mércores, 30 de setembro de 2015

Teatro este venres en Boiro





Este venres 2 de outubro ás 21h, na casa da cultura de Boiro, teatro GO ON!
Comedia destinada a público adulto

SINOPSE
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

“GO ON!” recompila esta experiencia límite que deixa aos do “Al filo de lo imposible” como simples boyscouts.
“GO ON!” é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.


martes, 29 de setembro de 2015

luns, 28 de setembro de 2015

Curso dirección de tempo libre


Intercambio multilateral Erasmus+ en Sicilia - Italia

Países participantes: Bulgaria, Portugal, Romanía, Hungría, Letonia, Eslovaquia,Estonia,Reino Unido, Italia e España.
Datas de realización do intercambio: do 20  ao 28 de outubro de 2015.
Destinatarios/as: persoas mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos.
Prazas: 4 prazas.
Prazo de inscrición: do 27 de setembro ao 4 de outubro de 2015.

Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información:
galeuropa@xunta.es
981 544 645 e 981 544 869
enlace da nova

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

venres, 25 de setembro de 2015

Premios de poesía

XIII Premio de poesía AFundación:ata o 2 de outubro está aberto o prazo de presentación de traballos http://bit.ly/1LPVhFU

Praza de investigación. Bioloxía

Convocatoria de contrato como persoal laboral. INVESTIGADOR/A EN FORMACIÓN. Licenciatura/grao en Bioloxía, ou titulación equivalente. Universidade de Valencia
Máis info: http://goo.gl/YbQ0RH

mércores, 23 de setembro de 2015

Curso merchandising visual

Datas de celebración: do 1 ó 27 de outubro de LUNS A XOVES
Horario: de 20:30 a 22:00 horas
Duración total: 20 horas
Lugar de celebración: Centro Social de Boiro
Prazas do curso: 25
Custo: Gratuíto
Prazo de inscripción: ata o 1 de outubro no Concello de Boiro Máis info no departamento de urbanismo do Concello de Boiro

Esta fin de semana en Boiro..Teatro!


Venres 25 de setembro 
ás 21:00 h. na Casa da cultura "Historias de vida, amor, guerra e case morte"

Sábado 26 de setembro 
ás 12:00 h. na Rúa Peonil Santos Mieites
clown e acrobacias con Totum Revolutum. Cia. vueltos de Rosca

Búscanse artistas e xestores culturais en América Latina






Máis info neste enlace

martes, 22 de setembro de 2015

I Simposio científico intern.de xoves investigadores


Hoxe recomendamos...

O Festival Mar de mares
un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, e se celebra en A Coruña entre o 24 de setembro e o 4 de outubro,con un programa de actividades, exposicións, degustacións gastronómicas...visita e coñece máis información neste enlace: http://festivalmardemares.org

xoves, 17 de setembro de 2015

Becas do ministerio

Lembramos que a finais deste mes remata o prazo para solicitar as BECAS do ministerio e que se tes problemas para cumplimentar o procedemento online de solicitude, podemos botarche unha man

martes, 15 de setembro de 2015

Curso de dirección en tempo libre en Boiro



Comezamos en outubro, te apuntas?

Para máis info no Centro Social de Boiro

Pecha Kucha de empresas do sector tecnolóxico

Se tes unha empresa que pertence ao sector tecnolóxico e quere darse a coñecer noutros sectores, este é o teu evento. Se a túa empresa non pertence ao sector tecnolóxico, pero interésache que empresas tecnolóxicas te coñezan, tamén!
Data: 2 de outubro de 2015
Hora: de 11:00 a 17:15 h
Lugar: 
Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
A entrada e participación é de balde.
programa da xornada é o seguinte:
  • 11:00-11:15 Recepción e acreditación de asistentes.
  • 11:15-11:30 Presentación institucional.
  • 11:30-12:30 Sesión inaugural “Somos híbridos”, con Ana María Llopis.
  • 12:30-13:30 Sesións paralelas:
  • Pecha-kucha “Abrindo portas” Presentacións de proxectos e empresas innovadoras.
  • “Imaxinemos un futuro xuntos... “ Encontros bilaterais entre empresas-entidades, xa pre-concertadas e con espazo reservado.
  • 13:30-15:00 Xantar networking “Tapas híbridas”, incluído na inscrición.
  • 15:00-17:00 Espacio-lab:
  • “Design thinking ou thinking design?”
  • “Construción e deseño con cultura maker”
  • 15:00-17:00 Espazo reunións
  • 17:00-17:15 Peche

xoves, 10 de setembro de 2015

Bolsas en Europa para mozos/as de 16 a 25 anos

PRÁCTICAS GALEUROPA

Se tes entre 16 e menos de 25 anos estas prácticas son moi interesantes para ti e ademáis a  Asociación Muxema encárgase de realizar todas as xestións necesarias para tramitar a bolsa.


