luns, 27 de febreiro de 2012

Curota Sound


A partir de mañá martes 28 de febreiro xa vos podedes anotar no concurso de bandas da Comarca Curota Sound

venres, 24 de febreiro de 2012

ESTE FIN DE SEMANA...Enterro do óso en Abanqueiro

KOMANDO CHOKEIRO
PRESENTA:

ENTERRO DO ÓSO 2012 ABANQUEIRO

ESTE ANO TOCA EN BORNENTES.

TEREMOS:

VIÑO DO QUE PETA
OURELLA DE PORCO COCIDA
CHOURIZOS DOS QUE CASE NON PICAN
INCHABLES PARA OS NENOS A PARTIRES DAS 16:00
DJ MARIO BROS PARA ANIMAR
CE PANTASMA HOME ORQUESTRA
JAITEIROS DOS BÓS
PANDERETEIRAS DE ABANQUEIRO
E POR SE NON CHEGARA…
VIRÁN A GRABAR PARA A TVG O EQUIPO DO PROGRAMA “XENTE CON XENTE”.

HORARIO:
11:30 REUNIÓN DE CARRILLOS NA SANTIÑA.
12:00 SAÍMOS DE VERMÚS BRIÓN-BODEGA-OS FORNOS…
14:30 ENTERRO DO ÓSO EN BORNENTES.
16:00 ACTUACIÓN DE CE PANTASMA HOME ORQUESTRA.

SALÚ… E A PASALO BEN.
AS AUTORIDADES SANITARIAS RECOMENDAN ENTERRALO ÓSO.

xoves, 23 de febreiro de 2012

Encontro de músicos

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Segunda Edición do Encontro de músicos Airiños de Rock&Roll, que se celebrará no Coliseum da Coruña o 12 de maio, e no que dous grupos participantes terán a oportunidade de tocar en directo acompañando a LEIVA de Pereza.

No encontro de músicos haberá unha "Masterclass" co guitarrista Pedro Andrea. Entre os grupos inscritos distribuiráse un número limitado de invitacións (ata que se esgoten), para acceder ao encontro "Airiños de Rock&Roll" e ao concerto de LEIVA.

Entre os asistentes ao encontro sortearánse 15 entradas para acudir ao concerto de Lenny Kravitz.

Ademáis, todas as bandas participantes e asistentes ao encontro serán obsequiadas cun "Curso de inglés online de EF(www.ef.com)" e entre as 16 bandas finalistas tamén se sorteará unha viaxe de estudos de idiomas no estraxeiro nun destino EF.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado facilitará un servizo de desprazamento (ida e volta), dende as catro capitais de provincia e escalas, para todos os grupos participantes.

Consulta as bases de participación

Programación para a fin de semana

Venres 24 de febreiro as 23.30h
Concerto do grupo Phantom Club
Pousada das ánimas. Boiro
A partir das 20h presentación do DVD do grupo.
Organiza Concello de Boiro e establecemento privado

Venres 24 de febreiro as 23.45h
Concerto do grupo The feeling Band
Curral do Marqués. Taragoña
Organiza establecemento privado

Sábado 25 e domingo 26 de febreiro
VI Encontro Arqueolóxico do Barbanza
Casa da Cultura. Boiro
Organiza Concello de Boiro

Novas ofertas de emprego

50 VACANTES DE PROMOTOR/CAPTADOR DE SOCIOS PARA ONG. Santiago de Compostela. ACNUR. 21/02/2012

CARNICEIRO. ARZÚA. NORTEMPO ETT. 21/02/2012

ADMINISTRATIVO BILINGÜE. Santiago de Compostela. NORTEMPO ETT

2 VACANTES DE RECEPCIONISTA DE HOTEL. Santiago de Compostela. NORTEMPO ETT. 21/02/2012

2 VACANTES DE PROFESOR DE CONDUCCIÓN VIAL/AUTOESCOLA. Santiago de Compostela. NORTEMPO ETT. 21/02/2012

TELEOPERADOR/A. Santiago de Compostela. NORTEMPO ETT. 21/02/2012

CONDUCTOR DE TRAILER. Santiago de Compostela. NORTEMPÒ ETT. 21/02/2012

Para consultar as condicións das ofertas: http://arousanortemprego.wordpress.com/

bolsas para estudantes de Arquitectura

A Fundación Caixa de Arquitectos convoca 20 bolsas para estudantes de Arquitectura e novos arquitectos destinadas á realización de prácticas profesionais en estudos europeos de Arquitectura.
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultáneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade.

Mais información en:
http://xuventude.xunta.es/201202226609/penitencia-bolsas-para-proxectos-de-arquitectura.html

Mais bolsas para xóvenes

Bolsas para estudios de postgrado

A Fundación Barrié convoca 32 bolsas
para a realización, a tempo completo, de estudios de posgrado no extranxeiro, cas seguintes características: estudios de máster, de doctorado ou de investigación posdoctoral.

A bolsa Richard Plachka subvenciona a personas de doutorado, titulares, postgrado e investigadores nas áreas de: Humanidades e Teología, Ciencias Históricas, Lingüística e Ciencias da Literatura.

A Fundación Alicia Koplowitz convoca 10 bolsas de investigación en Psiquiatría e Psicoloxía para estancias cortas no extranxeiro para Médicos/as especialistas en Psiquiatría (MIR) ou Psicólogos/as Clínicos/as (PIR) con formación acreditada na área da infancia e adolescencia.

Bolsas da Fundación Iberdrola para estudiar Másteres en energía, medio ambiente e restauración
para o curso 2012/2013.

Fundación La Caixa convoca 10 Bolsas para estudios de doctorado no centro nacional de investigaciones oncolóxicas

ERAI (Entreprise Rhône-Alpes International) convoca prácticas de 6 meses para persoas con diplomatura ou licenciatura en ciencias políticas, relacions internacionais e psicoloxía

Prácticas de 12 meses na JRS Europe - Bruselas
en Atención a los refugiados para licenciados en ciencias da comunicaión.

Bolsa de arte audiovisual Edith Russ
de seis meses de traballo (10.000 € cada una) para desenvolver de xullo a decembro de 2012 para artistas que traballen en novos medios

Bolsas para traballar no programa Casasawap.com el objetivo de mejorar la movilidad internacional de estudiantes

mais información e bases das bolsas en http://xuga.eu/

Bolsas para estudos artísticos na Academia de España en Roma

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación convoca bolsas que teñen por obxecto a estanza para a ampliación de estudos artísticos na Academia de España en Roma de creadores, investigadores, restauradores españois e iberoamericanos para a realización de estudos, ou desenvolvemento de proxectos nesta durante o curso académico 2012-2013.
A duración das bolsas será do 1 de outubro de 2012 ao 30 de xuño de 2013, por trimestres naturais acumulables. Poderanse solicitar, polo tanto, bolsas para períodos de tres, seis ou nove meses, de acordo co tempo que se requira para a realización do proxecto.

