xoves, 30 de maio de 2013

Premio Emprende Santiago

Se eres xoven e acabas de iniciarte nun proxecto na cidade de Santiago de Compostela, pode que ésta sexa a túa oportunidade.

Premio Xoven Empresario Santiagués:Premio con dotación de 6.000€
Premio AJE Junior Santiagués:Premio con dotación de 3.000€ 
Consulta as bases neste enlace

Para a fin de semana

A golpe de xoves esta é a programaciónq ue nos depara a fin de semana:

Xoves 30 maio

22h Proxección "Born to kill"
Bar Capri(Ribeira)

23h Concerto de Miguel Ángel
Pub Brétema(Ribeira)

Venres 31 de maio

20h Circo Pista Catro ”Caír”.
Público infantil e familiar
Casa da Cultura(Boiro)

22h Monólogo de Kico Cadaval
Sociedad Liceo(Noia) 

22h I Serán á beira do mar
Restaurante Bemboa(Corrubedo-ribeira)

23h Concerto de Antonio Bermo
Bar Plaza(Ribeira)

24h Concerto de Nostatic@
Pousada das ánimas(Boiro) 

Sábado 1 de xuño

12 h Contacontos para nenos de 3 a 12 anos
con Yolanda Castaño.
Biblioteca Municipal de Ribeira
 (R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º).

 21h Teatro "Días sen gloria teatro"
Auditorio de Rianxo 
23.30h monólogo de Sergio Pazos
Sé galego my friend
Pousada das ánimas(Boiro)
 

Campamentos para persoas con discapacidade

Benestar e Xuventude convocan campamentos para persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade e unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño incluído.
Máis información en http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran ou no tlf 900 333 666

IX Festa do Deporte de Boiro

Sábado 1 de xuño de 2013 a partir das 10:00h.

Certame literario Ramón Martínez López



Outro ano máis xa está aquí o certame literario do Concello de Boiro.
Os traballos deberán presentarse antes do 30 de novembro de 2013 na Biblioteca Pública Municipal de Boiro (1ª planta da Casa da Cultura “Ramón Martínez López”). 
Podedes consultar as bases do certame na Biblioteca Pública Municipal ou na OMIX Boiro.

Sorte!! 

Campamentos de verán

O prazo para entregar a documentación dos participantes seleccionados nos campamentos de verán remata o 31 de maio

Queres viaxar a China e formarte nunha das maiores multinacionais do sector das telecomunicacións?

Ofértanse 10 bolsas concedidas por HUawei que cubrirán na súa totalidade os gastos do programa formativo de dúas semanas en China basado no campo das Telecomunicacións e a Investigación tecnolóxica.
O concurso de videos "O futuro das TICS: innova con EOI e Huawei" va dirixido a estudantes universitarios.
10 de xuño de 2013: data límite de solicitude de inscripción coa correspondente publicación de videos dos candidatos.
Máis información: http://www.eoi.es/blogs/innovahuawei/

mércores, 29 de maio de 2013

Prazo para preinscrición da Escola de Música de Boiro

Do 3 ao 28 de xuño tedes aberto o prazo para inscribirvos no curso 2013-2014 na escola de música de Boiro.
Máis información:
Escola de Música de Boiro. Centro Social de Boiro(R/ Poeta Manuel María s/n) ou no tlf 655700104

Formación en xuño no Centro Social de Boiro


Cursos de idiomas
 Iniciación á lingua alemana
 Coñecementos básicos na lingua alemana, do 8 de xullo ao 2 de agosto de 11h a 13h. A partir de 16 anos.

Maís información:  omix@boiro.org ou no tlf 981.842.635

          
 
Cursos de fotografía

Iniciación fotográfica con saídas prácticas
 Coñecemento da cámara dixital , ópticas, programas e funcións. Aprendizaxe de recursos básicos da imaxe fotográfica como ferramenta de expresión. Visionado e comentario de fotos. 
Horario: XUÑO.   Lúns e mércores de 20 a 21´30h.    12h. Inicio 3 de xuño   

 
Taller práctico de MACROFOTOGRAFÍA.
 Coñecementos e técnicas básicas para fotografía de aproximación e primeiros planos.Fotografiar e iluminar obxectos. Saídas prácticas.  Sábados 8, 15, 22, 29  de xuño en horario de 11 a 13 h

