xoves, 31 de outubro de 2013

Mes audiovisual






e xa podemos adiantarvos..o mes audiovisual que teremos en boiro e todo de balde! que máis se pode pedir para facer os xoves pola tarde

Nova Exposición no Centro Social de Boiro





Ainda podes ver a última expo de olláparo no centro social pero sólo hoxe...dense prisa!! porque a partir do luns contaremos cas acuarelas de Sofia Regueira.

Curso de Calceta


mércores, 30 de outubro de 2013

Curso de primeros auxilios




Se queres formarte en primeros auxilios a Cruz Vermella de Boiro está organizando un curso dende o 8 de novembro ata o 17 de decembro, que se impartirá nos venres de 16h a 20h e sábados de 10h a 14h e o mellor aínda quedan plazas libres.
Para isncricións e información ponte en contacto ca Cruz Vermella no 981842635.

Programación cultureta





Xoves 31 de outubro

12h Lan Party Uxianet(ata 3 de novembro)
Casa da Xuventude de Ribeira

20h concurso de cabazas
Bar Lovento(Pobra do Caramiñal)

20.45h Cata degustación de viños galegos e internacionais
Abadía de San Henrique(Boiro)

21h Monólogo de Sergio Pazos
Auditorio Museo Valle Inclán(Pobra do Caramiñal)

21.30h Teatro "Cipriano Bequelar"
Auditorio de Ribeira

23.15h Concerto Litristas(Festa Samaín)
Bar A Caseira(Ribeira)

Venres 1 de novembro(seica todos os santos)

21h Noite de Defuntos
 L.S Aturuxo(Boiro)

23h Concurso de cabazas(Festa Samaín)
Curral do Marqués(Taragoña)

Sábado 2 de novembro

10h Xornadas micolóxicas
Centro Interpretación Baroña(Porto do Son)

23.15h Concerto Amigos de Nunca
Bar Botter(Ribeira)

Festa de Samaín
Duplex(Boiro)

Becas da Deputación de Pontevedra

Becas para menores de 35 años sen experiencia laboral. O salario son 800 € para universitarios, 700 € para ciclos superiores e 600 € para ciclos medios. A duración son 6 meses e pueden ser prorrogables ata 6 meses máis.
15 BECAS PARA CICLOS MEDIOS DE FP NO II PLAN DE PRACTICAS LABORAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Bases: http://bit.ly/16Jfz5D

126 BECAS PARA CICLOS SUPERIORES DE FP NO II PLAN DE PRACTICAS LABORAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Bases: http://bit.ly/16Jfz5D 

100 BECAS PARA PERSOAS DIPLOMADAS NO II PLAN DE PRACTICAS LABORAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Bases: http://bit.ly/16Jfz5D 

181 BECAS PARA PERSOAS LICENCIADAS/GRAOS NO II PLAN DE PRACTICAS LABORAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Bases: http://bit.ly/16Jfz5D
O Prazo de solicitude permanecerá aberto ata o día 12 de Novembro de 2013


martes, 29 de outubro de 2013

Certame de música xove



O 8 de novembro remata o prazo para presentarse ao certame #musicaxove2013!! A final, o 30 de novembro na Sala Capitol, contará como banda convidada a Napoleón Solo!!!! Será un gran concerto! Lembrade inscribir á vosa banda antes de que remate o prazo!!!! Unha aperta.

Info e inscrición no #musicaXove2013: http://bit.ly/18uY836

Curso de “Inglés para Viaxar” en Santiago

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Inglés para Viaxar, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2013. O curso celebrarase no Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela.
Obxectivo do curso: desenvolver a competencia comunicativa en relación co uso da lingua inglesa en contextos de mobilidade.
Destinatarios/as: mocidade entre 18 e 30 anos de idade, que dispoñan do Carné Xove, e con coñecementos previos de inglés a nivel Bacharelato (nivel B1) ou ESO (nivel A2).
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación das solicitudes  e de acordo coas seguintes prioridades.
1º- Solicitantes que acrediten un nivel B1 de lingua inglesa: estudos de Bacharelato, Ciclo Medio de Formación Profesional, Ciclo Superior de Formación Profesional, estudos nas Escolas Oficiais de Idiomas.
2º- Solicitantes que acrediten un nivel A2 de lingua inglesa: estudos de ESO ou equivalentes.
Número de horas: 20 (12 horas de clases presenciales, divididas en 8 sesións de 90 minutos de duración, e 8 horas de clases a distancia).
Número de prazas: 20
Contidos:
  • Planning your trip.
  • Looking for accommodation.
  • Moving around.
  • Eating out.
  • What’s on?
Modalidade de impartición: semipresencial.
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.
Datas de realización: do 19 de novembro ao 19 de decembro de 2013.
Sesións Presenciais: tódos os martes e xoves de 18.00 a 19.30 horas.
Data de inscrición: do 29 ao 11 de novembro de 2013. Cubrir e enviar o seguinte formulario.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Información:
Centro Coordinador de Información Xuvenil
Tel.: 881997606/07

