martes, 31 de xullo de 2012

Programación cultural do 1 ao 4 de agosto en Boiro

1 de agosto
Exposición de peluquería creativa de AMPARO FERNANDEZ
21h Centro Social de Boiro

2 de agosto
Concerto de música africana co grupo BAMBRA
22h Hostal Terraza Miramar(Boiro)
* Organiza establecemento

2 de agosto
Concerto de música de ALVARO MUDAS
22.30h Cervecería Guilligams(Boiro)
 * Organiza establecemento 

3 de agosto
Peter Punk: Novo Circo
21h Praza de Agramuíña(Escarabote)

4 de agosto
Cé Orquestra "Home Orquestra"
12h Rúa Peonil(Boiro)

5 de agosto
Romería de Exipto
Todo o día. Exipto(Boiro)

3, 4 e 5 de agosto
Boiroferta
Todo o día (praza Subuqueira_Boiro)

 

luns, 30 de xullo de 2012

Exposición de Peluquería no Centro Social



O vindeiro 1 de agosto, a recoñecida estilista de Cabo de Cruz(Boiro), Amparo Fernández inaugurará unha exposición fotográfica, no Centro Social de Boiro, con motivo do  quinto aniversario da apertura do salón, La Pelu. A exposición consiste nun recorrido gráfico ao longo dos veinticinco anos de profesión. 
A inauguración terá lugar o mércores 1 de agosto, as 21:00h na sala de exposicións do Centro Social(2º andar) e poderase visitar ata o 28 de agosto.

venres, 27 de xullo de 2012

Poesía na pesqueira de Asados

Recital poético adicado a Manuel Antonio
o sábado 28 de xullo a partir das 17h na Praza de Manuel Antonio(Asados)

xoves, 26 de xullo de 2012

Concentración motera en Boiro

27/28 e 29 de xullo Concentración motera en Boiro.

Toda a información e o programa de actividades en: http://www.boiromotos.com/

Master en estudos da Unión Europea

Máster para a preparación de oposicións á Unión Europea. Dirixido a graduados e licenciados universitarios nacionais ou estranxeiros. O prazo de preinscripción é ata o 27 de setembro de 2012.

Máis informción telf: 981 167000 (ext.1558) ou www.masterue.com

Titulación PER (Patrón de Embarcación de Recreo)

Agora xa podes obter o título de PER (Patrón de Embarcación de Recreo) no club naútico de Boiro.
As persoas interesadas debedes enviar un mail a info@nauticoboiro.com solicitando mais información.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE AMPARO FERNÁNDEZ



O vindeiro 1 de agosto, a recoñecida estilista de Cabo de Cruz(Boiro), Amparo Fernández inaugurará unha exposición fotográfica, no Centro Social de Boiro, con motivo do  quinto aniversario da apertura do salón, La Pelu. A exposición consiste nun recorrido gráfico ao longo dos veinticinco anos de profesión. 
A inauguración terá lugar o mércores 1 de agosto, as 21:00h na sala de exposicións do Centro Social(2º andar). A exposición poderase visitar ata o 28 de agosto.

Presentación do libro “Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime”


“Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime”, obra do historiador Xosé Manuel Vázquez Lijó, “Queté”, presentarase o vindeiro luns 30 de xullo, ás 19:00h
no salón de actos do Centro Social de Boiro. Ao remate realizarase unha ruta polo Pazo de Goiáns.

Festivais de música na fin de semana

Esta fin de semana en Taragoña celébrase o Festival Antrospinos.

Mais información dos grupos, actividades e entradas no seguinte enlace:
http://www.festivalantrospinos.es/

Programación cultural fin de semana

O departamento de cultura do Concello de Boiro unha noite de cine en Cabo de Cruz para o venres 27 de xullo.

Noite de cine con Toy Story 3
Parque do Subuqueiro(Cabo de Cruz)
Venres 27 xullo. 22h

Ofertas de traballo

Persoal para o Festival Internacional de Cine Independente de Ourense

O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense precisa contratar o seguinte persoal:
- Unha praza de Xefe/a do Departamento de Produción.
- Unha praza de Auxiliar de Produción.
Máis información en: www.ouff.org.
As bases de contratación e o baremo de méritos están publicadas (https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=16
6&fecha=20120720#page=17) no BOP de Ourense do 20 de xullo de 2012.