Maís información
:  ollaparo@ gmail.com ou nos tlf 981.842.635/ 626.028.887 
          

Actividades de vela de 9 a 18 anos

As persoas interesadas en participar nas actividades de vela que o Concello de Ribeira do 1 ao 5 de xullo poderán inscribirse ata 21 de xuño na oficina de Deportes de Ribeira, situada no Complexo Deportivo a Fieiteira, teléfono 981 87 36 46, e-mail: deportes@riveira.com. Máis información en: www.dicoruna.es

Contratación de socorristas no Concello de Ribeira

O Concello de Ribeira iniciou o proceso selectivo, mediante oposición libre, para a contratación de 34  socorristas acuáticos para as praias do municipio. 22 serán contratados a jornada completa  e 12 a tempo parcial. A prestación efectuarase dende o 29 de xuño ata o 6 de setembro. Máis información no Concello de Ribeira.

Curso de Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade

Que se celebrará en Santiago do 27 de xuño ao 23 de setembro de 2013.
Tedes toda a información neste enlace

Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes en Galicia. As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de maio de 2013.

Requisitos e maís información no DOG do 30 de abril de 2013 e en http://www.mulleresengalicia.es

martes, 28 de maio de 2013

Foro Galego da Inmigración

domingo 02 de xuño se celebrará na Casa da Xuventude de Riveira a partir das 10:00hs o Foro Galego da Inmigración.

O obxectivo é debatir sobre os continuados recortes de dereitos que afectan moi gravemente a toda a poboación, mais que teñen especial incidencia naqueles colectivos en situación de maior vulnerabilidade.
O enfoque da asemblea é dun espazo aberto á todas as persoas interesadas, tanto a título individual como se forman parte dalgunha organización ou colectivo, baseado nunha metodoloxía participativa.

Para organizar mellor o encontro, prégase confirmar asistencia:foroinmigracionsantiago@yahoo.es / 981-576 142   

Certame de fotografía sobre cultura popular

A Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas convoca o certame de fotografía sobre cultura popular, correspondente a 2013.
Os traballos fotográficos versarán sobre calquera aspecto dos modos de vida e pensamento que conforman a cultura popular nos distintos territorios de España, e haberán de significarse polo seu valor antropolóxico para o coñecemento e a difusión de tales expresións culturais na sociedade española.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame conterán unha reportaxe de tres a cinco fotografías sobre o mesmo tema.
O tamaño das fotografías será de 24 a 30 centímetros (lado menor), por 30 a 40 centímetros (lado maior).
Premios:Primeiro premio: 1.950 €.
Segundo premio: 1.300 €.
Terceiro premio: 650 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de xuño de 2013.
Máis información no BOE do 28 de maio de 2013

Formación gratuíta en novas tecnoloxías



Aínda quedan prazas libres nos cursos de novas tecnoloxías que se impartirán no mes de xuño no centro social de Boiro.

XUÑO
Redes Sociais Twitter. 4 e 5 xuño de 11h a 13h.
Redes Sociais Facebook. 6, 11,12 e 13 de 11h a 13h.
Retoque fotográfico. Do 25 ao 28 de xuño de 11h a 13h. 

Para inscribirte podes acudir ao Centro Social(1º andar-aula Cemit) ou enviar un mail a axentetic@boiro.org ou omix@boiro.org

Xornada en Riveira. Para o sector turístico

Nas ponencias vanse a presentar unha serie de iniciativas e actuacións que están encamiñadas e dirixidas a unha gran variedade de sectores como son o turismo, o mar, a conserva, hostalería e restauración, hospedaxe e aloxamento e o comercio, entre outros.

Fecha de celebración: 4 de xuño 2013
Lugar: Auditorio do Concello de Riveira. Praza dos Mariñeiros
Inscricións e información en :
Centro de Interpretación do Parque de San Roque
Tel. 686587000 o sanroqueturismo@gmail.com

luns, 27 de maio de 2013

Convocadas 300 bolsas de Mapfre para persoas desempregadas.