Correo: oixuventude.traballo@xunta.es

Convocadas 34 bolsas de prácticas en empresas para titulados da UDC

A Universidade da Coruña, convoca estas bolsas para prácticas profesionais no estranxeiro como bolsas Leonardo "Proxecto Hi Training". As prácticas profesionais son en empresas estranxeiras de Alemaña, Italia, Francia, Reino Unido, Bélxica e Irlanda cunha duración de 24 semáns cada unha.O prazo de presentación de solicitudes é ata o 15 de novembro de 2013.
Máis información www.udc.es

Curso de Organización e xestión de accións de dinamización da información para a mocidade en Santiago de Compostela

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 90.
Nº de prazas: 30.
Contidos:
  1. Técnicas e estratexias de motivación á participación dende os servizos de información xuvenil.
  2. Utilización de espazos virtuais na información xuvenil.
  3. Análise dos medios de comunicación e da súa utilización polos servizos de información xuvenil.
  4. Deseño e organización de campañas informativas para a mocidade.
Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade a distancia con exame final presencial que terá lugar no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago.
Datas de realización: do 15 de novembro de 2013 ao 17 de xaneiro de 2014.
Exame final presencial: 17 de xaneiro de 2014, de 10.00 a 11.30 horas.
Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas 6 de novembro de 2013.
A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude:
FORMULARIO DE SOLICITUDE
Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Praza do matadoiro, s/n.
15703-Santiago de Compostela.
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607

Correo electrónico: oixuventude.traballo@xunta.es

Axudas predoctorais

O Ministerio de Economía e Competitividade convoca 80 axudas para contratos predoctorais Severo Ochoa, distribuídos nos 13 Centros de Excelencia Severo Ochoa:
(7)Matemáticas, Ciencias Experimentais e Enxeñería
(5)Ciencias da Vida
(1)Ciencias humanas e sociais

Información: http://bit.ly/1diArAl

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2013

mércores, 23 de outubro de 2013

3 persoas para un intercambio xuvenil en Reino Unido



BÚSCANSE  3 participantes con máis de 18 anos para o Intercambio Internacional en Gloucestershire (Reino Unido). Para o intercambio cúbrense o 100% da manutención e aloxamento e os participantes só terán que pagar o 30 % da súa viaxe.
O intercambio será do 3 ao 10 de decembro de 2013 . O intercambio “eastern religions an yung people” é un intercambio xuvenil multilateral, no que participarán 30 participantes de 8 países (Romanía, Lituania, Grecia, Alemaña, Bulgaria, España, Croacia, Holanda).

* Non é preciso nivel de inglés para o Intercambio Internacional

Para obter máis información, póñase en contacto mediante mail 

Charla sobre o mercado laboral en Noruega

A cruz vermella de Santiago dará mañá xoves ás 11.30h unha charla gratuíta sobre o mercado laboral en  Noruega. O enderezo é:

Cruz Roja Española en Santiago de Compostela
 Avda. de Lugo, s/n

 Santiago de Compostela

Talleres formativos da ABE e Cámara de Comercio

Gratuíta e moi interesante...

Xornada/Taller: Introdución á cata de viños.
Fecha de celebración: 13/11/2013
Lugar: Boiro. Asociación Boirense de Empresarios.
Duración: 2h.
Poñente: D. Jesús Tomé.

Xornada / Taller de Escaparatismo e creación de ideas.
Fecha: 31/10/2013
Hora: 14.30-17.30 (3h.)
Lugar: Boiro. Sede de la ABE, Avd. de la Constitución,85 Entrs A, Boiro. En colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios.
Poñente: Encarnación Juncal Ave. Blackescaparatismo.

Xornada formativa: Elaboración e conservación de productos e pratos semicociñados.
Fecha: 6/11/2013
Hora: 16.30-19.30 (3h.)
Lugar: Pobra do Caramiñal. Tienda-Escuela O Deán, Rúa Rafael Calleja,11-13 Pobra do Caramiñal.
En colaboración con el CCA O Deán.
Poñente: Francisco Antonio Piñeiro, Cociñeiro e asesor de cociña.
*(se completa con el taller práctico del día 7 de noviembre)

Taller formativo: elaboración creativa de tapas.
Fecha: 7/11/2013
Hora: 16.30-19.30 (3h)
Lugar: Pobra do Caramiñal. Aula de cocina Frig-Bar,S.L. Parcela 61, Polg. Industrial A Tomada. Pobra do Caramiñal
En colaboración con el CCA O Deán.
Poñente: Wernink Mark Steven. Profesor de cociña e cociñeiro

