mércores, 30 de novembro de 2011

AXUDAS AO TRANSPORTE DO CONCELLO DE BOIRO

O día 1 de decembro publícanse as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.

O prazo de solicitude das axudas é dende o día 1 de decembro do 2011 ata o 13 de xaneiro do 2012, ámbolos dous inclusive.

Os documentos deberán ser entregados en rexistro no concello acompañados da folla de solicitude que poderá recollerse en conserxería no Concello de Boiro, na Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro, 1º andar) ou descargar dende a web www.boiro.org

martes, 29 de novembro de 2011

Toda a programacion para esta fin de semana


- Venres 2 decembro. 18h e 20h
Talia Teatro con "Carta urxente para Máximo Toxo"
Casa da Cultura Ramón Martínez López
teatro a partir de 5 anos
Programación organizada polo Concello de Boiro

Esta obra infantil trascurre arredor de dous protagonistas, Belinda e Máximo. Belinda é unha carteira que ha de asegurarse que a carta importantísima que ten para Máximo chega ao seu destinatario en persoa. A tarefa non é doada porque Máximo é un escritor huraño que sempre está metido na casa e non quere relacionarse con nadie.

-Venres 2 decembro. 23.45h
Os da Ría, presentando ChinChin polos da Ría
Pousada das ánimas. Boiro
Programación organizada polo establecemento privado

- Sábado 3 decembro. 18h
Documental Zeitgeist
Centro Social de Boiro.
Programación organizada polo Concello de Boiro

Este documental está escrito, dirixido e producido por Peter Joseph no ano 2007. Foi premiado con varios recoñecementos de carácter internacional; entre eles o Artivist Film Festival 2007.
O documental céntrase nas actuais institucións sociais dominantes, ao tempo que explora as estructuras de poder actuais.

- Sábado 3 decembro. 22.30h
Mago Miguelo
Curral do Marques. Taragoña.
Programación organizada polo establecemento privado

Programa do Carné Xove.

Unha chea de establecementos incorpóranse ao Programa do Carné Xove.

Desfruta de vantaxes en tendas de roupa, calzado, complementos, salóns de peiteado, ópticas, clínicas dentais, cafetarías….

Consulta na web www.xuventude.net os descontos da túa provincia e as oficinas onde podes facelo. Recorda que en Boiro xa podes facelo dende a OMIX(Centro Social de Boiro, 1º andar)




luns, 28 de novembro de 2011

II Edición de XOGUETES X MÚSICA


O venres 9 de decembro celebrase a II Edición de XOGUETES X MÚSICA!!!
Non faltedes e non vos esquezades de traer o voso xoguete... Xa sabedes, 1 xoguete = 1 entrada!!

venres, 25 de novembro de 2011

Esta fin de semana non te perdas...

En Boiro...

Proxección da película "El Bola"
venres 25 de novembro as 20.15h
Centro Social de Boiro
Actividade organizada polo Concello de Boiro(departamento de SS.SS e CIM)

Para celebrar o día internacional da violencia de xénero se proxectará este film e posteriormente iniciará unha mesa de debate.


Espectáculo "A Pata de Mono"
venres 25 de novembro as 24h
Pub ESE. Boiro
Actividade organizada polo establecemento privado

Espectáculo cómico a cargo de Paula Carballeira e Suso Cortegoso.

Nos arredores de Boiro...

Espectáculo "Padre Merino"
venres 25 de novembro as 23.30h
sábado 26 de novembro as 1.30h
Bar Curral do Marqués. Taragoña
Actividade organizada polo establecemento privado

Espectáculo mestura de distintas técnicas de actuación: monólogo-stand up, clown, bufón, maxia, música en directo... dirixido por Fran Rei (de Os 7 magníficos + 1).