As bolsas están destinadas a facilitar o acceso a persoas que desexen incorporarse ós cursos e-learning de especialización en seguros , xerencias de riscos, prevención e medio ambente.A concesión das becas é por orden cronolóxico. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de xuño.
Máis información tlf: 91 6025221, www.fundacionmapfre.org, www.injuve.es

venres, 24 de maio de 2013

Concurso carteis feira celta

O Concello de Porto do Son convoca un certame de carteis para a nunciar a feira celta cun premio de 300 euros.
Tedes a información neste enlace

Andaina en rianxo

25 de maio co bo tempo chegan as andainas.
Tedes toda a información neste enlace

xoves, 23 de maio de 2013

Mañá estás convidado/a ao Centro Social

Axenda para a fin de semana...

Non só teremos sol a partir de hoxe mesmo todo esto poderás atopar...

Xoves 23 de maio 
ás 22h
Concerto homenaxe ao Brétema
Bar Brétema( Ribeira)

Venres 24 de maio
ás 20.00h
Teatro "Osiños"
Público infantil e familiar.
Casa da Cultura de Boiro.

ás 20.30h
Homenaxe á Carpintería de Ribeira
Centro Social de Boiro(Sala de exposicións)

Concerto do grupo Aquel de Aquelar

Organizado pola escola de música de Boiro
Centro Social de Boiro(Sala de exposicións)

Sergio Tannus Trio
Auditorio de Rianxo

ás 21h
Concerto de Canlebó e Mago Xacobe
Programación polo aniversarío do bar Magán
Bar Magán(Boiro)

ás 23.30h
Concerto Os prestados

Bar Riaso(Ribeira)


ás 21h
Concerto de Alvila
Pousada das Ánimas(Boiro)

Concerto de Heredeiros da Crus
en Ordes, sairán autobuses dende Ribeira
Organiza Asociación flor de toxo.


Sábado  25 de maio
Todo o día
Serán no Enxebre

Bar Enxebre(Boiro)

ás 23.30h
Concerto The Fe Kaos+A chiquilisa do ruído

Bar Riaso(Ribeira)
Domingo 26 de maio
ás 14.30h
Sesión Matiné Gastromusical
Bar Riaso(Ribeira)
curso gratuíto “a accesibilidade universal como oportunidade de negocio”.

Días do curso: 3,4,5 e 6 de xuño

Horario: de 9.00 a 14.00 h

Lugar: casa da cultura de Boiro

Información:
Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
Praza de Galicia, s/n.15930 Boiro - A Coruña
Telf. 981 845 236.Fax. 981 849 925

Listas de contratación en materia forestal(Seaga)

Neste enlace podes consultar as bases e obter os impresos para cada unha das prazas de persoal temporal da empresa pública Seaga

Xornadas sobre cooperativismo

Seminarios de Inserción laboral - autoemprego cooperativo (10h)
 
Datas: 30 e 31 de maio de 2013
 
Horario:  De 10 a 15 h
 
Lugar: Centro Social de Boiro - R/ Poeta Manuel María, s/n BOIRO
 
En caso de interese para inscribirse: 981 575 578 / rosaab@ugacota.coop

Bolsas para universitarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca 98 bolsas para o alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio, relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o día o 29 de xuño de 2013.

As solicitudes se poden tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento administrativo ED411B.

Máis información no DOG do 22 de maio de 2013 e en www.edu.xunta.es

Queres informarte de como acceder a prácticas ou traballo en Canada?

En Santiago de Compostela desenvolverase a charla “Experiencia Internacional Canadá” dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que desexen obter unha experiencia laboral e cultural en Canadá: traballo en vacacións, xóvenes profesionais, prácticas ou traballo de verán para estudantes.

Día: 29 de maio
Hora: 18 h.
Lugar: Casa das Asociacións de Cornes


Máis información en CSC e Xuvenil Municipal O Ensanche. Frei Rosendo Salvado 14-16 Baixo. 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 543 001

   

martes, 21 de maio de 2013

Axudas para formación práctica en centros de traballo

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:
A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Requisitos:Alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas que estea cursando o derradeiro curso dun: ciclo formativo de grao medio ou superior de formación profesional, ciclo formativo de grao medio ou superior de artes plásticas e deseño, módulo profesional experimental de nivel II, nivel de ensinanzas deportivas ou un programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2013.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
Primeiro prazo: 21 de xuño de 2013 para o alumnado que realizase a FCT nos períodos de outubro 2012-marzo 2013 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2013.
Segundo prazo: entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2013 para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2013.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 21 de maio de 2013 e en www.edu.xunta.es/fct

Intercambio xuvenil en Portugal

Título intercambio: InterACTION
Datas: 13.-22. Julio 2013 (inclusive día de viaje)/ Visita de preparación previa só para un participante co 100% dos gastos cubertos do 7 a0 9 de xuño.

