo-juvenil/