Inscricións no seguinte enlace

Máis información na web www.camaracompostela.com

Programación cultural para bulideir@s

Xoves 24 de outubro

23h Concerto de Maltine
Bar Brétema(Ribeira)


Venres 25 de outubro

a partir das 11h Congreso Internacional de Xuventude
Auditorio municipal de Ribeira. Programa

18.00h Contacontos: Os trasnos na biblioteca a cargo da compañía Mundo Piruleta
Biblioteca Pública Municipal Castelao de Rianxo

19.00h  
Obradoiro de escrita creativa con Cremildo Bahule
Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

20h Teatro "Merlín e familia"
Casa da Cultura de Boiro

20.30h Presentación do libro "Acordes naúfragos"
de Antón Riveiro Coello
Local Leñaverde(Centro Social de Boiro)

21h Final musical de xuventude crea 2013 cos grupos:
- Erick Alexander Corrente,
- Miguel Alonso e Banda,
- Asociación Alén de Ancos,
- Pi Graos
- Fracasados de antemano
- Dani Font, 

Bar Brétema(Ribeira)

Sábado 26 de outubro

22.30h Concerto Antonio Bermo
A Recoveira(Ribeira)

3.00h Cambio de hora!!!
atrasa unha hora das 3.00h ás 2.00h

Domingo 27 de outubro

20h Poesía de Supermercado con Esther Carrodeguas
Pousada das Ánimas(Boiro)

Bolsas e axudas

O Congreso dos Deputados convoca 12 bolsas de formación práctica de arquiveiros/as, bibliotecarios/as e documentalistas.

Requisitos, entre outros: título universitario de Grao ou Licenciatura en calquera das ramas das Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades, obtido no curso 2008-2009 ou posterior.

Convocatoria: http://bit.ly/1gDWyWx

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de novembro.

luns, 21 de outubro de 2013

Visita á cooperativa A Carón


Taller de escaparatismo


Taller de cociña Samaín para cativos

Este sábado para os máis pequenos da casa de 10h a 14h no Centro Social de Boiro teremos uns talleres de cociña onde aprenderán a facer galletas e doces de Samaín..aínda nos quedan plazas libres.
Para ter máis información podes chamar ao Centro Social de Boiro ao 981842635

Xornadas de cogumelos

O sábado pola mañá saímos ao monte ca asociación refungando na procura de cogumelos..

A asociación refungando está todos os luns de 20 a 21h no Ateneo valleinclán(Ribeira) para resolver as dúbidas que teñades cas setas que atopedes e non as identifiquedes moi ben.

venres, 18 de outubro de 2013

Curso de MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL

Destinatarios: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso, con enderezo particular ou do centro de traballo (ben sexa o actual ou no que traballou con anterioridade á situación de desemprego) no concello no que se imparte o curso ou nalgún dos concellos incluídos nas zonas rurais delimitadas no capítulo 4 do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible aprobado polo Real Decreto 752/2010.
Lugar:  BOIRO
Modalidade: Presencial
Datas: do 11 de Novembro ao 18 de Novembro
Horario: de 18.00 h a 21.00 h
Duración: 18 h
Número de prazas: 15
Presentación das solicitudes ata o 04 de Novembro por Fax ao 981.17.48.02 ou no enderezo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es
Teléfono de contacto: 981.174.381
Máis información na web do ISSGA: http://issga.xunta.es/

Axudas para a formación posdoutoral

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C), para o ano 2013.
Modalidade A: contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración nunha universidade do SUG.
Beneficiarios:As universidades do SUG que contraten as persoas seleccionadas, a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita universidade.
Requisitos:a) Ter o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o título de doutoramento dunha universidade do SUG. Non obstante, as persoas que non acadasen ningunha destas titulacións nunha universidade do SUG tamén poderán optar á axuda, aínda que o número máximo das que se poderán conceder nese suposto non poderá exceder o 10 % do total das concedidas.
b) Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2008. Entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
Modalidade B: contratos dun ano de duración, sen posibilidade de prórroga, nunha universidade do SUG, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato nunha universidade do SUG do programa Ángeles Alvariño do Plan Incite (convocatorias de 2007 ou 2009), que permanecese nel ata o seu remate e completase o seu período de estadía de 24 meses

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2013
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED481B para a modalidade A e procedemento ED481C para a modalidade B
Máis información no DOG do 15 de outubro de 2013.

O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía convoca 8 bolsas para o 2014:


1 bolsa de investigación no Departamento de Coleccións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura.
- titulación de posgrao, con especialización en Historia da Arte (Diploma de Estudos Avanzados ou Doutorado).