Traballarase con unha ONG en actividades que promovan unha cidadanía activa. 
Lugar: Coimbra, Portugal 
Participantes:
-          5 participantes entre 19 y 25 años e 1 lider do grupo (sin límite de idade)
gastos manutenciòn e aloxamento: 100% subvencionados polo proxecto
gastos viaxe: 70% subvencionados polo proxecto
Mais información en: omix@boiro.org e link: https://www.facebook.com/events/316838555110972/




luns, 20 de maio de 2013

Emprego para monitores

Desde New Line seleccionamos monitoras para estar con niños realizando juegos participativos con ellos simulando cómo funciona un aeropuerto. Es imprescindible que las candidatas tengan formación o experiencia relacionada con niños: Monitora de tiempo libre, magisterio, etc. Lugar: Aeropuerto de Vigo Fechas: sábado 1 de junio Horario: de 9:30 a 13:30 Personal necesario: 4 monitoras-animadoras infantiles

Máis info neste enlace

mércores, 15 de maio de 2013

Festival de títeres de Redondela


Curso de Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade

Do 17 de xuño ao 16 de setembro de 2013 no espazo xoven de Noia.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do 31 de maio de 2013.
A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude:
Formulario de Solicitude
 Máis información: Espazo Xove de Noia
Casa da Xuventude de Noia
Pedra Sartaña s/n – 15200 Noia
Tel. 981 823 802
E-correo: cxnoia.traballo@xunta.es

Aloxamento en residencias xuvenís

A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento para o curso académico 2013-2014. Info neste enlace

Bolsas Leonardo da Vinci da Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense convoca 50 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas.As prácticas poderanse desenvolver en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal.

Requisitos:Posuír titulación universitaria oficial acreditada por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación, ou estar en condición de obtela titulación na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano da convocatoria deste concurso. Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ó seu grao de formación académica: portugués e/ou inglés.
Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.Non ter gozado anteriormente dunha bolsa do Programa Leonardo da Vinci do grupo obxectivo PLM: persoas no mercado laboral.
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 28 de maio de 2013.
Máis información no BOP de Ourense do 13 de maio de 2013 e en http://becasinternacionais.depourense.es

Servicio de Voluntariado Europeo de 6 meses en Senegal

A AIC Pandora ten unha praza libre para realizar un voluntariado de 6 meses en Senegal nun proxecto educativo.As persoas interesadas no proxecto deben enviar o seu CV e carta de motivación antes de maña xoves a sve@aipc-pandora.org.
O proxecto forma parte do servizo de voluntariado europeo polo que os gastos estarían cubertos, a excepción dunha porcentaxe pequena dos gastos de viaxe. Para máis información: http://www.hacesfalta.org/oportunidades/presencial/detalle/Default.aspx?idOportunidad=94317 e na AIC Pandora www.aipc-pandora.org

martes, 14 de maio de 2013

Programa de prácticas para titulados en FP

Ata o 31 de decembro podes solicitar o programa Pasarela de prácticas para titulados de formación profesional superior.
As persoas interesadas debedes inscribirnos nesta web.

Mercadillo de troco

e se esta tarde tes algo que queiras trocar..celébrase en Belvís(Santiago)  o MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO

Entérate de máis neste enlace

Ofertas de traballo en proxectos sociais

12 novos proxectos de organizacións sociais,  incorporarán, o próximo 1 de outubro, profesionais ás súas organizacións. As ofertas están dirixidas a directivos e expertos altamente cualificados, de calquer parte de España, que teñan unha experiencia laboral de cinco anos e se atopen no paro.
As solicitudes pódense presentar mediante o seguinte enlace:
http://www.fundacionbotin.org/entidades-premiadas-iv-edicion-y-perfiles-profesionales-solicitados_talento-solidario.htm

Prazas de persoal no Concello de Verín para a ludoteca de verán "Convive en Igualdade"


Máis info no Rexistro do Concello de Verín 988410000 ou no CIM
988414776


venres, 10 de maio de 2013

Masterclass de técnica vocal en Boiro





Este sábado 11 de maio nas instalacións da Escola de Música de Boiro, celébrase unha masterclass de técnica vocal de 16.30h a 20h.