Bolsa de traballo na especialidade de DUE para o Concello de Vilagarcía de
Arousa


O Concello de Vilagarcía de Arousa fai unha convocatoria para elaborar unha bolsa de traballo na especialidade de DUE.
Os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado universitario en Enfermería (DUE).
O sistema de selección é o de concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias estará aberto ata o 2 de agosto de 2012.
Máis información no BOP de Pontevedra do 18 de xullo de 2012 e na OMIX de Vilagarcía de Arousa, teléfono 986 099 200.

martes, 24 de xullo de 2012

Concertos para celebrar o día festivo

Hoxe 24 de xullo 

22:04 h. ROCK&DORNA.(Ribeira)
Terbutalina
Desalojo
Los Porretas

FESTIGAL(Santiago)
23 h. Concierto de ATAQUE ESCAMPE + BANDA CREBINSKY + LA PHAZE + ZËNZAR

Mañá  25 de Xullo

 Concertos sesión vermú na Sala C(ao lado do museo do pobo galego)

MALANDRÓMEDA,  NOVEDADES CARMINHA e CREBINSKY Dj



FESTIGAL(Santiago)
20 h. Concierto de aCadaCanto + SÉS + TERBUTALINA









luns, 23 de xullo de 2012

Emprego

O CSIC , convoca en Pontevedra, 1 praza temporal para F.P de técnico superior ou ciclo superior. Rama química (Análisis y control). O prazo de presentación de solicitudes
é ata o 25 de xullo de 2012. Máis información Centro de INformación Administrativa, publicado o 18 de xullo de 2012. www.060.es

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (11 meses) de técnico especialista de laboratorio. Grao superior.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 6 de agosto de 2012. Máis información www.udc.es

O Concello de Gijón (Asturias), cnvoca 6 prazas de subalterno , polo sistema de oposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.
Máis información BOE do 21 de xullo de 2012.

Se precisa Consultor SAP Controlling (CO) para impartir formación dende casa.
Horarios nocturnos e sábados.
Boas condicións económicas.
Interesados enviar CV a: escola@pcarrier.com
La Voz de Galicia do domingo 22 de xullo de 2012.
 
Enxeñeiros/as técnicos en mecánica industrial
- localidade: pereiro de aguiar, o (ourense)
nº oferta: 12/2012/3858
requisitos
necesítanse enxeñeiros/as técnicos en mecánica industrial.
Chacineiros/as
- localidade: coruña, a
nº oferta: 12/2012/5314
requisitos
para venda de xamón. experiencia en corte a coitelo e desosado.
Mozos/as de carga e descarga, almacén e/ou mercado de abastos
- localidade: vigo (pontevedra)
nº oferta: 12/2012/5316
requisitos
necesítanse mozos/as de carga e descarga con experiencia. carné de manipulador de alimentos
Esteticistas
- localidade: ourense
requisitos
esteticistas para traballar en centro de manicura e pedicura.
Médicos/as especialistas en medicina do traballo
- localidade: coruña, a
nº oferta: 12/2012/5384
requisitos
necesítanse médicos/as  especialistas en medicina do traballo.
 Perruqueiro/a unisex
- localidade: santiago de compostela (a coruña)
nº oferta: 12/2012/5441
requisitos
para dar clases de perruquería. formación académica fp2.
Soldadores de estruturas metálicas lixeiras
- localidade: barbadas (ourense)
nº oferta: 12/2012/5457
requisitos
soldador/a e mantemento industrial con curso basico de prevención de riscos laborais (aula permanente, 8 horas) e especificio do posto de traballo (20 horas).
Profesores de ensino superior
- localidade: coruña, a
nº oferta: 12/2012/5468
requisitos
necesítanse profesores de ensino superior.
Enxeñeiros/as en mecánica aeronáutica
- localidade: porriño, o (pontevedra)
nº oferta: 12/2012/5484
requisitos
enxeñeiro/a aeronautico (mínimo 24 meses de experiencia). un ano de experiencia con cálculo nastram
Camareiros/as, en xeral
- localidade: castro de rei (lugo)
nº oferta: 12/2012/5513
requisitos
necesítanse camareiros/as.
 Profesores de formación viaria
- localidade: ourense
nº oferta: 12/2012/5535
requisitos
necesítanse profesores de formación viaria.
Mais Información: 902 125 000.
 