2 bolsas de investigación no Departamento de Exposicións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Xeografía e Historia ou en Historia da Arte.
- titulación de posgrao, con especialización en Historia da Arte.

1 bolsa de coordinación-formación no Departamento de Actividades Públicas.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Historia da Arte, Humanidades ou Comunicación Audiovisual.
- ter finalizado a licenciatura en 2007 ou anos posteriores.

1 bolsa de coordinación-formación no Departamento de Exposicións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Historia da Arte ou Humanidades, con especialización de posgrao en ámbitos da Historia da Arte.
- ter finalizado a licenciatura en 2007 ou anos posteriores.

1 bolsa de formación museística no Departamento de Exposicións.
Requisitos, entre outros:
- titulación de licenciatura en Historia da Arte
- ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.

1 bolsa de formación en conservación no Laboratorio de Química do Departamento de Conservación e Restauración.
- titulación de licenciatura ou grao en Ciencias Químicas.
- ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.

1 bolsa de formación en biblioteconomía e documentación na Biblioteca e Centro de Documentación
- titulación de licenciatura en Biblioteconomía e Documentación ou dunha licenciatura cun título técnico de capacitación de cando menos un ano en Biblioteconomía e Documentación.
- ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.

Consulta aquí as bases da convocatoria: http://bit.ly/19d1rPR
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 2 de novembro.

xoves, 17 de outubro de 2013

2ª Edición Xornadas Micolóxica en Boiro

Finalmente realizarase unha segunda edición das xornadas micolóxicas en Boiro que será sábado 26 de outubro:

O programa é o seguinte:
10h charla informativa sobre os cogumelos comestibles da Barbanza
11h Sáida e recollida de setas
13h degustación de cogumelos

Prezo: 7 euros 
Inscricións: Centro Social de Boiro/981842635/omix@boiro.org

A partir de novembro


mércores, 16 de outubro de 2013

PROGRAMACIÓN FIN DE SEMANA

Que non nos pare a choiva!!!

A partir de mañá na Comarca teremos:

Xoves 17 de outubro
23h Concerto A rebanda
Bar Brétema(Ribeira)



Venres 18 de outubro
20h Concerto de Son D2
Casa da Cultura de Boiro

21h Degustación de queixos
Restaurante Jenaro(Ribeira)

23h Concerto Acústica
Bar Che vení(Palmeira-Ribeira)

Sábado 19 de outubro
17.30h Xornada de portas abertas Banda de Música de Boiro
Local Leñaverde- Centro Social de Boiro

Domingo 20 de outubro
20h Actuación de Ricardo de Barreiro: Sobre o amor e outras mariconadas
Pousada das Ánimas(Boiro)

Programación Boiroverde

Curso de inxertos
Data: venres 18 de outubro
Horario: ás 20h
Lugar: Casa da Cultura de Boiro
Prezo: 10 euros
Inscricións: Casa da Cultura de Boiro

Curso de elaboración de conservas
Data: sábado 19 de outubro
Horario: de 10.30h a 13.30h
Lugar: Casa da Cultura de Boiro
Prezo: 10 euros
Inscricións: Casa da Cultura de Boiro

Curso Turismo de Galicia

O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) da USC, abre o prazo de matrícula do V Curso de formación para informadores de Oficinas de Turismo e Guías. Curso homologado pola Xunta de Galicia (50 horas). Colabora Turismo de Galicia.
Celebrarase durante o mes de novembro, os xoves e venres de 16:00 a 21:00h na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da USC.

Máis información

400 vacantes de emprego en España e Europa

A consultora internacional de Recursos Humanos Talent Search People ofrece máis de 400 empregos en distintos sectores e en empresas nacionais e internacionais. 
Máis info neste enlace

martes, 15 de outubro de 2013

Obradoiros cociña creativa novembro

Sábado 16 de novembro de 16h a 21h  
Obradoiro de adultos:curso de elaboración de galletas

Sábado 26 de outubro de 10h a 14h obradoiro infantil
Pequenos Chefs:Decorando galletas de Samaín

Para inscribirte ou máis información ponte en contacto co centro social(omix@boiro.org) ou 981842635.
Actividades na Biblioteca Municipal de Boiro..non o perdas!