Contratación de Técnicos/as para oficinas de turismo

O Concello de Ribeira convoca un proceso selectivo para a contratación temporal de técnicos/as para as oficinas municipais de información turística durante o verán 2013. As bases están expostas no taboleiro de anuncios do Concello e os/as interesados/as teñen un prazo de 10 días naturais para entregar a documentación. As instancias deben entregarse no rexistro no Concello.

Bolsas para artes plásticas

Convoca: Fundación Endesa e a Deputación de Teruel co fin de fomentar a creatividade artística nos seus diversos campos.
Destinatarios: artistas españois ou residentes en España, sen límite de idade
Data límite: 15 de xuño.
Máis información: http://www.fundacionendesa.org/node/643

xoves, 9 de maio de 2013

Plantación Boiroverde:"apadriña unha árbore"

Novamente o colectivo Boiroverde sae a rúa co proxecto de sensibilización ambiental "Apadriña unha árbore".

O concello de Boiro seguirá  incrementando árbores grazas as plantacións promovidas polo colectivo Boiroverde, organizará este fin de semana unha actividade que permitirá apadriñar 20 árbores novas.

 A cita será o sábado 11 de maio no Paseo de Praia Xardín(á altura do Centro de Sáude do Saltiño en dirección Boiro) ás 12h.

Estades todos/as convidados/as!!!

Cursos da Mancomunidade Arousa Norte






       

Para a fin de semana...

Venres 10 de maio

20h Teatro con Lusco e Fusco "Encontros"
Casa da Cultura de Boiro

21.30h Teatro "valados" de Agustí Fernández Paz
Auditorio de Ribeira


22h Ciclo de narradores orais
Contacontos con María de Pantagha
Sociedad Liceo de Noia

24h Concerto Missin Blues
Pousada das Ánimas(Boiro)

Sábado 11 de maio

11h Contacontos de Miro Villar(3 a 12 anos)
Biblioteca Pública de Ribeira

12h Amadriñamento de árbores en Praia Xardín
Proxecto de sensibilización ambiental
Paseo de Praia Xardín

18h Mago Xacobe
Centro Social de Cabo de Cruz

20h Inauguración exposición de Cristina Ramirez e Loli Regueira
Sala de Exposición Ofaiado(Ribeira)


+  
Festas da Ascensión Santiago de Compostela
Festival Reperkusion(Ourense)
Xuventude Galiza Net

Bolsas para estudiar, investigar e traballar en Australia

Consulta as bases neste enlace:



Bolsas de comercio para a artesanía

A Dirección Xeral de Comercio convoca 4 bolsas de formación práctica. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as que o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía.
Requisitos:
Estar en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior do ano 2005 ou posterior.
Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
Cada bolsa estará dotada con 6.300 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 € por mes
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2013
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN225A
Máis información no DOG do 8 de maio de 2013 e en http://economiaeindustria.xunta.es




Hoxe xoves en Ribeira ás 19.30h na ALAMEDA!!

mércores, 8 de maio de 2013

Listas de contratación da Xunta de Galicia en varias categorias

Relación de listas abertas da Xunta de Galicia ata o 15 de maio, para informarte das listas abertas, podes consultar nos tlfs 981 54 15 74/981 54 52 36 ou neste enlace

Programa de axudas para xóvenes Iniciativa Xoven

Consiste nunha liña de axudas pensada para ofrecer aos xóvenes para que poidan desenvolver ideas ou proxectos que teñan en mente.
Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as(O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 10 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos) ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
Os proxectos irán dirixidos á mocidade da nosa comunidade autónoma e poderanse desenvolver dende o 1 de xaneiro ao 30 de outubro.
O prazo para solicitalos remata o 18 de maio.
Máis info na OMIX Boiro ou nos teléfonos 981 544866 / 981957057 ou no enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es


Campaña de acollemento familiar temporal

 O día 15 de maio as 19h na Casa do Mar de Ribeira celebrarase unha charla para informar a todas aquelas persoas que estén interesadas en acoller temporalmente a nenos/as galegos/as que foron tutelados pola Xunta de Galicia a causa de abandono da familia biolóxica. Para máis información: 981874131 

