xoves, 28 de novembro de 2013

Talleres de Scratchbooking


Se estades pensando en facer algo en decembro ou queredes unha boa idea para un agasallo de Nadal esta é a tua oportunidade..a gata moscovita dará dous talleres en decembro no centro social de Boiro..e xa te podes apuntar.

OBRADOIRO: ÁLBUM DE RECORDOS Destinatari@s: Adult@s Nº persoas: mínimo 8 e máximo 12 Duración: 2h Horario: a definir polo centro Prezo por persoa: 20€

OBRADOIRO: POSTAIS PERSONALIZADAS Destinatari@s: Adult@s Nº persoas: mínimo 8 e máximo 12 Duración: 2h Horario: a definir polo centro Prezo por persoa: 20€

Viaxe á neve

A asociación Borobó organiza unha viaxe a San Isidro do 7 ao 9 de febreiro. Para máis info podedes escribir a este mail asociacionborobo@gmail.com

Festival Corto Circuito




Este ano no festival corto circuito que se celebrará dende o 9 ao 13 de decembro en santiago ademais da proxección de curtas tedes formación algunha que outra charla interesante. Neste enlace podes saber máis sobre a programación.

Curso de habilidades para a búsqueda de emprego.

Xa está aberto o prazo para inscribirse neste novo curso que organiza a Concellería de Xuventude do Concello de Riveira.

O curso consta de tres módulos formativos:
- Módulo I: O meu proxecto profesional.
O obxectivo deste módulo é definir de xeito concreto os obxectivos profesionais e relacionalos coas competencias e capacidades persoais.

- Módulo II: Comunicación eficaz.
Neste módulo abordaranse as pautas básicas da comunicación co obxectivo de aprender a transmitir correctamente e preparar a entrevista de traballo.

- Módulo III: Manexo do estrés.
Os procesos de búsqueda de emprego e de selección para un posto de traballo son grandes xeradores de estrés. Aprender técnicas de manexo para non decaer e desmotivarnos no camiño é fundamental para acadar o éxito.

Datas e horarios: Será do 9 ao 13 de decembro de 10 a 13.30 horas.
Lugar: Casa da Xuventude de Riveira.
Destinatarios: Mozos e mozas de Riveira que estean no paro.
Prezo: Gratuíto.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Formación dixital


mércores, 27 de novembro de 2013

Algo para enredar

A partir de mañá algo haberá que facer...

Xoves 28 de novembro

20.00h Proxección do documental a Fábrica 
e presentación do colectivo Entreagullas
Centro Social de Boiro

23h Homenaxe a Sabina
Bar Brétema(Ribeira)

Venres 29 de novembro

20h Teatro " A verdadeira historia de Robinson Crusoe"
Casa da Cultura de Boiro


21h Teatro “Dous son parella”
Auditorio de Ribeira

20.30h Concerto da Banda de Música de Rianxo
Auditorio de Rianxo

23.30 Concerto de Cooltrain Band
Pousada das ánimas(Boiro)

Sábado 30 de novembro

20h Concerto da Banda de Música de Ortigueira
Auditorio de Rianxo

Domingo 1 de decembro

20h Performance Malos Hábitos con Camila Bossa
Pousada das Ánimas(Boiro)

Culturgal






Culturgal Feira Industrias Culturais esta fin de semana (28, 29 de novembro e 01 de decembro)

Maís info en http://culturgal.com/

Festa da patela

















Estade atentos á de Boiro
.

Foro de empleo

Neste enlace tedes a información que hai para as presentacións das empresas no foro de empleo.
O Foro ten o obxectivo de procurar espazos de concurrencia entre empresas e demandantes de emprego
As presentacións terán unha duración breve, aproximadamente 15 minutos, e dirixiranse especificamente aos perfís profesionais sinalados pola propia empresa. Para cada sesión establécese un número limitado de 15 persoas asistentes co obxectivo de favorecer unha maior proximidade e facilitar a posibilidade de que as persoas interesadas interactúen coa empresa plantexando cuestións relativas aos contidos da presentación.

venres, 22 de novembro de 2013

Prácticas en Bruselas

A Fundación Galicia Europa convoca 5 Bolsas de formación en asuntos europeos para licenciados universitarios nas súas oficiñas en Santiago de Compostela e Bruselas durante ou ano 2014. más info en http://bit.ly/1aTI3Vo

xoves, 21 de novembro de 2013

23N actos en contra da violencia de xénero



BOIRO

23N 11.30h Flash Mob na rúa Peonil a cargo da Cruz Vermella Boiro, os grupos Batudance, Cazatalentos e instructores de zumba.