Por parte da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) concederanse bolsas para as seguintes especialidades:

Artes visuais:
Escultura.
Pintura.
Videocreación.
Gravado.
Outros.
Arquitectura.
Fotografía.
Música e musicoloxía.
Artes escénicas.
Cine.
Literatura (Bolsa Valle Inclán).
Estética e museoloxía.
Teoría, análise, e crítica das Belas Artes.
En colaboración coa Fundación Rafael del Pino, concederanse bolsas na especialidade de Arquitectura en Restauración do Patrimonio Artístico e Cultural.

Requisitos:
Ser cidadán español ou iberoamericano titulado universitario superior ou artista e creador de demostrable traxectoria, sen límite de idade, en áreas afíns a cada unha das especialidades mencionadas anteriormente.
Os solicitantes iberoamericanos, deberán ter a nacionalidade do seu país de orixe e non posuír a residencia en España.
En caso dos solicitantes procedentes dun país membro da Unión Europea deben posuír perfecto dominio do español e residencia oficial e cotiá demostrable en España, no momento de solicitar a bolsa.

A Academia de España en Roma é unha institución da Administración Xeral do Estado que ten por obxecto primordial contribuír á formación artística e humanística de creadores, restauradores e investigadores, coa finalidade derivada de lograr unha maior presenza cultural española en Italia, un mellor entendemento das culturas de ambos os dous países e unha maior vinculación cultural entre Europa e Iberoamérica.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 1 ao 22 de marzo de 2012
Máis información no BOE do 22 de febreiro de 2012, en www.aecid.gob.es e en www.raer.it

martes, 21 de febreiro de 2012

Cursos de formación para MONITORES DE TEMPO LIBRE

Estos cursos están dirixidos a mozas e mozos en xeral; con preferencia de aquelas persoas que posúan o título de monitor/a ou director/a de tempo libre (www.xuventude.net)

Para descargar a información podedes consultar este enlace:
http://xuventude.xunta.es/plan-de-formacion-no-eido-do-tempo-libre-2012.html

Novas ofertas de emprego

DISTRIBUCIÓN DE PRODUTOS PARA FITNESS, BELEZA E SAÚDE. SANTIAGO. PM-International. 18/02/2012

AZAFATA DE IMAXE GAICIA – SANTIAGO (entrevistas). 20/02/2012

PROGRAMADOR WEB FREELANCE – SANTIAGO. 20/02/2012

PROMOTORA. SANTIAGO. 20/02/2012

PREXUBILADOS DO SECTOR BANCARIO PARA A VENDA DE PRODUCTOR AFORRO-INVERSIÓN. Ribeira. 20/02/2012 -

BUZONEO. PADRÓN. NORTEMPO ETT. 19/02/2012

PROFESIONAIS PLAN DE CARREIRA AXENCIAL. Oficinas de Ribeira, Noia e Arzúa. OCASO S.A. COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS. 19/02/2012

COMERCIAL SECTOR ENERXÉTICO. CEE. NORTEMPO ETT. 19/02/2012

OPERADOR. AMES. UNIQUE. 19/02/2012

RESPONSABLE DE PROXECTOS. SANTIAGO. 19/02/2012

ADMINISTRATIVO TALLER. SANTIAGO. Euromaster Automoción y Servicios. 19/02/2012

4 AVOGADOS. SANTIAGO. 17/02/2012

COCTELEiRO/HOSTELERÍA. SANTIAGO DE COMPOSTELA. 20/02/2012 -

10 ACOMPAÑANTES ESCOLARES. Milladoiro, Narón, Miño, Laracha, Carballo e outras zonas de Galicia. GRUPO EXTERNA. 20/02/2012

5 ASESORES COMERCIAIS GAS/LUZ. SANTIAGO. NORTEMPO ETT. 20/02/2012

MOZO/TÉCNICO DE MANTENIMIENTO. SANTIAGO. NORTEMPO ETT. 20/02/2012

TÉCNICO DE ELECTRÓNICA. SANTIAGO. ADECCO. 20/02/2012

5 VACANTES: NOVOS PROFESIONAIS PARA PLAN DE CARREIRA AXENCIAL. Santiago. OCASO. 20/02/2012

2 VACANTES: PROFESIONAIS PARA DPTO. COMERICAL DE PRODUTOS DIRIXIDOS A PEMES E COLECTIVOS. Santiago. OCASO. 20/02/2012

2 VACANTES: PROFESIONAIS PARA DPTO. COMERCIAL DE PRODUCTOS DIRIXIDOS A PEMES E COLECTIVOS. Noia- OCASO. 20/02/2012

2 VACANTES: PREXUBILADOS DO SECTOR BANCARIO PARA VENDA DE PRODUCTOS DE AFORRO-INVERSIÓN. Santiago. OCASO. 20/02/2012

DELEGADA/O COMERCIAL. DV GESTION INNOVACION PROYECTOS E INVERSION S.L. A CORUÑA 20/02/2012

ENCARGADO DE ALMACÉN. A CORUÑA. NORTEMPO ETT. 20/02/2012

DIRECTOR TÉCNICO. A CORUÑA. ARACH SELECCIÓN. 20/02/2012 -

DOCENTE EN VARIAS ESPECIALIDADES. A CORUÑA. GESTORÍA DE FORMACIÓN. 20/02/2012

Préstamos universitarios para estudos de posgrao de Máster e de Doutorado

O Ministerio de Educación convoca préstamos universitarios para realizar estudos de posgrao de Máster e de Doutorado
Requisitos: estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, grao, ou título equivalente estranxeiro e ter superado a última materia ou requisito para a súa obtención con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2000.
Para estudos de máster oficial: ter formalizada a matrícula ou ter sido aceptado con carácter definitivo en estudos de máster universitario, en polo menos 30 ECTS no curso académico 2011-2012.
Para estudos de doutorado: ter formalizada a matrícula ou ter sido aceptado con carácter definitivo no doutorado nun curso completo.
Para estudos de máster e doutorado: nos casos de máster que constitúa a parte formativa dun doutorado e o prestamista vaia continuar o doutorado, deberá estar matriculado en polo menos 30 créditos de máster no curso académico 2011-2012 e acreditar que no seguinte curso será admitido na fase de investigación do doutorado.
As contías dos préstamos que poderán solicitarse serán:
a) Unha disposición inicial co límite de 6.000 €. No caso de másteres dunha duración superior a un ano académico e nos doutorados, poderá financiarse unha segunda disposición inicial para o comezo do segundo ano académico, cun límite doutros 6.000 €, sempre e cando se acredite a matrícula para o seguinte curso académico.
b) Unha renta mensual de ata 800 € por cada mes de duración do máster ou doutorado, cun límite máximo de 21 meses.
c) No caso dos estudos de máster ou doutorado que vaia realizarse no estranxeiro poderá solicitarse un suplemento de ata un máximo de 6.000 €.
A contía máxima que poderá solicitarse por préstamo será de 240 € por crédito matriculado.