Os Chiquilicuatres en concerto
venres 25 de novembro as 21.30h
Taberna do Riaso en Ribeira
Actividade organizada polo establecemento privado

Bolsas e axudas para a xuventude nun CLIC

Agora podes buscar e encontrar bolsas que se convocan ao longo do ano clasificadas por materias e por entidades convocantes na ventá de Ensino e Bolsas da páxina de xuventude www.xuventude.net

Curso básico de voluntariado de cooperación

A Coordinadora de ONGD para o Desenvolvemento organiza un curso básico de voluntariado de cooperación para o desenvolvemento, de 40 horas de duración, que se pode realizar en diferentes momentos do ano.

Más información:

CONGDE

xoves, 24 de novembro de 2011

Bolsas para estudios

O Consello Económico e Social convoca 5 bolsas de estudos e traballo:  

Dirección da Área de Estudos e Análise: tres bolsas.


Bolsa E1: para titulados superiores universitarios en Economía,para a
realización de estudos e traballosen materias propias da titulación en Economía.
Bolsa E2:
para titulados superiores universitarios en Dereito,
para a realización de estudos e traballos propios da titulación en Dereito.
Bolsa E3: para titulados superiores universitarios con preparación teórica
específica en Xestión Editorialen ámbitos e contidos dixitais, para a realización
de estudos e traballos de planificación e xestión de proxectos editoriais,
multimedia e interactivos.

Dirección de Documentación: dúas bolsas.

Bolsa D1: para titulados superiores universitarios nas áreas de Ciencias da
Información ou de Documentación,para a realización de estudos e traballos
de desenvolvemento e mantemento de contidos nos «sitios» web do CES e
confección de resumos de informes e noticias de prensa sobre o CES
ou materias nas que é competente.
Bolsa D2: para titulados superiores universitarios en Documentación,
para a realización de estudos e traballos de catalogación, clasificación
e indexación de documentos, e mantemento de bases documentais
e desenvolvemento de contidos nos «sitios» web do Consello.

O prazo
para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de decembro de 2011.

Máis información no BOE do 22 de novembro de 2011 e en www.ces.es


A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas e a Fundación
«La Caixa»convocan 10 axudas para cursar un doutorado no Centro Nacional
de Biotecnoloxía (CNB) do CSIC.

Requisitos: estudantes españois e estranxeiros que finalizasen,
con posterioridade ao 31 de outubro de 2008, os estudos universitarios
que cualifican, segundo a lexislación española, para o acceso ás ensinanzas
de terceiro ciclo ou aos estudos Oficiais de Postgrao.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de febreiro de 2012.

Máis información no BOE do 22 de novembro de 2011 e en www.cnb.csic.es.

mércores, 23 de novembro de 2011

Actos para o 25 de novembro. Dia internacional contra a violencia a muller

Proxección da película "El Bola"
Charla coloquio posterior á proxección da película.
Lugar: Centro Social de Boiro. Salón de actos.
Hora: 20.15h

Concurso de cómic organizado pola Cruz Vermella Boiro
Podedes consultar as bases na paxina web do Concello de Boiro www.boiro.org

Bolsas para mulleres de Google

Google convoca bolsas para mulleres estudantes que esten matricualdas nunha facultade, un
máster ou doutorado de informática durante o curso 2012/2013, nunha universidade europea, de
Africa ou Oriente Medio.

Dotacíon economica da bolsa: 7.000 €

En xuño de 2012, as mulleres que resulten finalistas, serán invitadas a presentarse a unha das oficinas de Google en Europa para participar en talleres de información con relatores, paneis, sesións de breakout e actividades sociais; será a ocasión para todos os finalistas de coñecerse e compartir experiencias.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2012

Solicitudes: https://google.eresources.com/applications/login.asp

Máis información en http://www.google.com/anitaborg/emea/

Bolsas no Instituto Europeo do Mediterráneo

O Instituto Europeo do Mediterráneo convoca 8 bolsas de prácticas para licenciados/as

Requisitos:
Licenciados/ás menores de 30 anos.
Ter a nacionalidade dalgún destes países: Albania, Alemaña, Alxeria, Austria, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Chipre,Dinamarca, Exipto, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Israel, Italia, Xordania, Letonia,
Líbano, Lituania, Luxemburgo, Malta, Marrocos, Mauritania, Mónaco, Montenegro, Países Baixos, Palestina, Polonia, Portugal, ReinoUnido, República Checa, Romanía, Sirya, Suecia, Túnez e Turquía.