Charla sobre a factura da luz


Televés ten abertas ofertas de:



Economistas con idiomas: http://bit.ly/14apVJz

Enxeñeiro/a Expansión Internaciona: http://bit.ly/13rE0fl

Enxeñeiros/as de Telecomunicación: http://bit.ly/13N6kjE

Técnico Comercial Marrocos: http://bit.ly/1hRD2RS

Becarios/as de Edición e Deseño Web: http://bit.ly/15CdG8b

Cursos de novas tecnoloxías: Novembro Centro Social de Boiro

Iniciación ao Skype: 5 e 6 de novembro de 11h a 13h
Manexo de Google Drive e App: 12-13-14 de novembro de 11h a 13h
Android para móbiles: 19 e 20 de novembro de 11h a 13h
Iniciación ao Twiter: 22 e 26 de novembro de 11h a 13h
Taller de cine(a partir de 16 anos): 6-7-13-14-20-21 de novembro de 19h a 21h

luns, 14 de outubro de 2013

Curso de diseño de páginas web

Aberto o prazo de incrición no curso “Deseño de Páxinas Web”, que se desenvolverá dende o 7 ao 26 de novembro, de 10:30 a 13:30, na Aula de Informática – Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. O curso ten unha duración de 42 horas e unha cota de matrícula de 20 euros.
Para a admisión no curso, seguiránse as seguintes preferencias:
1º Por orde de inscrición sempre que teñan entre 16 e 30 anos (ambos inclusive) e estean empadroados no Concello de Rianxo.
2º Por orde de inscrición entre os que estean empadroados en Rianxo.
3º Por orde de inscrición entre os que teñan entre 16 e 30 anos (ambos
inclusive)
4º Por orde de inscrición

Máis información e inscricións:

http://www.concelloderianxo.es/formaterianxo

Becas para parlamento

O Parlamento de Galicia, abre convocatoria para a concesión das seguintes bolsas:
a) 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
c) 1 bolsa de formación en publicacións.
d) 2 bolsas de formación en informática.
Bases: http://bit.ly/GNiaiV
Anexos, instancia (Word): http://bit.ly/17ovLnx
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais, desde o seguinte ao desta publicación (do 15 de outubro ao 4 de novembro de 2013).

Curso Iniciativa Emprendedora.

Curso Iniciativa Emprendedora. Proceso de Creación de Empresas. Esta iniciativa ten por obxecto ofrecer alternativas de emprego e desenvolver potencial creador do alumnado.

O curso está promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e será impartido pola Escola de Organización Industrial .

Destinatarios: alumnado de Grao, Mestrado, Doutoramento e recén títulados da UDC
Lugar de impartición: Centro Universitario de Riazor (CUR)
Duración do curso: entre 2 e 6 semanas a partir do mes de novembro 2013.
Prazo de presentación de solicitude: ata o 25 de outubro de 2013.
Inscrición: sen cuota de inscrición.

Máis información no  seguinte enderezo  web e  emprego.vedc@udc.es

venres, 11 de outubro de 2013

Certame de música xoven


A Concellería de Xuventude convoca o VI Certame MúsicaXove, co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade. Unha vez posto a disposición dos grupos musicais e solistas da cidade un local con dúas salas independentes para ensaios no Estadio de San Lázaro, o Departamento continúa así co labor de difusión da súa actividade.nfo completa: http://bit.ly/180BPGc
 

xoves, 10 de outubro de 2013

Foro de xuventude en movemento

A Universidade da Coruña e Europe Direct-Deputación da Coruña organizan a segunda edición do Foro "Xuventude en movemento"

Os días 14, 15 e 16 de outubro terán lugar no pavillón de estudantes, Campus de Elviña, os primeiros obradoiros, de balde e con inscrición previa.

Os días 28, 29 e 30 de outubro, tamén no pavillón de estudantes o Foro ofrecerá a posibilidade de participar en encontros, sesión formativas sobre cooperativismo e saídas laborais ó estranxeiro, voluntariado, prácticas en empresas e máis ferramentas que pretenden mellorar a empregabilidade da mocidade.

Programa

Xoves 10 de outubro

23h Concerto de Caras B 
Bar Brétema(Ribeira)

Venres 11 de outubro

de 17h a 24h Showroom no Centro Social
obradoiros, desfiles, encontro de artistas, degustacións..
 
21h Teatro "Top manta"
Casa da Cultura de Boiro

21h Poesía "Xuntos e revoltos. non somos nós"
Igrexa de Sta Mª de Nova(Noia)

22.35h Concerto de Mr Klean&The Rockfaboguies
Taberna do Triskel(Ribeira)

23.45h Concerto de Xoan Curiel
Pousada das Ánimas(Boiro)

Sábado 12 de outubro

16h Visita ao Castro de Baroña
Centro de interpretación(Baroña-Porto do Son)

22h Concerto de Curva a Eskerda+Pito de Pikaso
Bar Rúa(Catoira)

Domingo 13 de outubro

18.30h Teatro "Melocotón en almíbar"
Casa da Cultura de Portosín(Boiro)

e ademáis as ultimas festas e verbenas antes de Nadal

11-12-13 Festas en Leiro(Rianxo)
Programación

13-14-15-16-17 Festas en Macenda(Boiro)
Programación

Bolsas de formación IGAPE

O IGAPE convocou ata 135 bolsas de formación dirixidas a titulados/as universitarios para a realización de proxectos de mellora das PEMES galegas (programa de bolsas Re-Acciona 2013).