O prazo para solicitar os préstamos será dende o 1 de abril ao 29 de xuño de 2012 ou ata o esgotamento da cantidade destinada a este programa.

Máis información no BOE do 3 de decembro de 2011 e no BOE do 14 de febreiro de 2012 (modificación) e en www.educacion.es

bolsas para xóvenes

Bolsas para deportistas
A Deputación Provincial da Coruña convoca bolsas individuais para deportistas da provincia para o ano 2012.

Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes a bolsa:
Grupo A: 14-17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2012
Concederanse 10 bolsas de 2.000 € cada unha delas.
Grupo B: 18-21 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2012.
Concederanse 10 bolsas de 3.000 € cada unha delas.
Naquelas especialidades deportivas nas que o máximo rendemento se pode producir en idades temprás (ximnasia artística, natación...) poderase pasar un bolseiro do grupo A ao grupo B, a criterio do tribunal cualificador.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ate o día 31 de marzo de 2012.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2012 e en www.dicoruna.es

Bolsas para estudios artísticos
A Deputación da Coruña convoca dezaoito bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2012-2013, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de artes plásticas: 3 bolsas
Área de danza: 2 bolsas
Área de interpretación: 4 bolsas
Área de música: 6 bolsas
Área de imaxe: 3 bolsas


Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que residan na provincia da Coruña e que pretendan realizar estudos de perfeccionamento artístico fóra de Galicia, para o que deberán reunir os seguintes requisitos:
Ter nacido a partir do día 1 de xaneiro de 1982 (incluído éste)
Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 31 de marzo de 2012.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2012 e en www.dicoruna.es

Bolsas para estudios artísticos

A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas de investigación:

Area de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas
Area de ciencias: 4 bolsas
Area de ciencias da saúde: 4 bolsas
Area de enxeñeria e arquitectura: 2 bolsas
Area de artes e humanidades: 5 bolsas

Requisitos:
persoas que tendo a súa residencia na provincia da Coruña, pretendan realizar un traballo de investigación e reúnan os seguintes requisitos:
Posuir titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente.
Acreditar como mínimo un ano de residencia en calquera concello da provincia da coruña, mediante a presentación dun certificado de empadroamento.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2012.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2012 e en www.dicoruna.es

luns, 20 de febreiro de 2012

Este venres en Boiro...PHANTOM CLUB




Este venres entre a programación cultural de Boiro, tedes a oportunidade de escoitar a un grupo que pode mesturar rock, funky e ata rap.

Nos vos perdades PHANTOM CLUB este venres 24 de febreiro na Pousada das Ánimas.

venres, 17 de febreiro de 2012

Traballo no extranxeiro

Se estás buscando traballo no extranxeiro te recomendamos unha nova web que te pode axudar... www.trabajosporelmundo.com

Publican a diario ofertas moi interesantes de grandes empresas que buscan persoal para as suas sedes ou organismos en outros países. Comprobao!!!

Oportunidade de Voluntariado Internacional




Ademais do servizo de voluntariado europeo(SVE) tedes a opción de participar como voluntarios internacionais en microproxectos de cooperación ao desenvolvemento durante o verán da AIPC Pandora

En total se ofertan 23 proxectos en 12 destinos e en 3 continentes nas áreas de:
  • Educación especial;
  • Educación para o Desenvolvemento;
  • Ocio e tempo libre;
  • Empoderamento de mulleres,
  • Xestión Cultural e Desenvolvemento comunitario


Os microproxectos consisten en: Durante un total de 21 días un grupo de persoas voluntarias viaxará ao proyecto escollido para cubrir algunha necesidade que a organización local e a AIPC Pandora demandaran para poder seguir adiante, mellorar e fomentar o intercambio e a convivencia intercultural.
O programa complétase con diferentes actividades culturais, que servirán para acercarse mais a realidade do país e a sua cultura.

Queres informarte ou participar?

Tedes unha reu reunión informativa en Santiago na Galería Sargadelos, o día 28 de febreiro ás 19.00h


Campos de traballo en Kenya

A Kenya Voluntary Development Association, organiza campos de traballo en Kenya de 1 ou 2 meses de duración.

No caso dos proxectos de 2 meses a cuota de participación é de 200 euros ao mes e no caso das estancias de 1 mes a cuota é de 300 euros.

A cuota de participación inclúe comida, aloxamento, transportes dende o aeroporto e custes administrativos.

Para obter mais información dos proxectos e condicións:

Email: kvdakenya@yahoo.com, info@kvda.or.ke, or rose@kvda.or.ke,
Website: www.kvda.or.ke,

CURSO INMERSIÓN EN INGLÉS

Curso de Extensión Universitaria

Lugar: Hotel Turismo Rural Casal de Arman, Santo Andre de Camporredondo, Ribadavia (Ourense).

Fechas: 9-11 de marzo de 2012

Nº de horas: 20 horas, solicitados 2 créditos de libre elección para alumnado de la UNED y 1 crédito de libre elección para alumnado de la Universidad de Vigo.


Plazas: 20


Destinatarios: Titulados universitarios, estudiantes e interesados en general.

Objetivos: Aproximación al mundo del vino utilizando el inglés como vía de comunicación.
Profundización en la terminología especializada en cada una de las fases.
Comprensión y expresión de cualquier contenido relacionado con el vino en inglés.
Promoción del mundo del vino fundamentalmente desde el punto de vista turístico.

más información:
www.omixribadavia.net
cursos@ourense.uned.es
http://www.uned.es/ca-ourense

xoves, 16 de febreiro de 2012

AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Xa podedes consultar o listado de beneficiaros/as das axudas ao desprazamento do Concello de Boiro na web do concello(www.boiro.org) e nos taboleiros do Centro Social e o Concello.