Idiomas: Español / Inglés ou francés.

Duración: 12 meses.

Dotación: 12.000 €.

Lugar: Instituto Europeo do Mediterráneo, Barcelona.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de novembro de 2011

Máis información en http://www.iemed.org/presentacio-es/liemed/beques2012/esp/guiabequesesp2012.pdf

martes, 22 de novembro de 2011

Que é o carné xove?


Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?


Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)

Onde facelo en Boiro?


O carné xove pódese facer en Boiro:

Na Oficina de Información Xuvenil que está no CENTRO SOCIAL DE BOIRO (1º Andar)

Rúa Poeta Manuel María s/n

15930. Boiro

981842635

omix@boiro.org

Prazas de Sve en Irlanda

A asociación KCAT (Kilkenny Collective for Arts Talent) adicada á creación artística cos xóvenes e na que o Concello de Boiro xa enviou a voluntarios europeos, abrirá o prazo para seleccionar a novos xóvenes para realizar proxectos europeos na súa sede en Irlanda. Podes consultar información da organización no seguinte enlace. http://www.kcat.ie/

Prazo de solicitude: ata o 1 de decembro do 2011
Para solicitalo debedes contactar ca Oficina de Información Xuvenil de Boiro e enviarlle un cv e unha carta de motivación indicando as razóns para realizar un proxecto europeo.

Período de Sve: 1 setembro 2012 a 1 xullo de 2013

Mais información:
Oficina Información Xuvenil
Centro Social de Boiro/981842635/
omix@boiro.org

Bolsas para licenciados e prácticas no extranxeiro

Bolsa publicada en: BOE nº 266 (páx. 115681)

Entidade convocante: Ministerio de Educación

Localidade: España

Descrición: Convócanse 148 bolsas de formación e investigación: 20 serán de formación en observación e diseño de cualificacións profesionais; 9 en documentación e lexislación educativa; 26 en investigación e innovación educativa; 60 en tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación; 14 en área de documentación, biblioteca e arquivo e 19 en avaliación e estatísticas educativas

Inscrición e prazo: 20 días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE

BOLSAS D.X. COMERCIO EXTERIOR (04-11-11)

Bolsa publicada en: BOE nº 266 (páx. 115755)

Entidade convocante: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Localidade: Madrid

Descrición: Convocatoria de 4 bolsas de colaboración para titulados superiores de calquera grao ou carreira universitaria. Duración máxima de 10 meses, entre o 1 febreiro e o 31 decembro 2012

Inscrición e prazo: Ata o 20 decembro 2011BOLSAS FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN (04-11-11) BOLSAS FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN (04-11-11)

Bolsa para universitarios Argo

Prazo de solicitude: ata novembro para EEUU , Canada e Asia e ata marzo para Europa

Mais informacion en : www.becasargo.net

Prácticas no extranxeiro da Fundación Universidade-Empresa

Programa Gaia, Pasarela e Citius

Prácticas no extranxeiro para titulados que non teñan experiencia profesional no campo da súa formación

Mais informacion en :www.fue.es

luns, 21 de novembro de 2011

Formación en intervención afectivo-sexual

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote+ convoca un curso de Formación en intervención afectivo-sexual na Casa da Xuventude de Noia

Destinatarios/as:

Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e peroas maiores de idade que traballen o sexan voluntarios en acción con mocidade

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: 25

Contidos:

  • Presentación dos Servizos dos Centros Quérote+.
  • Conceptos Sexolóxicos
  • Educación afectivo -sexual formal e non formal
  • Educación afectivo- sexual para país/nais
  • Edución afectivo -sexual e diversidade funcional
  • Métodos de protección, Infeccións de Trasmisión Sexual, probas rápidas de detección de VIH
  • Recursos da Comunidade autonómica

