martes, 27 de febreiro de 2018

Programa de emprendemento para mozxs ata 30 anos

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade). Máis info neste enlace

martes, 6 de febreiro de 2018

Curso de costura EXPRESS intensivo en Boiro


Queres aprender a costumizar a túa roupa, crear unha prenda a túa medida de forma sinxela, subir un baixo ou cambiar unha cremalleira en só uns poucos meses?

Taller de costura express intensivo
de marzo a maio
martes de 17h a 19h
Centro Social de Boiro
Inscricións: Centro Social de Boiro, 981842635/omix@boiro.org

luns, 5 de febreiro de 2018

Axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún país da Unión Europea

Inscricións:

Ata o 14/03/2018

Duración:

As actividades terán que ser realizadas no período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2018

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2017/18, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos na titulación que está a realizar. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
  • Queda excluído desta convocatoria:
    • O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
    • O alumnado que durante o curso 2017/18 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
  • Forma de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED416A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Remuneración/Dotación:

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Páxina web:

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
San Caetano, s/n. 15781 A Coruña
Teléfono: 981 544 430
www.edu.xunta.gal 
Publicación: DOG 05/02/2018

Formación gratuíta para traballadores en activo

Un curso moi demandado a nivel laboral e todavía quedan prazas libres


xoves, 1 de febreiro de 2018