Para mais información: OMIX Boiro(Centro Social. 1º Andar)

Para non perderse este fin de semana

Xa estamos no Antroido e moitas serán as citas para todo aquel que disfrute de ser choqueiro, aqui vos deixo unhas propostas para empezar...

Venres 17 de febreiro 20:00h. no Centro Social de Boiro.
  • Recital de guitarra dos Alumnos da Escola de Música de Boiro

Venres 17 de febreiro en Taragoña

  • Bituin de Tris, un espectáculo no que numerosos participantes suben ao escenario imitando en play-back o seu artista ou grupo preferido. Organizado pola asociación cultural AntrosPinos.
Sabado 18 de febreiro 19:00h en Boiro na Boliña no campo de Revelar
  • V festa da Orella. Organizada pola asociación de veciñós Río Breiro


Sabado 18 de febreiro. Actividades de Antroido en toda a Comarca.
podes consultar as actividades e bases dos concursos de disfraces nos seguintes enlaces:

Antroido do Concello de Boiro www.boiro.org
Antroido do Concello de Ribeira www.ribeira.es
Antroido do Concello de Rianxo http://portelo.rianxo.com/
Antroidodo Concello da Pobra http://www.apobra.org/


Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012

Persoas beneficiarias:
Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.

Requisitos:
Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
Que por razón dos ingresos obtidos durante o 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.

Prazo de presentación:
Ata o 26 de marzo de 2012

Información:
Departamento de servicios sociais do Concello de Boiro

mércores, 15 de febreiro de 2012

Ofertas de emprego privado

* Para ver o enlace das ofertas consultar o blog de emprego Arousa Norte http://arousanortemprego.wordpress.com/

7 vacantes en R-Cable colaborador. A Coruña. 15/02/2012

8 Troquelistas. Empresa siderometalúrxica do sector da automoción. Pontevedra. 15/02/2012

3 Comerciais para Pymes.Pontevedra. 15/02/2012

Comercial-consultor preventa. A Coruña. 15/02/2012

Contable. Nortempo ETT. A Coruña. 15/02/2012

Administrativo comercial. Pontevedra. 15/02/2012

Enxeñeiro con francés. Sector automoción. Vigo. 15/02/2012

Analista proxecto de migración( enxeñeiro técnico informático de sistemas). Banco Popular. Madrid. 15/02/2012

2 operadores de alarmas (Ciclo Superior Informática). Cantabria. 15/02/2012

Azafata de imaxe. Día de traballo 22 de febreiro de 17 a 21h con salario de 28 € netos. Freshh Azafatas. Santiago. 14/02/2012

Técnica en loxística internacional. Incorporación 31/03/2012.Santiago. 14/02/2012

Operador centralita. Incorporación 31/03/2012. Santiago. 14/02/2012

Enxeñeiro de calidade.Sector automoción. Incorporación 29/02/2012.Vigo. 14/02/2012

Técnico en serigrafía. Sector automoción. Incorporación 29/02/2012.Vigo. 13/02/2012

Técnico de laboratorio con francés ( lic. Química).Incorporación 26/02/2012. Pontevedra. 13/02/2012

Formación para mozos/as

xoves, 9 de febreiro de 2012

Prazas de empleo público

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (5 meses) como colaborador en tarefas de proxecto. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 12 de febreiro de 2012.
Máis información www.udc.es

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (7 meses) como colaborador en tarefas de proxecto de investigación. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 10 de febreiro de 2012. Máis información www.udc.es

O Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), convoca 3 prazas temporais de Fp de Técnico Superior o Ciclo Superior , rama actividades marítimas -pesqueira, sanitaria ou química, cunha duración aproximada de 10 meses. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 13 de febreiro de 2012.Máis información www.060.es Centri de información administrativa
publicado o 6 de febreiro de 2012. Prazo de presentación de solicitudes ata o 13 de febreiro de 2012.

Ultimas novas de emprego

200 vacantes de enfermería. People & Places. Reino Unido. 08/02/2012

20 vacantes atención al cliente. Luis Garces. Castellón. 08/02/2012

15 vacantes RRHH e publicidade. Luis Garces.Castellón e Valencia. 08/02/2012

40 vacantes de consultaría (enxeñeiros). Pwc. Madrid. 08/02/2012

20 Comerciais financeiros. OVB Allfinanz España – Banca / Financiera. Barcelona.08/02/2012

20 Teleoperadores de produtos financeiros. Iberphone Sau. Sevilla. 08/02/2012

300 teleoperadores con perfil comercial. Adecco Call Center Solutions – Telemarketing. Zaragoza. 08/02/2012

200 traballadores de explotación mineira ( enxeñeiros, mecánicos, electricistas, soldadores, xeólogos, físicos…). ADECCO – Combustibles (Gas / Petróleo).Salamanca. 08/02/2012

97 vacantes ( vendedores, caixeiros, atención cliente). Leroy Merlín. Madrid. 08/02/2012

Responsable de recursos humanos. Maximo Dutti. Galicia. 08/02/2012

Deseñador de plana. Zara. A Coruña. 08/02/2012

Director de tenda. Luxetalent. A Coruña. 08/02/2012

Community Manager. Talemtiam. A Coruña. 08/02/2012

Programador SIGEM. Umanis. A Coruña. 08/02/2012

Secretaria de dirección. Sd Compostela. Santiago. 08/02/2012

Responsable de proxectos (enxeñeiro). Santiago. 09/02/2012

Planchador/a industrial. A Coruña.09/02/2012

5 Empacadores/as. Grupo Norte ETT. A Coruña.09/02/2012

Comercial ferretería. Grupo Norte ETT. A Coruña.09/02/2012

Costureira para fábrica. Grupo Norte ETT. A Coruña.09/02/2012

10 Acompañantes escolares. Grupo Externa. Milladoiro, Narón, Miño, Laracha, Carballo, entre otras en toda Galicia.09/02/2012

Formador informático de Oracle 11 G (FP2). Grupo Norte ETT. A Coruña.09/02/2012

Formador informático Automating Windows Server 2008 ( FP2). Grupo Norte ETT. A Coruña.09/02/2012

5 xardiñeiros deseñadores (FP1). http://www.laboris.net/trabajo-ofertas-empleo-agente-comercial-telefonicoa__19691CA6298DC643.aspx

Patronista (FP1). Grupo Norte ETT. Arteixo.09/02/2012

Deseñador textil. Grupo Norte ETT. Arteixo.09/02/2012

5 Asesores comerciais de gas e luz. Nortempo ETT. Santiago. 09/02/2012

3 Axentes comercias de telefonía. Lexgal. A Coruña.09/02/2012

Para ver os enlaces das novas de emprego tes que consultar: http://arousanortemprego.wordpress.com/

Obradoiros para estudiantes de dereito

Convócase un «Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I» para darlles formación específica aos estudantes de Dereito verbo da lingua de especialidade en galego.