Premio para teses doutorais

O Instituto Nacional de Administración Pública convoca o Premio INAP 2012 para teses doutorais, cuxo contido, dende a rama de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas, aborde as tendencias de reforma na Administración pública en calquera dos ámbitos propios da devandita rama de coñecemento.
Requisitos:Poderán concorrer á convocatoria deste premio as persoas de nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea que defendesen a tese doutoral entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 30 de xuño de 2012 e recibisen a mención de cum campa, en calquera universidade española.
A contía do primeiro premio será de 3.000 € e poderanse outorgar dous accésits de 1.500 € cada un.
O prazo de presentación de instancias estará aberto ata o 10 de setembro de 2012.

Máis información no BOE do 20 de xullo de 2012.

Axudas para agrupacións empresariais innovadoras

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo convoca subvencións e medidas de apoio a agrupacións empresariais innovadoras (AEI), co fin de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.
O prazo de presentación de instancias estará aberto ata o 19 de setembro de 2012.

Máis información o BOE do 19 de xullo de 2012 e en www.minetur.gob.es/portalayudas

venres, 20 de xullo de 2012

VII Festival de Bandas do Concello de Boiro

Sábado 21 de xullo de 2012 ás 20:00h. na Praza do Centro Social de Boiro
Actuación das bandas de: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis; Banda de Música de Padrón e a Banda Municipal de Música de Boiro.

Oferta de empleo no Concello de Boiro

Ao abeiro da Resolucion da Alcaldía con data 18 de xullo de 2012, convócase unha praza de DOCENTE para a impartición do curso de formación profesional para o emprego de AXENTE COMERCIAL, cofinanciado pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

Mais información na web www.boiro.org

Festexos e eventos na fin de semana

Se non tedes aínda plans e queredes saber que facer pola Barbanza, aqui vos deixo algúns dos festexos para a fin de semana do 20 ao 22 de xullo.

Do 20 ao 22 de xullo e 25. Festa de Santiago de Lampón
21 de xullo. Procesión marítima da Virxe dos Mares de Escarabote
Do 19 ao 22 de xullo. Festas do verán de Taragoña
Do 20 ao 24 de xullo. Festas da Dorna  en Ribeira * programa
  *http://www.eniac-informatica.com/dorna/pojrama2012.pdf

Boa fin de semana!

xoves, 19 de xullo de 2012

Concurso Campacontos


No que poderán participar rapazas e rapaces que participan durante os meses de xullo e agosto de 2012 nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia que se desenvolven dentro do territorio galego.

Premios e concursos

A Fundación Ánade convoca o VII Premio Internacional de Fotografía.
O obxectivo destes premios é o de visualizar a realidade do colectivo de persoas con minusvalidez psíquica, física, sensorial ou enfermidade mental.
Máis información en www.fundacionanade.org

XXVIII Premios «Francisco Giner de los Ríos» á Mellora da Calidade Educativa para os traballos ou experiencias pedagóxicas de docentes ou equipo de docentes que se encontren en activo
dando clase en centros educativos españois ou de titularidade mixta que impartan as ensinanzas do sistema educativo español autorizados polas administracións educativas nalgunha das seguintes ensinanzas: segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas Profesionais, Ensinanzas de Idiomas en Escolas Oficiais e Ensinanzas Deportivas.
Máis información: consultar o BOE día 17 de xullo de 2012.


XXX Premio de novela Blanco Amor. Poderán participar nel todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. 
Máis información: http://xuventude.xunta.es/201207128262/xxx-premio-de-novela-blanco-amor.html

Cursos de formación ambiental especializada (on-line)

Áreas formativas/cursos:
RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA
INTEGRACIÓN AMBIENTAL SECTORIAL
XESTIÓN FORESTAL
XESTIÓN AMBIENTAL
SISTEMAS (CALIDADE, MEDIOAMBIENTE E PRL)
Podes consultar o programa de cada curso e realizala inscrición na seguinte páxina: www.feuga.es/gestionmedioambiental

Actividades de verán na rúa


Hoxe dentro da programación de verán as 12h podedes ver o espectáculo dos magníficos "Historias por contar" para nenos/as na Casa da Cultura e o sábado 21 de xullo as 12h o espectáculo de Nono.