PORTO DO SON

23N 11.00h Teatro na rúa con Mª Angeles Iglesias e Lina Pérez

mércores, 20 de novembro de 2013

Prácticas para titulados

Prácticas de formación no Consello de Europa para tituladas/os superiores http://bit.ly/187oLSn

Prácticas para titulados

Prácticas de formación no Consello de Europa para tituladas/os superiores http://bit.ly/187oLSn

Culturilla para un finde frio














Xoves 21 de novembro

23h Día adicado a  Molly Malone 
ca consumición poderás ter varias racións de mexillóns
Cervecería Guilligans(Boiro)

Venres 22 de novembro

20h Presentación proxecto Socheo e Boirobello
Centro Social(Boiro)

20.30h Xan Campos Trío
Auditorio de Rianxo

21.30h Teatro "Gaivotas Subterráneas"
Auditorio de Ribeira

23.15h Concerto "Amigos de nunca"

Abadía de San Enrique(Boiro)

23.30h Monólogo de Kico Cadaval
Restaurante Bemboa(Ribeira)

24h Concerto Paty Lesta
Pousada das Ánimas(Boiro)

Sábado 23 de novembro

20.30h Teatro "Acto Improvisto"
Auditorio de Rianxo

20.30h Concerto "Capela Lauda Sion"
Igrexa Sta Mª a Antiga(Pobra do Caramiñal)

24h Concerto Doctor Gringo
Pousada das Ánimas(Boiro)

Domingo 24 de novembro

11.30h Teatro "reconvertindo espazos"
Rúas do Concello de Noia

19.30h Teatro A Paraleda
Liceo de Noia


Taller de corte de xamón

















Abertas as inscricións no 981847888 e asociacion.abe@gmail.com
Gratuíto.

xoves, 14 de novembro de 2013

Seguridade vial

O mércores día 20 de novembro, ás 17 horas, en Ribeira haberá unha charla sobre normas e consellos para camiñar con seguridade nas vías públicas.
A actuación vaise celebrar no salón multiusos do Centro Cultural Lustres Rivas, sito na rúa Manuel Lustres Rivas, nº 20, segundo andar. De acceso libre e gratuíto, os asistentes recibirán ao remate da charla chalecos de seguridade.

Noite aberta en Boiro

O sábado 16 de novembro a partir das 20h e ata as 24h...


mércores, 13 de novembro de 2013

cursos COMA (Cursos Online, Masivos e Abertos)

A UNED organiza os cursos COMA (Cursos Online, Masivos e Abertos), que se impartirán dende o 11 de noviembre ata o 14 de xaneiro. o prazo de matrícula está aberto. Podedes consulatar máis información en: https://unedcoma.es/

Cultura a moreas



 
 Como xa é mércores..vamos alá ca programación para esta fin de semana!








Xoves 14 de novembro
20h proxección do documental Con Etiqueta(ACreba)
documental sobre a historia de vivir cun diagnóstico de doenza mental 
Centro Social de Boiro
 
20h Exposición micolóxica 
Tenda Rei Zentolo(Ribeira) 

23h Concerto de Fisherman Blues
Bar Brétema(Ribeira)

Venres 15 de novembro 
18h Contacontos ca compañía Babacontos
Biblioteca Pública Municipal Castelao(Rianxo)
 
20.30h Concerto da Banda de Música de Rianxo e Ribadulla
Auditorio Municipal de Rianxo
 
21h Recital de poesía de Alberto Momán
Bar a Trastenda(Pobra do Caramiñal) 
 
21.30h Teatro "Desfeitos"
Auditorio Municipal de Ribeira
 
23h Concerto de Lulú(Forraje) 
Bar Olimpo(Pobra do Caramiñal)
 
23h Concerto de Almost Europe
Bar As Canles(Ribeira)
 
23.45h Concerto de Tevra
Bar Plaza(Ribeira)
 
 
Sábado 16 de novembro
10h Xornadas Micolóxicas
Formación+Saída+Comida nos muiños de Amendo
Centro CIELGA(Ribeira) 
 
17h Magosto Popular en Praia Xardín
Pabellón Polideportivo Praia Xardín(Boiro)

18h Magosto Popular no Centro Social
Plaza da Terceira Idade_Centro Social de Boiro
 
19h Exposición de Pintura guiada por Sofia Regueira
Centro Social de Boiro
 
20h Showcooking de doces con Cocina de Color Lila
Centro Social de Boiro
 
20h ata as 24h II Noite Aberta en Boiro 
a partir de hoxe tedes a info da programación en https://www.facebook.com/boiroaberto 
 