Destinatarios: estudantes da Facultade de Dereito con nivel Celga 4 ou equivalente. Os aspirantes seleccionaranse por orde de recepción de solilcitudes ata completar prazas.

O curso terá unha duracion de 21 horas presenciais máis 9 horas para elaboración dos traballos.

O horario será de 16 a 19 horas, na aula 15 da Facultade de Dereito.

Datas: xoves 8, 15, 22 e 29 de marzo e 12, 19 e 26 de abril.

Prazo: do 6 de febreiro ao 6 de marzo.

Máis información. ocartafol.usc.es.

Prazas de mobilidade para estudiantes nas universidades

A Universidade de Santiago, convoca prazas de intercambio para o curso 2012/2013 coa finalidade de potenciar a mobilidade dos estudantes da USC con outras universidades españolas no marco do programa SICUE.
O prazo de presentación de solicitudes é entre o 1 e 20 de febreiro.
Máis información www.usc.es

A Universidade da Coruña, convoca prazas destinadas a estudantes desta Universidade , para mobilidade internacional e para erasmus. No programa de mobilidade as estadías son mínimo de 3 meses e máximo de 12 meses, tendo un prazo de solicitudes ata o 24 de febreiro de 2012. E tendo un prazo límite distinto para bolsas de erasmus, dependen da universidade de destino.
Máis información www.udc.es

mércores, 8 de febreiro de 2012

Concurso de cartel da IX Edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto

A concellería de Cultura de Santiago de Compostela, convoca de novo un concurso para a realización do cartel da IX Edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto.

O concurso ten como fin estimular a creatividade dos artistas participantes e fomentar a difusión do certame cinematográfico que terá lugar en Santiago de Compostela, do 3 ao 11 de maio 2012.

Todos os que queiran participar teñen ata as 14h do 23 de marzo para enviar propostas e o gañador levará un premio de 500 euros.

O envío farase de forma dixital mandando o cartel adxunto nun correo electrónico a info@curtocircuito.org

Bases do concurso
http://www.compostelacultura.org/concellaria/nova.php?id_nova=1286&lg=gal

Bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos

A Deputación da Coruña convoca Bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos 2012, distribuidas nas seguintes áreas:

Area de artes plásticas: 3 bolsas

Area de danza: 2 bolsas

Area de interpretación: 4 bolsas

Area de música: 6 bolsas

Area de imaxe: 3 bolsas

para acceder á información e solicitudes seguir este enlace:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/02/08/2012_0000001226.html

Bolsas para universitarios para investigación

A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas de investigación para o ano 2012, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2012-2013, cunha duración mínima de nove meses, e distribuídas nas seguintes áreas:

Area de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas

Area de ciencias: 4 bolsas

Area de ciencias da saúde: 4 bolsas

Area de enxeñeria e arquitectura: 2 bolsas

Area de artes e humanidades: 5 bolsas

para acceder á información e solicitudes seguir este enlace:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/02/08/2012_0000001229.html


Curso de Montaxe de Vídeo

Todavía quedan prazas libres para o curso de Montaxe de Vídeo que se impartirá na aula da Rede Cemit no Centro Social de Boiro.

O curso impartirase os días 14-15 e 16 de febreiro en horario de mañá de 11:30h a 13:30h. A asistencia é gratuíta.

As persoas interesadas deberán anotarse no Centro Social de Boiro na primeira planta.

Boletíns de emprego

Xa podedes consultar os boletíns de emprego Máis Compostela e Ponte emprego

Boletín Mais Compostela
http://www.santiagodecompostela.org/medi/boletins/boletin152.pdf

Boletín Pontemprego
http://www.proxectoiles.eu/boletin/080.-%20PONTEemprego%20%2080%20de%20data%2001-02-2012.pdf

Programación fin de semana

xoves 9 de febreiro. 20:30h
Pecha-Kucha: innovación e creatividade na empresa
Local da A.B.E. Boiro
Organizan A.B.E e Centro Social de Boiro

venres 10 de febreiro. 20:30h
Xornadas sobre Nutrición
Casa da Cultura Ramón Martínez López. Boiro
Organizan Anpas e Cruz Vermella

venres 10 de febreiro. 24:00h
Concerto de Narci Rodriguez Organ Trio
Pousada das ánimas. Boiro
Organiza establecemento

sábado 11 de febreiro. 12:00h
Ruta fotográfica pola parroquia de Bealo
Organizan Asoc. veciños Cruceiro do Monxo e asoc. Olláparo

sábado 11 de febreiro. 23:30h
Concerto de Magnifique Bande
Curral do Marqués. Taragoña
Organiza establecemento

25 BOLSAS DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS

Obxecto: bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de Estados Unidos en calquera disciplina. As bolsas Fulbright están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master’s, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoutoral.

Duración: de 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses.

Período: Entre o verán ou outono de 2013 e o verán de 2014, segundo o calendario académico da universidade de destino.

Dotación: viaxe, compra de libros e materiais, manutención, matrícula, seguro médico e de accidentes.

Prazo: ata o 21 de Marzo de 2012.

Información:

http://fulbright.es/convocatorias/ver/981/ampliacion-de-estudios/2013-2014


BOLSAS DE VIAXE “RUTH LEE KENNEDY”

PROGRAMA FULLBRIGHT

  • 3 BOLSAS DE VIAXE “RUTH LEE KENNEDY”

Obxecto: destinadas a mulleres universitarias que queiran ampliar coñecementos ou investigar en centros de ensinanza superior nos Estados Unidos de América. ​

Prazo: ata o 20 de Febreiro de 2012

Duración: non será inferior a seis meses para estudios de posgrao, ni inferior a tres para proxectos de investigación posdoutoral

Período: de 12 meses como máximo, deberá estar comprendido entre o outono do 2012 e o verán de 2013.