Requisitos, entre outros:

- Posuír algunha das seguintes titulacións: Física, Enxeñaría, Matemáticas, Química, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Empresariais, Economía e Dereito.
- Ter obtido a titulación universitaria de acceso á bolsa con posterioridade ao 31 de decembro de 2007.

Consulta aquí as bases da convocatoria: http://bit.ly/17pzYqh (DOG nº 187, do 1 de outbro de 2013).

Na web do IGAPE temos información adicional sobre as bolsas e instrucións para realizar as solicitudes: http://bit.ly/17pAyEg

Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado desde o 2 de outubro.

mércores, 9 de outubro de 2013

Obradoiro de emprendemento rural sostible

Obradoiro de emprendemento rural sostible en Rianxo o 8 e 9 deste mes dentro do programa: "De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio". O obxectivo de este proxecto é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.
O obradoiro celebrarase no Centro Sociocultural Auditorio sito na Rúa Autores da Rianxeira de Rianxo con horario de 16.00 a 21.00h. É unha actividade de balde, As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa. Poden encontrarse más detalles sobre o calendario de obradoiros e a forma de inscrición na dirección web: deaquixustoeecoloxico.blogspot.com.es/

Comezamos con linguas vivas

Este luns 14 de outubro comezamos con Linguas Vivas: Conversas en Inglés, apetéceche tomar un café e practicar co teu inglés con persoas nativas? pois esta é a tua oportunidade..as 8 da tarde agardámoste na cafetería do Centro Social.

Cursos AFD en Santiago

PINTOR
Código: EOCA10
Requisitos mínimos: Certificado de escolaridade.
Previsión de inicio: Outubro
CONTROL E PROTECCIÓN DO MEDIO RURAL
Código: SEAG0309
Requisitos mínimos: Bacharelato /FP II e CELGA 3
Horas: 608
Previsión de inicio: Novembro
 INTERPRETACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL
Código: SEAG0109
Requisitos mínimos: Bacharelato/FP II e CELGA 3
Horas: 518
Previsión de inicio: Novembro
 COLOCACIÓN DE PEDRA NATURAL
Código: IEXD0409
Requisitos mínimos: ESO/FPI e CELGA 2
Horas: 718
Previsión de inicio: Decembro

Info

Showroom: Encontro de xóvenes creativos

Este venres non te podes perder...Encontro de artistas da comarca+Obradoiros+Desfiles e presentacións de coleccións de moda+Exhibición de Bike+Música en directo...comezamos ás 5 da tarde.



17h Ludoteca infantil. Local leñaverde

18h Obradoiros creativos
Obradoiro de cociña(Cociña de Color Lila),Planta baixa CS
Obradoiro de AMIGURUMI (Susana Diz), Planta baixa CS
Obradoiros textís(Artesanas de Arousa Norte), Terceira Planta CS
Obradoiro de papiroflexia(Mara Castro), Cuarta Planta CS
Obradoiro de xabóns(Esteban Pérez), Cuarta Planta CS
Obradoiro de area(Trafego Artesanía), Cuarta Planta CS
Obradoiro de caramelos e golosinas (Vox Ánima), Cuarta Planta CS

19h Encontro de xóvenes creativos ARTISTS UPSTAIRS:

Elia Nuñez, fran López Cierto,  Martín Romero. Brais Rodriguez verde. Pilar Ajeitos. Esther Carrodeguas . Jose Angel Fontenla (Chas). María Magan. Pascual Vidal. Loli Regueira. Josias Mónica Rivas.Studio Moai. 

20h Exhibición de BIKE TRIAL a cargo do ribeirense Alfredo Estévez González, especialista en "trial sin".

20.30h Showroom
20.30h Presentación da nova colección de tocados Dianne Onlooker e desfile a cargo de LookBooky.
21.00h Colección de zapatos customizados por Antoxo de Toxo
21.30h Desfile 'NUDIE JEANS > THE NAKED TRUTH ABOUT DENIM' a cargo de Baldani.
22.30h Concertos no Local Leñaverde

7 bolsas de formación

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca 7 bolsas de formación, en métodos e técnicas utilizadas en investigación social aplicada, dirixidas a posgraduados/as.

Requisito, entre outros: Ter obtido o título de grao ou licenciatura nos 4 anos anteriores á data desta convocatoria.

Consulta aquí as bases da convocatoria: http://bit.ly/16wO6SJ

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 24 de outubro.

