luns, 11 de novembro de 2013

Bolsas de estudio en moda, diseño ou comunicación

Queres seguir formándote en moda, design ou visual communication? O Grupo IED rétate a competir por unha das 30 bolsas de estudo para os másteres do ano académico 2013-2014. Podes participar na convocatoria Creative Diary baixo o lema "Design for all" (Deseño para todos) e estuda na escola de deseño internacional con sedes en Madrid, Barcelona, Roma, Milán, Turín, Cagliari, Venecia e Florencia.
Búscanse propostas de deseño de moda, produto, interiores, gráfico que axuden a mellorar o mundo, a través de proxectos que inclúan a todas as persoas e obxectos, independentemente da raza, xénero, idade, peso, estatura, clase social, relixión ou idioma baixo a temática "Design for all" (Deseño para todos).
O deseño é democrático! Fomentaranse os proxectos que sexan inclusivos e dirixidos aos "excluídos" da sociedade, tendo en conta aspectos importantes como a sostibilidade, accesibilidade, calidade e a creatividade.
O concurso está aberto a todos os deseñadores, creativos e apaixonados do deseño que queiran formarse e complementar a súa experiencia no IED.
Podes enviar o teu traballo por correo electrónico ata o 20 de novembro de 2013.
Máis información: http://iedmadrid.com/concurso-creative-diary-30-becas-de-estudio-en-el-ied/

Ningún comentario:

Publicar un comentario