CURSO DE INGLÉS no ESPAZO XOVE DE NOIA

Contidos:
  • Análisis de mensaxes orais.
  • Interpretación de mensaxes escritos.
  • Producción de mensaxes orais.
  • Mantemento e seguemento do discurso oral.
  • Emisión de textos escritos.
  • Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.
  • Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade
  • Coherencia: textual.
Duración: 160 horas.
Número de prazas: 30
Metodoloxía: O curso realizarase na modalidade on-line.
Datas de realización: do 3 de xuño ao 30 de xullo de 2013.
Exame final: O exame final será o 30 de xullo de 12.00 a 13.00 horas, en modalidade on-line.
Prazo e lugar de inscrición:
O prazo de inscrición remata as 14.00 horas do 21 de maio de 2013.
A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude
 FORMULARIO DE SOLICITUDE

martes, 7 de maio de 2013

Certame de Artes Plásticas

A Deputación de Pontevedra convoca o certame Novos Valores de Artes Plásticas 2013. O prazo de recollida será desde o 28 de agosto ata o 5 de setembro de 2013.

Premios:1º premio: 4.000 €.
2º premio: 3.000 €.
3º premio: 2.000 €.

Máis información no BOP de Pontevedra do 2 de maio de 2013 e en www.museo.depo.es

luns, 6 de maio de 2013

Curso bixutería creativa e enfiado de swaroski

Esta semana comeza no centro social o curso impartido por María Magán, os que asistichedes este sábado ao mercadillo maiovintage a puidechedes ver con M&M creacións.

Curso bixutería creativa e enfiado de swaroski
8-15-22-29 de maio e 5 de xuño de 20h a 22h
Prezo 60 euros(materiais incluídos)

Prácticas en empresas no estranxeiro

Beneficiarios/as.- Estas axudas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva. Requisitos para ser beneficiario/a:
a)  Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b)  Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e)Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
Prazas.- 250 Duración da estancia.-  8 semanas entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013
 S0licitudes
  • O/a interesados deberán presentar o Anexo I da orde debidamente cumprimentado, máis o resto da documentación requerida.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nun rexistro oficial ou nas oficinas de correos.
  • Prazo: Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo remata o 29 de maio de 2013.
 Contía da axuda.- 2.400 €/participante.
 Gastos que son por conta do/a beneficiario/a.- aloxamento, manutención e gastos de viaxe e transporte.
 Anticipo.- O/a beneficiario/a poderá solicitar un anticipo do 80 % da axuda
 CONSULTA AQUÍ A ORDE DE CONVOCATORIA
 Mais información en:  galeuropa@xunta.es

Cursos de linguas modernas na USC

A Universidade de Santiago de Compostela abre o día 1 de xuño ata o día 25 de xuño de 2013 a matrícula do seu programa de cursos intensivos de verán. Cursos de 40 horas en dúas semanas.
No Campus de Santiago están previstos cursos intensivos de alemán, árabe, catalán, checo, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xapones, así como en Lugo, onde haberá cursos intensivos de alemán, francés, italiano e portugués.
Todas as persoas interesadas en cursar a lingua inglesa e francesa en Santiago ou en Lugo e non teñen o nivel asignado polo CLM terán que facer unha proba de nivelación o día 17 de xuño.
O único requisito para tomar parte nestes cursos é ter como mínimo 16 anos de idade.

III Congreso Natureza e Imaxe

O CEIDA pon en marcha o Congreso Natureza e Imaxe, dirixido a todo o público pero, de maneira especial, aos profesionais e afeccionados á fotografía.

Actividades:
4-5 maio: Curso de Iniciación á Fotografía Dixital da Natureza. Javier Puertas.
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Máis información e inscrición
9-10 maio: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto.
Lugar: Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo). Máis información e inscrición
1 xuño: Test de Biodiversidade.
Lugar: Encoro de Cecebre (Abegondo).
8 xuño: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto.
Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo.
9 xuño: Ciclo de proxeccións audiovisuais.
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Horario: de 10 a 20 h.
Máis información en www.ceida.org

Curso Innovación en cultivos hortícolas de Invernadoiro

Poden participar os menores de 30 anos en activo, aínda que terán prioridade de acceso aqueles inscritos nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego que reúnan unha destas condicións: que sexan desempregados de longa duración, que non accederan ao seu primeiro emprego, de baixa cualificación ou procedentes do plan PREPARA.
O prazo para inscribirse remata mañá 7 de maio ás 9:30 horas.
Duración: 110 horas
Entre os contidos do curso destacan cuestións como as novas técnicas para o uso sostible dos fertilizantes, control de pragas, aproveitamento de recursos naturais, distintos tipos de rego, compostaxe, rotación de cultivos, etc.