Dotación: Bolsa de viaxe de 3.000 $

Información:

http://fulbright.es/convocatorias/ver/1001/bolsas-de-viaje-ruth-lee-kennedy/2012-2013

martes, 7 de febreiro de 2012

Ruta fotográfica pola parroquia de Bealo




Este sábado 11 de febreiro a asociación de veciños Cruceiro do Monxo e a asociación fotográfica Olláparo, organizarán unha saída fotográfica pola parroquia de Bealo. A iniciativa pretende ser un encontro para afeccionados á fotografía e todos aqueles veciños que queiran sumarse á ruta. Non é imprescindible levar cámara de fotos

A ruta comezará as 11h. As persoas interesadas en participar nesta saída poderán anotarse previamente no teléfono do Centro Social de Boiro(981842635) ou presentarse o sábado as 11h no Centro Social de Bealo.

Novas ofertas emprego privado

Para consultar as ofertas consulta este enlace:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/02/07/novas-ofertas-de-emprego-privado-16/


  • Ofertas sector da metalurxia, fabricación mecánica e equipamento electrónico en Francia.
  • Ofertas de oficiais operarios e das Industrias extractivas da construción en Francia.
  • Ofertas de técnicos e profesionais das Ciencias Biolóxicas, a Medicina e a Saúde, de medio nivel en Francia
  • Xestor de compras de madeira en pe. Adecco. Santiago e Barbanza. 07/02/2012
  • Docente para cursos de técnicas de venta e escaparatismo. A Coruña. 07/02/2012
  • Promotores-distribuidores. ONO.Galicia. 07/02/2012
  • Formador de atención e carteleira. Formastur. A Coruña. 07/02/2012
  • 30 Teleoperadores-venta. Teleperformance España. A Coruña. 07/02/2012
  • Repartidor –comercial. Reyben. A Coruña e Lugo. 07/02/2012
  • Administrativo seguros. Mutua Madrileña. A Coruña. 07/02/2012
  • Comercial farmacéutico. Ghc Group, Iniciativas Saludables, S.L. Santiago. 07/02/2012
  • 3 vendedores/auxiliares de Óptica. Alain Afflelou Optico. Ferrol. 07/02/2012
  • 20 tradutores e intérpretes varios idiomas. Adecco.Pontevedra. 07/02/2012
  • Encargado de montaxes audiovisuais. Adecco. A Coruña. 07/02/2012
  • Operario de industria láctea. Adecco. Lugo. 07/02/2012
  • FP delineación ( coñecementos de Catia, Solid e Autocad).Adecco. León. 07/02/2012
  • 80 vacantes sector industrial. FP de Grado Medio ou Superior en Electromecánico/a, Mecánico/a, Electricidade o similares. Adecco ETT. Lugo (zona da Mariña). 07/02/2012

luns, 6 de febreiro de 2012

Curso de Comunicación e Habilidades Sociais

Curso de Comunicación e Habilidades Sociais
Inicio: 11 de febreiro
Horario: os sábados de 10 a 14h.
Duración:12h. Prezo: 45€.
Lugar: Centro Social de Boiro

Inscricións:
Cruz Vermella de Boiro
C/ Principal, 77 - Centro Social, 3ª Pranta 15930 - Boiro (A Coruña) Tel. 981 844 804

venres, 3 de febreiro de 2012

Pecha Kucha en Boiro





O 9 de febreiro as 20.30h non vos podedes perder...o Pecha Kucha que se celebrará en Boiro no local da A.B.E.

Qué é Pecha Kucha? Creado en Tokio no 2003 por KDA, Pecha Kucha xorde como un espazo interdisciplinar onde oradores de diversas disciplinas expoñen as súas ideas e proxectos.

Novas ofertas de emprego

0 Directores de academia de inglés. Repartidos en toda España. English Connection M.Uriasu S.L. 1 oferta en Pontevedra. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/director-academia-de-ingles/pontevedra/1407877/

31 Comerciais. Face to Face Comunicaciones. Vigo. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/comercial/vigo/1410002/

10 Enfermeiros con francés ou alemán. Unique. Bélxica.03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/Enfermero-a-con-frances-o-aleman-para-belgica/Pontevedra/1409815/?utm_source=Indeed&utm_medium=agregador&utm_campaign=trafico

15 Social Media Manager. Questionity. Pontevedra. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/social-media-manager-smm-en/pontevedra/1408069/

55 postos vacantes en Questionity. España. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasempresa/questionity/pagina_2/97843/

Comercial-Visitador médico. Smile Medical. Pontevedra. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/comercial-autonomo-visitador-medico/pontevedra/1401111/

2 Transportista-montador de mobles. ABT Logística. Asturias. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/transportista-montador-de-muebles/asturias/1409934/

Técnico de sistemas de almacenamento.Tuyu Tecnology. Ciudad Real. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/tecnico-de-sistemas-de-almacenamiento/ciudad-real/1410085/

Formador. Avalont Formación. Pontevedra. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/formador-a/pontevedra/1402562/

8 Ofertas de formadores en Avalont. Galicia, Asturias e Cantabria.03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasempresa/avalont-formacion-s-l/98388/

Cociñeiro. Arabamar GC. O Grove. 03/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/cocinero-a/o-grove/1409726/

Ferrallistas. Servicio Público de Emprego de Galicia. 03/02/2012

http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/ofertaEmpleo.html?numOferta=12/2012/693&lis_pag=1

Soldador oficial de 1ª. Unique. Vigo. 02/02/2012

http://pontevedra.loquo.com/ps/ofertas-de-trabajo/otras-ofertas-de-trabajo/oficial-1-soldador-a/222017

Profesor de Ciencias. BM Formación. Tui.02/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/Profesor-a-de-Ciencias/Pontevedra/1408835/?utm_source=Indeed&utm_medium=agregador&utm_campaign=trafico

Controlador/a (Diplomatura en Marina Civil). A Coruña. 02/02/2012

http://www.forotrabajo.es/ofertas-trabajo/display_job/248332

Caldereira/o. A Coruña. 02/02/2012

http://www.forotrabajo.es/ofertas-trabajo/display_job/247619

Comercial zona norte. Galicia, País Vasco. 02/02/2012

http://www.hays.es/busqueda-de-empleo/JOB_909488

Abogado con experiencia. Deloitte. Málaga.02/02/2012

http://careers.deloitte.com/united-kingdom/experienced-professionals/opportunities.aspx?OpportunityID=3238884