Para ser beneficiario das prácticas Galeuropa hai que cumprir os seguintes requisitos:
1. Estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil no ámbito autonómico de Galicia.Se non estas inscrito acudir ao INEM da túa localidade.
2. Ter máis de 16 anos (preferiblemente máis de 18 anos) e menos 25 anos.

Para poder optar ás Bolsas Galeuropa debes enviar o formulario de inscrición que encontrarás adxunto a este email e de modo opcional enviar o seu curriculum.

As prácticas teñen unha duración de 2 meses consecutivos dende Outubro de 2015 con unha xornada de traballo de 5 horas ao día.

A bolsa subvenciona 100%:
-Aloxamento
-Manutención
-Transporte local
-Seguro de responsabilidade civil
-Seguro médico (Tarxeta Sanitaria Europea)
-Billetes (Por exemplo axuda de ata 275 euros)
-Curso de idioma de 11 horas de duración

A data límite de inscrición será o próximo 20 de setembro e o proceso de selección levarase a cabo o 21 de setembro o cal consistirá nunha entrevista persoal e un test de motivación moi sencillos. O curso de idioma terá lugar o 25 e 26 de setembro. En principio está previsto que as persoas interesadas partan o día 30 de setembro.

Para calquera dúbida ou información adicional podes poñerte en contacto mediante email: ue.practicas@gmail.com ou do teléfono 634.81.20.27.

Prácticas no CSIC en Santiago de Compostela

O CSIC OFERTA 8 CONTRATOS EN PRÁCTICAS DE 24 MESES PARA MENORES DE 30  EN SANTIAGO

4 Técnicos/as Superiores FP Rama Química
4 Licen/Graos Bioloxía/Química
 2 Técnicos/as Superiores FP Ramas Imaxe e Son/Artes Gráficas
4 Licen/Graos Psocoloxía/Informática/Historia/Antropoloxía


Prazo de presentación de solicitudes aberto até o 21 de setembro de 2015.Información: http://bit.ly/1fZi35g

CULTURA E COMUNICACIÓN NA EUROPA DO SÉCULO XXI




A xornada gratuíta tenta crear un marco de reflexión sobre as políticas de comunicación, o papel da cidadanía, a creatividade cultural en tempos de crise económica, as relacións, moitas veces difíciles, entre o xornalismo e a industria cultural, e o emprendemento comunicativo en materia cultural así como o papel das institucións na difusión e na comunicación cultural.
Esta xornada está especialmente orientada a profesionais da comunicación, da xestión cultural e da difusión da cultura. A finalidade é achegar ao sector cultural galego ideas, debates e portas desde as que construír os alicerces da comunicación cultural da vindeira década.


PROGRAMA

Sesión da mañá

9:30 horas
Inauguración da xornada

10:00 horas
Como Internet redefine as nosas identidades culturais
Carlo Sorrentino, profesor de Socioloxía dos Procesos Culturais e da Comunicación. Università di Firenze

11:00 horas
Arts activity in a time of national crisis - An Irish perspective
Mary McCarthy, directora da National Sculpture Factory (Cork)

12:00 horas
Descanso

12:30 horas
O cuarto poder na rede. Desafíos e oportunidades para a información cultural
Víctor Sampedro, catedrático de Xornalismo. Universidad Rey Juan Carlos

13:30 horas
Debate cos relatores da mañá

Sesión da tarde

16:30 horas
Periodismo e industria cultural
Blanca Berasátegui, directora de El Cultural

17:30 horas
Mesa redonda: A comunicación desde os centros e entidades culturais
-Raquel Martínez, profesora de Xornalismo. Universidad de Valladolid
-Javier Pantoja, xefe da Área de Desenvolvemento Dixital. Museo Nacional del Prado

18:30 horas
Descanso

18:45 horas
Mesa redonda Experiencias de comunicación cultural
-Carles A. Foguet, director de comunicación e fundador de Jot Down
-Marta Peirano, xefa de cultura de eldiario.es

20:15 horas
Peche das sesións

Máis info en http://consellodacultura.gal/evento/200399