 
Domingo 17 de novembro 
a partir das 13h Ruta Micolóxica polos bares de Ribeira
os establecementos adheridos ás xornadas micolóxicas. Máis info neste mail  ou no Bar Plaza

 
 
 
 
 

Curso de autodefensa para mulleres

en Rianxo, o sábado 23 de novembro.
O curso é gratuíto e vaise facer o vindeiro sábado 23 de Novembro no pavillón Municipal de Rianxo desde as 11:30 h ata as 13:30 h. Será impartido por Eloi Rodríguez Castaño, CN SHODAN FU SHI KENPO.
O curso vai destinado a mulleres de 16 anos en diante e a data límite para inscribirse é o 20 de novembro. Para levalo a cabo é necesario que se inscriban un mínimo de 8 mulleres.
Información e inscrición nas oficinas do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.
 

Procesos de selección para titulados/as

O Gradiant (Centro Tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia) selecciona titulados/as en telecomunicacións ou informática.  Bases: http://bit.ly/HPJVbp
A UDC convoca proceso selección para contratación de Grao/lic. en Matemáticas. Bases: http://bit.ly/1i6AFh0
A UDC convoca proceso selección para contratación de Enxeñeiro/a Informático/a. Bases: http://bit.ly/1dmsBF1
A UDC convoca proceso selección para contratación de licenciado/a en Matemáticas ou Informática. Bases: http://bit.ly/1gGIhaB 
A UDC convoca proceso selección para cobertura de 3 postos de persoal docente en lingua e literatura e biblioteconomía. Bases: http://bit.ly/1a1oeiR
 
 

martes, 12 de novembro de 2013

Taller de fotografía gratuíto

A Escola de Fotografía Centro de Imaxe, EFTI, impartirá un Taller formativo presencial e gratuíto
O taller será impartido por José Luis Amores, director de EFTI e vai dirixido a calquera persoa interesada. Nel ofrecerase a oportunidade de coñecer de primeira man como traballan fotógrafos de prestixio que forman parte desta escola. Os participantes serán formados na realización dunha fotografía de xeito profesional, preparando a temática da foto e planificando a súa toma, tamén se explicarán os aspectos máis relevantes para obter unha foto de calidade e resolveranse todas as dúbidas que os asistentes formulen.

Data: xoves 14 de novembro
Hora: a partir de 16.50h
Lugar: no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela.
Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo. Santiago de Compostela.

Para máis información podedes consultar:  A páxina web de CeMIT: https://cemit.xunta.es/node/5688 ou no mail e tlf oficinacemit@xunta.es e 981957136

Proxección do documental "Con Etiqueta"




 XOVES 14 de novembro ás 20.00h no Salón de actos do Centro Social de Boiro


Este documental conta a través da historia de Romeo e Xulia, a complexa historia de vivir cun diagnóstico de doenza mental: dende os primeiros signos desconcertantes ata a certa estabilidade coa medicación e os seus efectos secundarios.

Programación MICAtlántica





































Do 22 ao 29 de novembro MICAtlántica celebra a súa primeira edición con espectáculos de música e teatro en Santiago de Compostela.

Aquí tes o cartel, toda a programación é de balde...


Concurso curtas con móbiles

A Universidade de Santiago de Compostela convoca un CONCURSO DE CURTAS CON MÓBIL! http://bit.ly/19g9ok5

Xornada sobre mocidade e alcohol

 
 
 
Charla coloquio. Mocidade e alcohol. Día 15 de novembro ás 20.30h no Ateneo Valle-Inclán(Ribeira)

Curso sobre venta en internet

Marisol Vázquez, directora de proxectos  Affines,encargarase de impartir unha xornada sobre venta a través de Internet organizada pola patronal de Ribeira en colaboración ca antena local da Cámara de Comercio. A iniciativa desenvolverase mércores a partir das 21.00 e os interesados en participar poden anotarse en 981 873 719 o correo@empresariosriveira.com.