Se non queredes perdervos ningunha actividade neste verán xa podedes recoller no Centro Social o programa de actividades.

Prazas vacantes en Actividades de 18 a 35 anos


Aínda quedan prazas dispoñibles nas actividades de acción de verán da Xunta de Galicia. Só tes que chamar aos teléfonos que figuran xunto ao código da actividade.

Aínda quedan prazas dispoñibles no curso de dinamizador de actividades infantis e da terceira idade. Podedes consultar a información na web do Concello de Boiro http://www.boiro.org/boiro/ ou visitar o Centro Social de Boiro(OMIX)

venres, 13 de xullo de 2012

Só 2 prazas libres no Curso de dinamizador infantil e de persoas maiores

O prazo para inscribirse no curso remata o luns 17 de xullo e soamente quedan 2 prazas libres, se vos interesa, esta é a vosa oportunidade.


DURACIÓN
60h presenciais(15 horas teórico-prácticas e 45h prácticas)* As prácticas terán un horario flexible e realizaranse ao remate do curso.

DESTINATARIOS
Maiores de 18 anos

TEMPORALIDADE
Sábados 4-11 e 18 de agosto de 9 a 14h no Centro Social de Boiro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
OMIX(Centro Social de Boiro)
R/ Poeta Manuel María s/n
15930. Boiro
981842635/omix@boiro.org

xoves, 12 de xullo de 2012

Concertos para a fin de semana

Concerto de Ricardo Parada
xoves 12 de xullo, as 22h
Restaurante Miramar(Boiro)

Actuación de gaiteiros
venres 13 de xullo, as 22.30h
Abadía de San Enrique(Cabo de Cruz-Boiro)

Concerto de Siberets
venres 13 de xullo, as 20.30h
Curral do Marqués(taragoña)

Doazón de sangue en Boiro

Esta fin de semana estará unha unidade móbil de doazón de sangue na praza do Concello de Boiro.

VENRES 13 de xullo
de 10 a 14h e de 16 a 21h

SÁBADO 14 de xullo
de 10 a 15h

+ Información:
doadoressangue.ctg@sergas.es
http://ctg.sergas.es
900100828

mércores, 11 de xullo de 2012

Ruta de senderismo

A concellería de Turismo, organiza unha ruta de sendeirismo este venres, 13 de xullo ás 21.00. Trátase dun percorrido de 7 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia. A ruta pasará por A Boliña, Rexidor, Trebonzos e Vista Alegre.

Ofertas de emprego

Neste enlace podedes consultar o boletin da Xunta cas ofertas de emprego públicas e privadas:
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/boletinxuventude_09_07_12.pdf

Certame fotográfico

O Concello de Porto do Son convoca o I Concurso fotográfico sobre a igualdade de xénero.

•Tema: “Igualdade de xénero”
(http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/07/05/2012_0000008363.pdf).
Valorarase a temática das fotografías relacionadas coas xentes do Son.

As fotografías ou series poderán ser en cor ou en branco e negro, cun tamaño mínimo de 24 x 30
cm. Tódalas fotografías irán presentadas en superficie ríxida (cartolina, non) en tamaño 50 x 60 cm.
Ó dorso de cada fotografía figurará exclusivamente o lema da obra, lugar e ano no que se tomou a fotografía. Con tódalas obras adxuntarase un sobre pechado no exterior do cal aparecerá soamente o alcume do autor e no seu interior indicaranse os seguintes datos:
nome e apelidos do autor, título das obras, explicación da técnica utilizada, enderezo e número de teléfono.

Prazo: as obras serán remitidas ou presentadas nas oficinas do Concello (rúa Atalaia, s/n, 15970, Porto do Son) antes do día 19 de abril de 2013.

• Premios:
- O primeiro premio: 601,01 € e un diploma conmemorativo.
- O segundo premio: 300,51 € e un diploma conmemorativo.
- O terceiro premio: 150,25 € e un diploma conmemorativo.
O xurado poderá conceder tres accésit de 60,01 €, se a calidade das fotografías así o requiriran.

Máis información
no BOP da Coruña do 5 de xullo de 2012 e na OMIX de Porto do Son, teléfono 981 867 414

Voluntariado ambiental:conservación das dunas

Baixo o lema “conservando as nosas dunas”, ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental,
que se celebrará: O  xoves 19 de xullo, na praia de AreasLongas (Porto do Son).

