xoves, 28 de decembro de 2017

Roscón de Reis




Mañá o alumnado do obradoiro de emprego cociñará un roscón de reis tradicional e o repartirá de forma gratuíta entre a veciñanza no local anexo do Mercado de Abastos a partir das 12h

mércores, 13 de decembro de 2017

Programación Nadal Concello de Boiro


Formación gratuíta para a mocidade

Cursos on-line gratuítos sobre Mocidade (en inglés):
http://bit.ly/2AiakKO

Axudas ao transporte para alumnos de ensino técnico, medio e universitario

Tedes de prazo ata o 29 de decembro para solicitar as   axudas ao desprazamento para o alumnado que curse estudos técnicos, medios ou superiores, ou para o alumnado con necesidades educativas especiais, no curso 2018 

Neste enlace tedes as bases polas que se rixen. En caso de dúbidas podedes acudir ao Centro Social de Boiro na Oficina de Información Xuvenil


proceso selectivo para a confección dunha lista para a cobertura laboral temporal de prazas de peón de servizos varios

O Concello de Boiro convoca proceso selectivo para a confección dunha lista para a cobertura laboral temporal de prazas de peón de servizos varios.
A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o 27/12/2017 ás 13:30 horas.
Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.org.