luns, 11 de novembro de 2013

Bolsas de estudio en moda, diseño ou comunicación

Queres seguir formándote en moda, design ou visual communication? O Grupo IED rétate a competir por unha das 30 bolsas de estudo para os másteres do ano académico 2013-2014. Podes participar na convocatoria Creative Diary baixo o lema "Design for all" (Deseño para todos) e estuda na escola de deseño internacional con sedes en Madrid, Barcelona, Roma, Milán, Turín, Cagliari, Venecia e Florencia.
Búscanse propostas de deseño de moda, produto, interiores, gráfico que axuden a mellorar o mundo, a través de proxectos que inclúan a todas as persoas e obxectos, independentemente da raza, xénero, idade, peso, estatura, clase social, relixión ou idioma baixo a temática "Design for all" (Deseño para todos).
O deseño é democrático! Fomentaranse os proxectos que sexan inclusivos e dirixidos aos "excluídos" da sociedade, tendo en conta aspectos importantes como a sostibilidade, accesibilidade, calidade e a creatividade.
O concurso está aberto a todos os deseñadores, creativos e apaixonados do deseño que queiran formarse e complementar a súa experiencia no IED.
Podes enviar o teu traballo por correo electrónico ata o 20 de novembro de 2013.
Máis información: http://iedmadrid.com/concurso-creative-diary-30-becas-de-estudio-en-el-ied/

Bolsas Santander CEPYME Prácticas en Empresas

Convocadas ó menos 5.000 prazas para a realización de prácticas profesionais con autónomos en microempresas e pequenas e medianas empresas, dotadas cunha bolsa ou axuda económica e con cobertura dos custos de cotización á Seguridade Social.
A duración mínima será de 3 meses, ampliable a 6 meses. A dotación das bolsas é de 600 euros/mes en prácticas de xornada completa e 300 euros/mes en prácticas de media xornada.O período de inscripción é ata o 31 de xaneiro de 2014.
Máis información www.injuve.es, www.becas.agora-santander.com

Campaña de recollida de alimentos

Se necesitan voluntarios para a campaña de recollida de alimentos os días 29 e 30 de novembro, tes toda a información neste enlace

venres, 8 de novembro de 2013

Concurso de relatos curtos

A oficina municipal de xuventude de Quiroga convoca a novena edición do certame de relato curto. Haberá duas categorías, unha para menores de 18 e outra para os que estén por encima de esa idade. Os concursantes optan a tres premios en cada unha das  duas categorías. Os gañadores recibirán un lector de libros electrónicos, os que queden segundos un libro de relatos e os terceiros unha placa conmemorativa.

Máis info en Oficina de Información Xuvenil do Concello de Quiroga. Dirección: Xeneral Franco,52 - 37320 Quiroga. Teléfono: 82 428 001.

Cursos da rede Cemit

A partir da semana que ven podedes anotarvos nos cursos gratuítos da rede Cemit do mes de decembro

  • .Curso de folla de cálculo con libreoffice (Calc) os días 3, 4 e 5 de decembro de 11 a 13 horas
  • Taller de retoque fotográfico con Gimp os días 10, 11, 12, de decembro de de 11 a 13 horas
  • Curso de Procesador de textos básico (Writer) os días 3,5,10,12 de decembro de 19 a 20 horas
  • Compras seguras en Internet os días 2, 9 de decembro de 20 a 22 horas 

xoves, 7 de novembro de 2013

Formación on-line en Boiro

Formación aberta, libre e a distancia a través de Internet impartida polo Ministerio de Educación.
Máis de 100 cursos en liña con matrícula aberta permanente e atención tutorial cercana ó estudiante.

Vos podedes informar de todos os cursos neste enlace ou no departamento de Educación da Casa da Cultura.

Becas Erasmus

Despois de tanto revuelo..aprobouse o programa Erasmus para 2014-2020. No vídeo que vos deixamos poderás ver como vai funcionar e quen pode acceder.
http://europarltv.europa.eu/en/player.aspx?pid=ef61783c-f5d5-4505-9162-a24d00d13a9d

Voluntariado Europeo

Buscan unha persona voluntaria para un proxecto en Holanda dende o 1 de Diciembre para un ano, máis información en http://www.abertal.org/europaapunto/index.php?option=com_acajoom&act=mailing&task=view&listid=1&mailingid=49&Itemid=32

mércores, 6 de novembro de 2013

Cineuropa

Do 7 ao 29 de novembro Cineuropa en Santiago. Aquí vos deixo a programación

Un anaquiño de programación

Que podemos facer a partir do xoves?

xoves 7 de novembro

20h Proxección do filme O Apóstol
Centro Social de Boiro

23h Concerto de Mr klean&Rockfabooguies
Bar Brétema(Ribeira)



Venres 8 de novembro

20h Teatro "A nena e o grilo"
Casa da Cultura(Boiro). Público familiar

21h Cabaré dos 80 anos de Airiños
Auditorio de Rianxo

21.30h Teatro " A procura dos sentidos"
Auditorio de Ribeira

22.30h Concerto de Tragha-mastica + Foliada
Curral do Marqués(Taragoña)