Son xornadas de eliminación de flora exótica invasora. Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida.
As voluntarias e os voluntarios que queiran participar poden apuntarse e pedir información no seguinte
enderezo:
Ramsés Pérez (ramses@adega.info)
Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616-23-80-50

- Máis información:
http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/794-voluntariado-ambiental-conservando-as-nosas-dunas

martes, 10 de xullo de 2012

Cursos de Novas Tecnoloxías no Centro Social de Boiro en Agosto

Image Detail

                     PROCESADOR DE TEXTO: 14-16-21 e 22 de agosto de 10 a 12h

FOLLA DE CÁLCULO: 23-28-29-30 de agosto de 10 a 12h

MECANOGRAFÍA(de 11 a 14 anos): 14 a 30 de agosto de 12.30h a 13.30h 

Incricións: A partir do día 16 de xullo no Centro Social de Boiro(981842635)

luns, 9 de xullo de 2012

Webs para atopar traballos de verán no estranxeiro

http: www.aplus-summerjobs.com (Engloba a máis de 2000 empresas que ofertan
traballos de tempada).
http: www.jobmonkey.com
http: www.jobweb.com (Portal que contén bases de datos con traballos para
graduados e estudantes en Estados Unidos, tamén prácticas).
http://europa.eu.int/ (Recursos para mozo/as que desexan atopar un traballo no
verán). En castelán.
http: www.summerjobs.com (Portal especializado en traballos de verán no territorio
estadounidense e tamén para outras partes do mundo).
http: www.pole-emploi-internacional.fr

Prazas limitadas en Curso de dinamizador infantil

 Remata o prazo de inscrición o 17 de xullo e as prazas son limitadas!!!

OBXECTIVO
Dotar ao alumnado dunhas ferramentas e metodoloxía básicas para a condución de actividades de tempo libre con nenos e maiores. Ao finalizar entregarase ao alumnado un diploma acreditativo.

CONTIDOS
Principais características en cada unha das etapas
Adaptación de actividades en función dos destinatarios/as
Principais actividades que poden realizarse con ambos colectivos
O valor educativo de calquera actividade de ocio
DURACIÓN
60h presenciais(15 horas teórico-prácticas e 45h prácticas)
DESTINATARIOS
Maiores de 18 anos
TEMPORALIDADE
Sábados 4-11 e 18 de agosto de 9 a 14h no Centro Social de Boiro
PREZO
80 €

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
OMIX(Centro Social de Boiro)
R/ Poeta Manuel María s/n
15930. Boiro
981842635/omix@boiro.org

Campamento deportivo e de tempo libre

 Xogos e actividades variadas a realizar en distintos lugares do Concello de Boiro (praia, parque de A Cachada, pistas polideportivas...) para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos.

Datas: 
18, 19 e 20 de xullo

Horario: 
11h a 14h

Información e inscricións:
DEPARTAMENTO DE DEPORTES 
Casa da Cultura. Parque da Cachada. 
Tfno: 981 84 84 25 / deportes@boiro.org

xoves, 5 de xullo de 2012

Axudas para a mellora de restaurantes

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  publica unha AXUDA para a MELLORA DE ESTABLECEMENTOS RESTAURANTES.

Para ampliar a información: www.boiro.org

Prazas libres nos cursos gratuítos de novas tecnoloxías

No mes de xullo a aula CEMIT organiza un curso de manexo de Skype(Comunicación por internet e videochamadas) no que quedan 6 prazas libres

Datas: 10,12,17 e 19 de xullo
Horario: 10 a 11h
Lugar: Aula CEMIT(Centro Social de Boiro)
Prezo: Gratuíto
Inscricións: Centro Social de Boiro/981842635

PREMIO da XI Bienal de Pintura


O sábado, 7 de xullo, terá lugar a CLAUSURA E ENTREGA DO PREMIO da XI Bienal de Pintura “José Luis Fernández” as 21:30 horas no Centro Cultural e deportivo de Boiro(Severo
Ochoa, 5)

A obra premiada, baixo o título “Entón, os días, afogados polo artificio, pasan como un pequeño banco de peixes que se xuntan ante un perigo”, pertence á autora boirense PAOLA GARCÍA PAZ.
Tamén se conceden dúas mencións honoríficas ás obras “Troncos no río”, de BEGOÑA OUVIÑA SAMPEDRO, e “Porto de Ribeira”, de CARLOS TRIÑANES BUCETA.