Fisioterapeuta sen experiencia. Centro de fisioterapia Marga Sobrido. Cambados. 02/02/2012

http://www.efisioterapia.net/empleo/oferta.php?id_oferta=3405

Maquilladora. Aire Azafatas. ACoruña. 02/02/2012

http://www.studentjob.es/oferta/4252/MAQUILLAD-R-A-Coru-a

Conductor. Unique. Santiago (traballo en Málaga). 02/02/2012

http://www.ofertas.unique.es/oferta/coruna/urge-conductero-a/1CWO

Delegado comercial. Santiago. 02/02/2012

http://www.ofertas.unique.es/oferta/coruna/delegado-comercial/1CV4

Mecánico taller. Neumáticos Soledad S.L. Vigo. 02/02/2012

http://www.randstad.es/content/findjobs/job-details/index.xml?currentPage=1&id=97936&__version=1

Docentes para cursos AFD ( para desempregados) de Marketing. Vigo. 02/02/2012

http://pontevedra.loquo.com/ps/ofertas-de-trabajo/marketing-comunicacion/se-buscan-docentes-para-cursos-afd-marketing/221996

Guía para catamarán de pasaxe. Vilanova de Arousa. 02/02/2012

http://www.empleoenturismo.com/index_voferta.php?id_oferta=6726&id_emp=1631

Recepcionista. Arabamar GC. O Grove. 01/02/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/recepcionista/o-grove/1408952/

Bolsas para cursar másteres universitarios

A Fundación "La Caixa" convoca 100 bolsas de mobilidade para cursar estudos de másteres oficiais, en universidades españolas, durante o curso 2012-2013.
A convocatoria contempla todas as áreas do coñecemento e está dirixida a graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que desexen cursar un máster que implique tanto o cambio de universidade coma o de comunidade autónoma de residencia.
Os estudos obxecto das presentes bolsas deben ser a tempo completo e cunha carga lectiva mínima de 60 créditos ECTS anuais.

Dotación:
Matrícula do máster, sen límite de importe.
Dotación de 1.300 € mensuais.
Dotación única inicial de 1.000 €, para cubrir gastos de viaxe e instalación

Requisitos:
Os solicitantes deben ter a nacionalidade española.

Titulacións:

Os graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que cursasen os estudos nalgunha de
as facultades ou centros de ensino superior das universidades españolas. Non se admitirán solicitudes en que
acredítense estudos de diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, salvo que estes estudos se completaran cos estudos do ciclo superior que correspondan a algunha das titulacións mencionadas.

Os alumnos que, despois de obter o grao universitario no estranxeiro, acrediten o suplemento europeo
ao título ou a homologación do Ministerio de Educación antes da data de peche da convocatoria.

Os estudantes que sigan o último curso de carreira nalgunha universidade española ou do Espazo Europeo de
Educación Superior durante o curso 2011-2012. No devandito caso, os estudantes seleccionados deberán acreditar, para obter a bolsa, ter finalizado os estudos na convocatoria de xuño/xullo de 2012.

Os profesores superiores de música, que deberon cursar os estudos nalgunha escola ou conservatorio
superior de música.

Coñecemento de idiomas:
Os solicitantes deben acreditar o seu coñecemento do idioma inglés cun dos seguintes certificados:

Universidade de Cambridge: First Certificate ou superior.
IELTS (cualificación mínima: 5).
TOEFL (cualificación mínima: 61 en Internet based,173 en computer based ou 500 en paper based).
Certificado de aptitude do ciclo superior (plan antigo) ou certificado do nivel avanzado - B2 (plan novo),
cursado e aprobado, das escolas oficiais de idiomas.
Diplomas ou certificados expedidos polas escolas de idiomas das universidades, que acrediten, ter cursado
e aprobado o nivel B2 (ou superior) do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).
Os solicitantes que desexen realizar un máster en administración de empr esas (MBA) deben acreditar unha
puntuación mínima de 700 no test GMAT e presentar algunha das seguintes acreditacións do seu nivel de
inglés:
Universidade de Cambridge: Proficiency.
IELTS (cualificación mínima: 8).
TOEFL (cualificación mínima: 110 en Internet based, 270 en computer based ou 637 en paper based).

Os candidatos que obteñan unha bolsa deben empezar o máster no curso 2012-2013. O máster que desexe cursarse debe ser oficial.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 5 de marzo de 2012.

Máis información en http://obrasocial.lacaixa.es

Bolsas para o museo do prado

O Ministerio de Educación convoca bolsas para participar durante 12 meses na formación de especialistas e fomentar a investigación nas seguintes áreas do Museo Nacional do Prado:

A) Documentación: Unha bolsa para documentalista na Área de Biblioteca, Documentación e Arquivo. Participación no proxecto «Actualización da base de datos de obras de arte do Museo Nacional do Prado e difusión da información a través da web».
B) Área de Conservación de Pintura do século XIX: Unha bolsa para investigador-documentalista. Participación no proxecto de documentación do Museo Nacional de Arte Moderna (MAM).

Requisitos:

A) Servizo de Documentación e Arquivo:
a. Licenciatura en Historia da Arte. Os expedientes académicos cuxa nota media sexa inferior a notable (7 sobre 10) serán desestimados.
b. Coñecementos sobre Historia da Arte, especialmente das coleccións e edificios do Museo Nacional do Prado.
c. Coñecementos de metodoloxía na investigación en Historia Arte (arquivos, biblioteca, hemerotecas, etc.).
d. Coñecementos sobre catalogación e documentación de obras de arte.
e. Coñecemento sobre sistemas informatizados de xestión documental en museos.
f Coñecementos de documentación, redacción e actualización de contidos xerais e artísticos en websites institucionais.
g. Dominio do inglés.

B) Área de Conservación de Pintura do século XIX:
a. Licenciatura en Historia da Arte. Os expedientes académicos cuxa nota media sexa inferior a notable (7 sobre 10) serán desestimados.
b. Coñecementos xerais sobre Museoloxía.
c. Coñecemento sobre o Museo Nacional do Prado e as súas coleccións, das coleccións do século XIX.
d. Coñecementos de técnicas pictóricas e artísticas no século XIX.
e. Coñecementos de metodoloxía da investigación da historia arte (arquivos, bibliotecas, hemerotecas, etc.).
f. Coñecementos de programas informáticos e bases de datos.
g. Coñecementos de inglés.

Dotación: 18.000 € anuais

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de febreiro de 2012
Máis información no BOE do 2 de febreiro de 2012 e en www.museodelprado.es

xoves, 2 de febreiro de 2012

Cursos para desempregados e traballadores

Cursos subvencionados pola Fundación Tripartita e a realizar polo Grupo Femxa.
A maior parte presentan a modalidade presencial, online e semipresencial.