Modalidade: Semipresencial

Lugar de impartición: Espazo Xove (Casa da Xuventude) de Noia

Data de realización: 13 e 15 de decembro de 2011 de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e un traballo a distancia de 4 horas

Información:

Teléfono Casa da Xuventude de Noia 981823802de luns a venres de 16:00 a 21:00 ou no mail cxnoia.traballo@xunta.es

Teléfono Centro Quérote+ 981223913 de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30, ou no mail paula.rico@querote.org

venres, 18 de novembro de 2011

Esta fin de semana non te perdas...

VENRES 18 NOVEMBRO

Teatro para nen@s na Casa da Cultura. Ghazafelhos Frankestein

Ofreceránse dúas funcións a primeira as 18h e a segunda as 20.30h. Organiza o Concello de Boiro(Concellería de Cultura)

Curso de cata de viños ás 20h. no Centro Social de Boiro

Na presentación realizarase unha cata para achegar a todos os participantes ao mundo do viño e posteriormente o curso realizarase os días 19,25, 26 de novembro e 2 de decembro en horario de venres de 20 a 22h e sábados de 11 a 13h. Organiza o Concello de Boiro(Concellería de Cultura)

Concerto de Jazz. FACTRO-E-RESET
Viernes, 18 de novembro, 23:00, A Pousada das Ánimas(Boiro).
Organiza establecemento privado(Pousada das ánimas) http://www.youtube.com/watch?v=n8mNZEFUXqE

Concerto de folk+percusión+música multiétnica.RASTREXOS PROJECT
Viernes, 18 de novembro, 23:30h no Curral do Marques(Taragoña).Organiza establecemento privado(Curral do Marqués)

SABADO 19 DE NOVEMBRO

Festa hortera no local Aturuxo a partir das 23h(Boiro).
Sábado, 19 de novembro, 23:30h no Curral do Marques(Taragoña).Organiza asociación xuvenil Aturuxo.

Premio poesía xoven Félix Grande

III premio de poesía Félix Grande
Ademais dun premio económico a obra será publicada pola colección literaria da Universidade Popular.

Podedes consultar as bases en:
http://www.ssreyes.org/es/portal.do?identificador=166&IDR=1&TR=A

CURSO DE XESTIÓN DE PROXECTOS DE PARTICIPACIÓN XUVENIL

“A XUVENTUDE MÓVESE”
Eurocidade Chaves-Verín, 3-4-10-11 de decembro de 2011
podedes atopar mais información e inscribiros na web www.xuventude.net

xoves, 17 de novembro de 2011

Programa de estancias creativas

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porá en marcha un Circuíto de Creatividade para dar a coñecer os traballos dos mozos e mozas creadores galegos con actuacións e exposicións itinerantes en Galicia e en Portugal.

As estancias terán lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), na provincia da Coruña, e no Complexo Residencial Xuvenil LUG II (Lugo) en oito fins de semana, desde o mes de febreiro ata o mes de xuño de 2012.

En cada fin de semana o número de prazas será de 20, un total de 10 por cada especialidade, (menos unha que terá dez prazas) sendo estas poesía, relato breve, graffiti, banda deseñada, videocreación, webcreación, creación DJ, baile, música, pintura, escultura, teatro, danza e expresión, cartelería e fotografía creativa. Como remate das estancias, no mes de xuño está prevista unha creación multidisciplinar por parte de todos os participantes.

As estancias inclúen aloxamento e manutención e os materiais básicos para a intervención artística e para a realización do traballo artístico. Os participantes terán como monitores de apoio a artistas profesionais, xa consagrados en cada unha das materias.

Os interesados deberán remitir á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a súa solicitude xunto co seu proxecto e o seu currículo artístico. Coincidindo co Ano Europeo do Voluntariado, a temática dos proxectos será ‘Arte voluntaria: como facer arte desde o voluntariado’. As obras seleccionadas integrarán o Circuíto de Creatividade.