Recollida de medicamentos para o pobo Saharaui

O Concello de Rianxo colabora coa entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, mediante unha campaña de recollida dos medicamentos que demandan desde os campamentos de refuxiados saharauís.
Os medicamentos que se poden doar son os seguintes:
  • Tanagel Sobres
  • Test de Embarazo
  • Clomifeno 50mg comprimidos
  • Inzitan Inxectable
  • Anasma Po
  • Tobradex gotas
  • Azitromicina 500 comprimidos
  • Ibuprofeno 600
  • Urogestan 200 vaxinal comprimidos
  • Ciprofloxacina gotas óticas
  • Glucómetros e tiras
  • Omeprazol comprimidos
  • Omnic comprimidos
  • Apiretal gotas
  • Paracetamol comprimidos
  • Metronidazol Ovulos
  • Ventolín Spray
  • Tensiómetros
A recollida destes medicamentos realízase no departamento municipal de Servizos Sociais

Emprego en ONGs

OFERTAS DE EMPREGO EN ONGs

Fundación Vicente Ferrer:

- Técnico/a de relacións cos medios de comunicación http://bit.ly/1fWVUTK
- Técnico/a de proxectos de financiación pública http://bit.ly/1gmY10V
- Coordinador/a de financiación pública http://bit.ly/19e47NN
- Asistencia técnica (India) http://bit.ly/16PxMif

Intermón Oxfam :

- Responsable programme MED http://bit.ly/19xm0mU
- Wash Manager Sahel http://bit.ly/16PyyM8
- Flying public health promotion specialist http://bit.ly/GF0vtR
- Associate country director Ethiopia http://bit.ly/1bUK3QZ
- PMEL pour l’Afrique de l’Ouest http://bit.ly/19cQRac

Médicos del mundo:

- Coordinación adxunta de país (Burkina Faso) http://bit.ly/1crf55K
- Coordinador/a de proxecto (Xordania) http://bit.ly/1bEFtK0

Acción contra el Hambre:

- Administrative coordinator Lebanon http://bit.ly/17ju21O
- Coordinador/a de Saúde e Nutrición pool de emerxencia – Madrid http://bit.ly/GJhSd8
- Coordinador/a loxístico pool de emerxencia – Madrid http://bit.ly/19cS8OB
- Expert en Nutrition (Guinea Conakry) http://bit.ly/17jvstl

Cruz Vermella:

- Delegado/a administrador/a (Haití) http://bit.ly/15k8Egi

Fundación Jóvenes y Desarrollo:

- Coordinador/a de convenio en Sudán Sur http://bit.ly/18MuV6Y

Plan:

- Project Manager – Plan España http://bit.ly/15k9xFI
- Técnico/a de programas en enerxía – Plan España http://bit.ly/1e64Vpj
- Emergency Preparedness Manager South Sudan http://bit.ly/19xo4LK
- Técnico/a de control e xestión de subvencións – Plan España http://bit.ly/18MvZaU

Alianza por la Solidaridad:

- Asistencia técnica para investigacións sobre entorno favorecedor para as OSC en Marrocos, Arxelia, Túnez e Xordania http://bit.ly/16PBEjj

“JOBS” - Emprendemento, xuventude e tecnoloxía- . Cineforum empresarial.

o abeiro do proxecto Emprende, o vindeiro 15 de outubro de 2013 celebrarase un Cineforum empresarial “JOBS” - Emprendemento, xuventude e tecnoloxía- , organizado pola pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración con APD (Asociación para el progreso de la dirección).
 Data: 15 de outubro de 2013
Horario: de 18:30 a 21:30 h
Lugar: Cines Gran Vía
Centro comercial Gran Vía
R/ Milladoiro, 2 (Vigo)
 Inscrición: mediante formulario electrónico. As prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición ata completar aforo. Os/as solicitantes que obteñan praza seralle comunicado mediante correo electrónico. No caso de non recibir un correo electrónico de confirmación da praza, enténdese que non a obtivo.

martes, 8 de outubro de 2013

Coñeces o feelingbrand?

O 8 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela a Primeira Xornada Internacional da Experiencia do Cliente, Feelingbrands; que o Concello de Santiago patrocina a través do Cersia Empresa. Unha moi boa oportunidade para aprender a empatizar, entender, coidar e valorar a experiencia ca clientela!
http://feelingbrands.com/

bolsas de prácticas da Fundación Universidade

Aberto o prazo de solicitudes para optar a 3 bolsas de prácticas da Fundación Universidade-Empresa e CEPSA, dirixidas a titulados/as universitarios/as en Matemáticas, Física e Informática.

Áreas das prácticas: Investigación de mercados (2 prazas) e e-Commerce (1 praza)

Requisitos, entre outros: ter obtido as titulacións sinaladas nos últimos 4 anos e ser menor de 30 anos.