Cursos de alemán de verán

Este luns 9 de xullo, comezan os cursos intensivos de alemán no Centro Social na 4ª pranta.
Hai dous horarios de 9 a 11h e de 11h a 13h.

Se tedes dúbidas sobre o grupo e horario no que estades podedes pasar pola oficina OMIX no Centro Social.

Citas culturais para a fin de semana

Venres 6 de xullo. 21:00h
Inauguración da exposición fotográfica de Toño Vila 
Centro Social de Boiro

Domingo 8 de xullo. 22:00h
Presentación do libro "Alento nas Costas"
Monólogo de Carlos Blanco
Pousada das ánimas. Boiro

mércores, 4 de xullo de 2012

Gañadores do Curota Sound

O grupo gañador do certame Curota Sound foi THE LAKAZANS, Noraboa!

Exposición de Toño Vila no Centro Social de Boiro



Este venres no Centro Social de Boiro, inaugurará o fotógrafo boirense Toño Vila a súa mostra fotográfica titulada "Abandono". A inauguración será o venres 6 de xullo ás 21h na sala de exposición do Centro Social de Boiro (2ª pranta)

Prazas nas actividades da Xunta de Galicia de 18 a 35 anos

Aínda quedan prazas dispoñibles. Só tes que chamar aos teléfonos que figuran xunto ao código da actividade. A CORUÑA Tel.: 881 881 240 / 881 881 242 Fax: 881 881 237  xuventudecoruna@xunta.es

Curso de animador infantil e de persoas maiores

 
 
 
OBXECTIVO
Dotar ao alumnado dunhas ferramentas e metodoloxía básicas para a condución de actividades de tempo libre con nenos e maiores. Ao finalizar entregarase ao alumnado un diploma acreditativo.

CONTIDOS
Principais características en cada unha das etapas
Adaptación de actividades en función dos destinatarios/as
Principais actividades que poden realizarse con ambos colectivos
O valor educativo de calquera actividade de ocio
DURACIÓN
60h presenciais(15 horas teórico-prácticas e 45h prácticas)
DESTINATARIOS
Maiores de 18 anos
TEMPORALIDADE
Sábados 4-11 e 18 de agosto de 9 a 14h no Centro Social de Boiro
PREZO
80 €

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
OMIX(Centro Social de Boiro)
R/ Poeta Manuel María s/n
15930. Boiro
981842635/omix@boiro.org

martes, 3 de xullo de 2012

Prazas para bolseiros nas residencias xuvenís


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2012/2013.

Prazas:Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.

Requisitos:Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2012.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303C

Máis información no DOG do 3 de xullo de 2012

Exposición de fotografía no Centro Social



Este venres no Centro Social de Boiro, inaugurará o fotográfo boirense Toño Vila a súa mostra fotográfica titulada "Abandono".

A inauguración será o venres as 21h na Sala de Exposicións do Centro Social de Boiro(2ª pranta)

Novas ofertas de emprego

*Ofertas publicadas no blog de emprego da Mancomunidade ArousaNorte http://arousanortemprego.wordpress.com


Curso sobre “Patrimonio Industrial e Turismo”

Ccurso sobre “Patrimonio Industrial e Turismo” os días 18,19 e 20 de xullo en Ferrol.
Curso de 20 horas con recoñecemento de Crédito de Libre Elección. O prazo de matrícula está aberta.