Consulta a oferta de cursos neste enlace:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/02/02/cursos-para-desempregados-e-traballadores/

Programación cultural fin de semana

Venres 3 de febreiro as 20h
Espectáculo de maxia: Mago Romarís
Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro
Programación organizada polo Concello de Boiro

Venres 3 de febreiro as 23h
Monólogos de Alberte Montes
Curral do Marqués(Taragoña)
Programación organizada polo establecemento

Sábado 4 de febreiro as 23h
Alberte Montes: De Paliqueiro por Galiza
local ATURUXO(Boiro)
Programación organizada polo establecemento

Novas ofertas de emprego privado

Xa podedes consultar as novas ofertas de emprego privado no blog de emprego de arousanorte:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/02/02/novas-ofertas-de-emprego-privado-13/

as ofertas son:

37 Directores de axencia ou zona. Amabitur S. L. Pontevedra. 02/02/2012

Mecánico montador de neumáticos. Forsel Grupo Norte ETT. Lugo. 02/02/2012

Camareira de pisos. Grupo Externa.Hotel 4 estrelas. Lugo. 02/02/2012

Asesor en cosmética, beleza e nutrición. B_H Centro. Boiro. 02/02/2012

4 Enquisadores. Telker. Abegondo, Carnota, Betanzos, Rianxo, Arteixo, Oleiros. 02/02/2012

2 Enquisadores. Telker. Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguilar, Celanova, Allariz, Rua. 02/02/2012

3 Enquisadores. Telker. Lugo, Monforte de Lemos, Sarria, Barreiros, Chantada, Samos.02/02/2012.

Contable. Unique. Ourense. 02/02/2012

50 vacantes en limpeza de hoteis ( incluído aloxamento). Empresa con sede en Pontevedra. Traballo en Inglaterra.

Trainee. Recén Titulados. G.I Group Zaragoza. Sector retail. Vigo. 02/02/2012

2 vacantes depilación láser. Pontevedra. 02/02/2012

Dinamizador (parcial de mañan).G.I Group. Pontevedra. 02/02/2012

Técnico Superior en Riesgos Laborales. Vigo.02/02/2012

Xestor de grupo de venta. Red Unio. Vigo.02/02/2012

Técnico en xestión de empresas agropecuarias. Unique. 02/02/2012

10 comerciais. Sorbita. Vigo. 02/02/2012

Administrador de páxina web.Alfa Meta.Redondela. 31/01/2012

4 animadores infantís. Vigo. 31/01/2012

4 animadores infantís. A Coruña. 31/01/2012

4 animadores infantís. Ourense. 31/01/2012

Concurso de curtametraxes: 1 de 7 mil millóns

Quen pode participar:
Profesionais do cine e afeccionados, persoas e organizacións de todo o mundo.
Os participantes poden participar nun equipo ou de forma individual e poderá presentar un máximo de dúas curtametraxes.

As curtametraxes deben ser:
. orixinal e en formato dixital;
. De 1 a 10 minutos de duración, incluídos os créditos;
. ter subtítulos en Inglés se se presenta noutro idioma.

A película debe centrarse nun ou máis das sete cuestións clave da campaña de 7 mil millóns de accións:
. A pobreza e romper o círculo da desigualdade;
. O empoderamiento e o avance das mulleres e as nenas;
. A xente nova;
. Saúde reprodutiva e dereitos;
. As persoas sas do medio e saúde;
. Envellecemento;
. Urbanización de planificación para o crecemento.

Un xurado elixirá dez finalistas dos traballos presentados. Logo, a través do voto online, os usuarios elixirán os tres gañadores que serán premiados con premios en efectivo.
Os gañadores serán anunciados o 8 de marzo de 2012.

Data límite para presentar traballos é o 15 de febreiro 2012

Máis información en http://www.7billionactions.org/ e en http://fundacion101248.com

Prácticas na Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRA)

a Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRA) ofrece prácticas remuneradas por períodos de seis meses para os mozos titulados. O seu obxectivo é proporcionar alumnos unha experiencia de traballo na administración da cooperación no campo dos dereitos fundamentais no ámbito europeo co fin de facerse unha idea dos obxectivos e as actividades de FRA, e poñer en práctica a súa aprendizaxe.

O FRA (Axencia Europea de Dereitos Fundamentais) estase a construír sobre o Observatorio Europeo do Racismo e a Xenofobia (EUMC), e proporciona asistencia e asesoramento á Unión Europea e os seus Estados membros en materia de dereitos fundamentais. O obxectivo é apoiar a respectar plenamente os dereitos fundamentais cando adopten medidas ou establezan liñas de actuación.

Os obxectivos das pasantías son:
proporcionar unha comprensión dos obxectivos e actividades de FRA
que os alumnos poidan adquirir unha experiencia práctica e coñecemento do traballo do día a día das Unidades de FRA e servizos
que os alumnos poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante os seus estudos, ou carreiras profesionais
contribuír á misión da axencia

Os criterios de elixibilidade:
os participantes serán nacionais dos Estados membros, candidatos e candidatos potenciais
os alumnos deben ter un diploma universitario
os alumnos deberon completar o primeiro ciclo de estudos superiores (é dicir, a educación universitaria) e obtiveron o título completo ou o seu equivalente na data de presentación de solicitudes
os candidatos deben ter un bo coñecemento de polo menos dúas linguas comunitarias, incluíndo Inglés. Candidatos de países non membros da UE debe ter un bo coñecemento de Inglés
os candidatos non deberon ter algún tipo de formación ou emprego dentro dunha institución ou organismo europeo

Os alumnos recibiran unha bolsa mensual de 1000 €.
As persoas seleccionadas terán reembolso dos gastos de viaxe ao inicio e ao final da pasantía. Os alumnos con minusvalidez poden recibir un complemento da súa concesión ata a súa concesión igual a un máximo do 50% da contía da subvención.

Data límite de presentación de solicitudes: 17 de febreiro 2012

Máis información en http://fra.europa.eu

mércores, 1 de febreiro de 2012

8 BOLSAS DE FORMACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO

Obxecto: concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (ED109A).

Fin do prazo de presentación: 13 de febreiro de 2012

Convocatoria e información:http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/02/01/nova-bolsa-4/

Conferencia "Recursos e políticas públicas da xuventude en Galica".

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a traves do Master Oficial en Xuventude e Sociedade organiza a Conferencia "Recursos e políticas públicas da xuventude en Galica".

Ponente:

Ovidio Rodeiro Tato

Director Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Destinatarios: A comunidade universitaria e interesados en xeral.

Data: 09 de febreiro de 2012

Enderezo: Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas e Sociais . USC.

Mais información: http://xuventude.xunta.es/201202016295/xuventude-e-sociedade.html