Condicións: As prácticas desenvolveranse a xornada completa, en Madrid. 780 € mensuais brutos, máis 400 € adicionais se a persoa está empadroada fóra da Comunidade de Madrid.

As persoas interesadas deberán enviar o seu curriculum, antes do próximo 14 de outubro a rcervan@fue.es indicando a referencia CEPSA/MAT

Para ampliar información: http://bit.ly/17d9nNS

luns, 7 de outubro de 2013

Lista de agarda para enfermeiros

Convocatoria da USC para a elaboración dunha listaxe de agarda na categoría profesional de "Diplomados/as en Enfermería"

Requisitos: Título de diplomado/a universitario/a en Enfermería e diploma de ATS/DUE de empresa.

Prazo de oresentación de solicitudes para poder participar no proceso de selección: ata o 14 de outubro.

Consulta aquí a convocatoria: http://bit.ly/17f5FCx

Bolsas para prácticas en Correos

A Fundación SEPI convoca 18 bolsas de prácticas en Correos, na súa sede en Madrid.

Están dirixidas a titulados/as universitario que obtiveran a titulación con posterioridade ao 31 de decembro de 2010.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de outubro de 2013

Consulta aquí as bases da convocatoria: http://bit.ly/1a4zxDk

Charla sobre a diabete e as súas consecuencias


Mércores 9 de outubro no Centro Social de Cabo de Cruz
Impartida por Teresa Lord Rodríguez

venres, 4 de outubro de 2013

Aberto o prazo de presentación de solicitudes na SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) para incorporarse ás listas previas de persoal temporal, ou no seu caso actualizar méritos, en diferentes categorías.

Só é posible estar nas listas previas de 2 categorías como máximo.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de outubro.

Onde presentar as solicitudes? http://bit.ly/16JFfiW (ver páxina 3, apartado 6º)

Categorías para as novas incorporacións ás listas:

Enxeñeiro/a de Montes
Bases: http://bit.ly/18XvQQZ Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/GArdUo http://bit.ly/GArhmQ http://bit.ly/1bDjCis

Enxeñeiro/a Agrónomo/a
Bases: http://bit.ly/1dZczSl Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/1fNGVeP http://bit.ly/GCrTIo http://bit.ly/1bDk0O1

Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal
Bases: http://bit.ly/1hpxFsM Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/1hpxCNJ http://bit.ly/1aRkYVY http://bit.ly/17Ah6sE

Capataz
Bases: http://bit.ly/GArBCf Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/1fNHJjP http://bit.ly/19pcylo http://bit.ly/19YNiTZ Ámbitos territoriais: http://bit.ly/1bvVDFz Titulación esixida: http://bit.ly/GCslX8

Xefe/a de Brigada
Bases: http://bit.ly/16JHqmE Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/GCsutR http://bit.ly/1hpymCh http://bit.ly/17Aiyve Ámbitos territoriais: http://bit.ly/1a5FTDI Titulación esixida: http://bit.ly/19YNAdA

Peón Especialista
Bases: http://bit.ly/17Ajy2h Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/18Xzcn0 http://bit.ly/GCaO1Y http://bit.ly/176ongw Ámbitos territoriais: http://bit.ly/GCsrz1

Peón
Bases: http://bit.ly/16JHEu1 Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/GCsuuD http://bit.ly/19pdkid Ámbitos territoriais: http://bit.ly/17AjWOp

Oficial Administrativo/a
Bases: http://bit.ly/1hpz8PQ Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/1bvWXYR http://bit.ly/18ARbAK

Auxiliar Administrativo/a
Bases: http://bit.ly/19YOvKX Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/16mY5d6 http://bit.ly/16mY5d6 http://bit.ly/19pe8nl

Arquitecto/a
Bases: http://bit.ly/19YON4J Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/1a5IkWQ http://bit.ly/1a5ImxV http://bit.ly/16JI6Zc

Arquitecto/a Técnico/a
Bases: http://bit.ly/1ga0vzF Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/18ASAHt http://bit.ly/17Am2xR http://bit.ly/1ga0sDQ

Enxeñeiro/a de Camiños, Canles e Portos
Bases: http://bit.ly/1fNJM7y Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/GCbp3C http://bit.ly/GCtpeu http://bit.ly/16JIbvV

Enxeñeiro/a Técnico de Obras Públicas
Bases: http://bit.ly/175ItXo Impresos e declaracións para as solicitudes: http://bit.ly/15PP0WN http://bit.ly/17AmSdG http://bit.ly/18XCJBC

Categorías para actualizar méritos:

Enxeñeiro/a de Montes, Enxeñeiro/a Agrónomo/a, Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal, Capataz, Xefe/a de Brigada, Peón Especialista, Peón, Oficial Administrativo/a, Auxiliar Administrativo/a.
(Consultar as bases e demais documentos indicados máis arriba para a categoría que corresponda).