Máis información neste enlace ou chamando ás oficinas de Agaca en Santiago no 981584783 hoxe, ou presentándote mañá 7 maio ás 9:30h na cooperativa ICOS, no lugar de Sobreira- Fornas s/n.

venres, 3 de maio de 2013

Curso de fotografía


Esta fin de semana non te perdas..

VENRES 3 DE MAIO

Contacontos con Marta Ríos
ás 20h(4 a 9 anos)
Biblioteca Pública da Casa da Cultura de Boiro

Inauguración exposición fotografía de Toño Vila
ás 20.30h
Centro Social de Cabo de Cruz

 Retruke
Circo na rúa
Noia(todo o día)

SABADO 4 DE MAIO

Maio Vintage Market
Mercadillo cultural. de 12 a 20h
Obradoiros gratuítos para nenos/as, música en directo, mercadillo cultural, mostra de ilustracións.
Dj's, sorteos, piscolabis gratuíto e concerto final. 
Consulta o programa http://www.boiro.org/boirodata/News/2772/Files/Programacion.pdf

Concerto de Aguardiente swing quartet
ás 20.30h

Pousada das Ánimas(Boiro)

Contacontos con Fran Alonso
ás 12h
Biblioteca Pública de Ribeira

Concerto de Noite Fechada
ás22.30h
Noite Meiga 2.0(ribeira)



xoves, 2 de maio de 2013

Campamentos verán Xunta de Galicia

Xa podedes consultar a concesión das prazas dos campamentos da Xunta de Galicia no seguinte enlace:
www.xuventude.net no apartado de Acción de verán 2013 no apartado de consultas de solicitudes ou aquí

Se tedes algún  problema co enlace podedes chamar ao teléfono: 981544851

Formación en creatividade e TICS gratuíta

Cursos Cersia en Santiago.
7 de maio, Mellora a túa creatividade
13 de maio, Xestión eficaz do tempo
10 de xuño, A empresa e as TICS
Os cursos son gratuítos só tes que inscribirte neste enlace:
http://cersiaempresa.org/convocatorias/convocatorias.php?lg=gal

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.
Datas: do 27 ao 31 de maio de 2013.
Lugar de realización do curso:
Instalacións Conservas Friscos, S.A.
Rúa do Concello, nº 56
36612 Catoria, Pontevedra.
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: de 17.15-21.30 horas.
Nº de prazas: 15 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición xunto con unha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pago a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U, avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com

Bolsas da deputación de Lugo

A Deputación de Lugo convoca 2 bolsas para licenciados/as en xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual de calquera universidade española, que desexen ampliar a súa formación práctica na Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía.
As bolsas terán unha duración de dezaoito meses cada unha.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de maio de 2013.
Máis información no BOP de Lugo do 27 de abril de 2013

Intercambios internacionais



1.    Ata o 15 de maio podes inscribirte nos intercambios  internacionais na OMIX de Boiro.

       Intercambio Internacional en Eslovenia

Título intercambio: “Docucitizen”
Datas: 10 - 18 xuño 2013
Lugar: Koper, ESLOVENIA
Tema: grabar un documental sobre os valores europeos de cidadanía activa, democracia, tolerancia e respeto dos dereitos humáns
gastos manutenciòn e aloxamento: 100% subvencionados polo proxecto
gastos viaxe: 70% subvencionados polo proxecto

2.      Intercambio Internacional en Polonia

 Título do intercambio: “Know your rights - SPEAK UP!”
Datas: 1 - 8 agosto 2013
Lugar: Wroclaw, POLONIA
Tema: como combatir o desemprego xuvenil a travès da cidadania activa.
gastos manutenciòn e aloxamiento: 100% subvencionados polo proxecto
gastos viaxe: 70% subvencionados polo proxecto

3.       Curso de Formación Internacional en Italia

Título do Curso: Closer EVS
Datas: 1 - 8 setembro 2013
Lugar: Vinci, Toscana, Italia
Tema: xestionar a acciòn 2 do programa Youth in Action, é  decir, o SVE - Servicio Voluntario Europeo
gastos manutenciòn e aloxamiento: 100% subvencionados polo proxecto
gastos viaxe: 70% subvencionados polo proxecto