Enlace: www.uimp.es 

Praza de “técnico/a de fomento do cooperativimo”


Praza de “técnico/a de fomento do cooperativimo” na mancomunidade ArousaNorte
A publicación na Voz de Galicia saiu o día 3 de xullo,  o prazo de presentación, 5 días naturais, remata o domingo 8 de xullo.  Admítense as solicitudes enviadas por correos e correctamente selada a instancia ata o sábado pola mañá, sempre que se adiante por fax a solicitude.(Fax .981 849925).
Os requisitos mínimos que se esixen para o posto  é ter unha das seguintes titulacións:
  • Grao ou Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas ou Licenciatura en Ciencias Empresariais.
  • Grao ou Licenciatura en Economía.
  • Grao ou Diplomatura en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
O rexistro da mancomunidade Arousa Norte estará aberto en días laborais, de luns a venres na Casa do concello de Boiro, 2º andar ,Boiro, de 9.00 a 13.30 h.
Máis informarción no teléf. 981 845 236
Envío o enlace onde están as bases da concocatoria e a instancia: http://www.arousa-norte.es/perfil.php

Bolsas da UDC

A Universidade da Coruña, amplía o prazo de presentación de solicitude, de 110 bolsas de formación de diversas áreas. 
Ampliación no prazo de presentación bolsas de formación complementaria
ONDE DI: O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14.00 h do 3 de xullo de 2012.
DEBE DICIR: O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14.00 h do día 6 de xullo de 2012.

Máis información www.udc.es

Final do certame Curota Sound

Hoxe na programación das festas de Boiro, non vos perdades a final do Certame Curota Sound:

Os grupos finalistas son:

SIBERETS
LAKAZANS
AGORAPHOBIA 
BELFAST


Os concertos comezan as 22.30h na Praza da Mancomunidade.

Proxecto de intervención artística en Santiago


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Santiago de Compostela abren o prazo para participar no programa de dinamización artística “Imagina Atlántica: Teatros de pedra”, ofrecendo unha vía para que a xuventude exprese as súas inquedanzas artísticas, individuais e colectivas. Trátase dun programa enmarcado dentro do proxecto “Imagina Atlántica: espazo atlántico, territorios creativos innovadores” aprobado ao abeiro do proxecto “Espazo Atlántico” e no que participan rexións de España, Francia, Reino Unido e Portugal.
Dentro das actividades programadas está a creación dun percorrido turístico alternativo na cidade de Santiago de Compostela a través das artes dende o 28 de xullo ata o 13 de agosto.
A finalidade desta convocatoria é  promover e estimular a creación de artistas xoves dentro dos parámetros da arte actual. Durante unha estadía continuada de quince días 24 mozos e mozas realizarán as súas intervencións en sete prazas públicas da cidade de Santiago de Compostela. Intervencións artísticas para a dinamización das prazas compostelás.
Os/as participantes, xóvenes creadores, pasarán un proceso de preparación e creación da súa intervención.
Prazo de inscrición: do 2 ao 15 de xullo
Prazas: 24
Destinatarios: mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia entre 18 e 30 anos de idade.
Disciplinas artísticas:
  • Arte escénica (teatro, danza e expresión, performance musical)
  • Artes (pintura, escultura, grafitti)
  • Videoarte
  • Literatura (poesía e relato breve)
Datas de realización da estadía e intervención: do 28 de xullo ao 13 de agosto de 2012 (estadía continuada de 15 días)
Aloxamento: albergue e/ou hotel
Cobertura da actividade:
-          Pernocta e aloxamento en réxime de pensión completa.
-          Manutención
-          Desprazamento nas distintas actividades
-          Actividades, equipo de monitores, materiais e seguros.
-          Custo da produción

luns, 2 de xullo de 2012

Bolsas para estudios

A Fundación Universia convoca para o curso 2012-2013 as VI Becas Fundación Universia Capacitas, dirixidas a estudantes que estean matriculados ou se acaben de matricular, por primeira vez, en ensinanzas oficiais de grao e de posgrao impartidas por universidades españolas, e que acrediten legalmente, unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Contémplanse tres tipos de becas:
- De acceso: dirixidas a estudantes que se matriculen por primeira vez en estudos universitarios.
- De progreso: dirixidas a estudantes que xa estean na universidade.
- De mobilidade: dirixidas a estudantes que, en virtude dun programa de intercambio, desexen realizar un período de formación, como mínimo dun trimestre, nunha universidade distinta á súa de orixe.

 As solicitudes presentaranse unicamente por vía telemática a través da seguinte dirección: http://candidatos.fundacionuniversia.net/becas_capacitas/pedir-beca
Prazo de solicitude: do 2 de xullo ao 15 de novembro de 2012 (15 de xuño ao 1 de outubro de 2012 para as becas de mobilidade).

Para máis información, consulte o seguinte enlace:
https://candidatos.fundacionuniversia.net/becas_capacitas//