Animádevos!

máis información en www.xuventude.net

mércores, 16 de novembro de 2011

Axudas para o transporte

O Concello de Boiro, a través da Oficina de Información Xuvenil, comunica a tódolos/as estudantes empadroados nel, e que estean realizando estudos fóra deste, que poden solicitar axudas para o transporte dende o 1 de decembro do 2011 ata o 13 de xaneiro do 2012, incluídos. As bases poderanse consultar na web do Concello e na OMIX a partir do 1 de decembro.

martes, 15 de novembro de 2011

Informe semanal para a xuventude xa dispoñible!

preme este enlace http://ow.ly/7tOCJ

Presentación curso de cata de viños

Este venres 18 e para presentar o curso de cata de viños que impartirá Federica Salvador en novembro no centro social, realizarase unha cata para achegar a todos os públicos ao mundo do viño. A cita é no Centro Social na sala de exposicións a partir das 20h. Posteriomente o curso realizarase os días 19,25, 26 de novembro e 2 de decembro en horario de venres de 20 a 22h e sábados de 11 a 13h.

Información:
Centro social de Boiro
tlf: 981842635
centrosocial@boiro.org

mércores, 9 de novembro de 2011

Programación fin de semana

Para que vaiades facendo planes para este fin de semana aqui vos deixo algunhas propostas...

Xoves 10 de novembro ás 20.00 h
A tropa de teatro. Contos con música en directo
Destinado a maiores de 16 anos.
Casa da Cultura de Boiro

Venres 11 de novembro ás 20.00h
GRADPEDRINI E O MAGO DA BOINA. Tempo de maxia
Espectáculo de maxia destinado a público infantil e familiar.
Casa da Cultura de Boiro

Venres 11 de novembro ás 20.30 h
Presentación do libro "Anacaona. El fin de una raza"
de Ramón Carredano Cobas
Centro Social de Boiro

Venres 11 de novembro ás 20.30 h
Exposición Carlos Piñeiro. Ruralmar
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA
Casa da Cultura de Boiro

Concurso de fotografía da Unión Europea

l Movimiento Europeo organiza o I Concurso de Fotografía sobre a Unión Europea.

Trátase de fotografiar algún aspecto da Unión Europea que se poda percibir no teu barrio.

O prazo para o envío de fotografías atópase aberto ata o 17 de novembro.

O primeiro premio e de 1000€ e 200€ para o segundo clasificado.

Tedes toda a información na web www.movimientoeuropeo.org

martes, 8 de novembro de 2011

Traballo no extranxeiro

Traballo de Au pair en Europa

No portal europeo de xuventude podes encontrar información e ofertas de traballo de Au pair en Europa:
http://europa.eu/youth/working/au_pair/index_eu_es.html

Disneyland Paris buscará traballadores en decembro en Alicante. O parque temático de ocio ofrecerá 4.000 empleos temporais e 200 empleos fixos para a temporada de 2012, en función do perfil e a experiencia dos candidatos, nas áreas de recepción, venta e restauración do complexo.O casting será en Alicante o 13 e o 14 de decembro, en colaboración co Concello de Alicante e ca Área de Filoloxía Francesa da Universidade de Alicante.

Máis información: disneylandparis-casting.com/fr/postulez

O Servicio Público de Empleo de Catalunya anuncia 40 postos vacantes para Diplomados/as en Enfermeria en Francia.

Non é necesaria experiencia, excepto en algunas das ofertas para traballar en quirófano ou psiquiatría. As entrevistas de selección tenrán lugar en Barcelona o día 15 de noviembre de 2011. O lugar e a hora das entrevistas serán comunicados personalmente as personas candidatas que superen el proceso de preselección.

Máis información

http://www.oficinadetreball.cat/socweb/opencms/socweb_es/home.html ou Tel. 93 553 61 00 / 93 553 61 01