22.30h Concerto de Sleeping Cat
Liceo de Noia

23h Concerto de Mr Klean
Bar Chevení(Palmeira)

24h Concerto De Pedro+ Angel Stanich
Pousada das ánimas(Boiro)

Sábado 9 de novembro
20h Teatro "As pombas do Carboeiro"
Casa da Cultura de Boiro. Público xuvenil

21h Cabaré dos 80 anos de Airiños
Auditorio de Rianxo


24h Concerto de Tevra
Pousada das ánimas(Boiro)

+Magosto no Centro Social de Abanqueiro

Domingo 10 de novembro

7h Ruta de Senderismo no Courel
Centro Cultural e deportivo de Taragoña

18h Mago Benxamin
Centro Social de Abanqueiro

18.30h Axouxeres
Auditorio de Ribeira







La Fundación Bogliasco convoca 50 Becas de residencia artística en Italia

Fundación Bogliasco ofrece 50 becas de aloxamento e manutención para proxectos artísticos ou de investigación en Italia.

Solicitar
Se estás interesado en solicitar unha das becas, podes facelo a través de este enlace.

Prazo
  • ata o 15 de xaneiro de 2014 

martes, 5 de novembro de 2013

Novembro na biblioteca pública municipal

Este novembro seguen as actividades para toda a familia na Biblioteca pública municipal(Casa da Cultura)

Os mércores de 17.30h-18.30h O meu conto favorito
Contacontos en familia, cada contacontos irá acompañado dun familiar e entre os dous escolleran como contar historias e contos.

Os xoves de 19.30h a 20.30h Lecturas dramatizadas(a partir de 12 anos)

Os sábados de 11 a 12.30h sesións lúdico-literarias

Agardan por ti!

luns, 4 de novembro de 2013

Proxección O Apostol en Boiro







Este xoves ás 20:00h teremos a proxección O Apostol no Centro Social de Boiro.

Mostra de curtas de Noia

    Ata o 8 de novembro podes enviar as túas curtas. Información

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA


Bolsas en materia de pesca marítima e de economía financeira

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio convoca nove bolsas para titulados universitarios para formación teórico práctica en materia de pesca marítima e economía financeira da Secretaría Xeral de Pesca nas seguintes áreas de coñecemento:
a) Sete bolsas na área de coñecemento da pesca marítima.
b) Dúas bolsas na área de coñecemento de economía financeira.
Requisitos:a) Estar en posesión ou en condicións de obter o título de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro técnico ou superior. Para a área de coñecemento da pesca marítima preferentemente en campos asimilados aos de bioloxía, ciencias ambientais e ciencias do mar. En canto á área de coñecemento de economía financeira, preferiblemente estudos relacionados co dereito, a economía, a empresa, ou a xestión e administración públicas.
b) Dominio do idioma castelán.
c) Coñecemento de inglés.
d) Valorarase positivamente ter coñecemento doutro idioma dun Estado membro da Unión Europea.
e) Coñecementos específicos en materia de pesca marítima e economía financeira.
f) Manexo como usuario de office, bases de datos, ArcGis (software de sistemas de información xeográfica), Outlook e internet.

Os aspirantes deberán ter finalizado os seus estudos con posterioridade ao mes de maio do ano 2006.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de novembro de 2013.
Máis información no BOE do 1 de novembro de 2013.

Bolsas High School

A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié convocan o programa de bolsas para a realización dun ano académico en Estados Unidos nun instituto High School en lingua inglesa, promovendo a aprendizaxe e intercambio de culturas.
Convócanse un total de 75 prazas.
Dotación:As Bolsas High School cobren a formación nas fases previas á saída, os voos e traslados e a validación dos estudos realizados no estranxeiro, así como un seguro de responsabilidade civil e de saúde; ademais, as bolsas achegan tamén unha cantidade de diñeiro mensual para gastos menores unha vez en Estados Unidos.
Requisitos:Ter cumprido 15 anos antes do 1 de agosto de 2014.
Ser alumno de 4º da E.S.O. nun centro de Galicia.
Acreditar nota media mínima de 7,5 en 3º da E.S.O.
Acreditar nota mínima de inglés de 7 en 3º da E.S.O.
Presentar certificado de renda familiar.
Cumprimentar o formulario de inscrición online a través da web http://www.becashighschool.org/
Os alumnos pre-seleccionados serán convocados pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié para a realización dunha proba de nivel escrito e de nivel oral e dos seus coñecementos de lingua inglesa.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de novembro de 2013.
Máis información en http://www.becashighschool.org/