venres, 27 de abril de 2012

programacion para hoxe...

 Teatro
20h,actuación teatral de Peter Punk(adicado ao público infantil)
Casa da Cultura de Boiro
Organiza departamento de Cultura de Boiro

Literatura
20h Presentación do libro Contos libro Contos da terra da tarde de Bieito Iglesias
Salón de actos Centro Social de Boiro
Organiza departamento de Cultura de Boiro e Asociación Cultural Barbantia

21.30h. Presentación do libro "Alento nas costas"  de Natalia Carou Figueira 
Curral do Marqués(Taragoña)
Organiza establecemento 

Música
21.30h Concerto de jazz de David Quarter Lojo
Centro Social de Boiro
Organiza departamento de Cultura de Boiro e Escola de Música

23h Certame Curota Sound
Pousada das Ánimas(Boiro)
Organiza Asociación Borobó

Agora toca escoller!

Probas de acceso a ensinazas artísticas superiores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato.
A inscrición para realizar a proba farase na secretaría dos seguintes centros educativos antes do día 30 de maio de 2012:
Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
A proba de acceso realizarase o día 8 de xuño, ás 9.00 h, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela
Máis información en http://www.edu.xunta.es e no DOG do 26 de abril de 2012

xoves, 26 de abril de 2012

obradoiros de hip hop en Boiro

  O 12 de maio se realizarán dous obradoiros en Boiro no local leñaverde(Centro Social de Boiro) en horario de mañá ou tarde(a escoller)

  1º Obradoiro de hip-hop impartido por García MC,Dios Ke te Crew, consistente en:
-    Historia xeral da cultura hip-hop
-    Dinámica introdutoria. Creación de rimas
-    Elaboración de letras por grupos
A temática a utilizar será libre, os rapaces elixirán o tema no que se atopen máis cómodos á hora de elaborar os textos. O seu mundo é o que mellor funcionará á hora da temática.

    2º Obradoiro de Expresión plástica “construción dun monicreque que cante”impartido por Viravolta.
Construción dun boneco sinxelo que poida ter algún movemento propio (boca, brazos) a partires de materiais sinxelos coma cartón, vasos de plástico, calcetíns, papel…guiados por monitores a construcción vaille resultar fácil e divertida e os mozos e mozas poderán enriquecer o monicreque coas suas aportacións  particulares.


Os obradoiros son gratuítos e para inscribirse o prazo está aberto ata o día 11 de maio as 14h.
Os lugares para inscribirse ou ampliar a información son:

Oficina de Información Xuvenil Boiro(centro Social 1º Andar), tlf 981842635 e mail omix@boiro.org

Casa da Cultura Ramón Martínez López, tlf 981848425 e mail cultura@boiro.org



Xuventude abre o prazo de inscrición para optar ás 429 prazas en campos de traballo que se ofertan este ano na campaña de verán

Os interesados en participar nos campos de traballo de Galicia poderán solicitar a súa praza ata tres días antes do inicio da actividade, sempre e cando existan vacantes; para acudir a outras comunidades autónomas poderán pedirse ata o 16 de maio, mentres existen prazas libres; e, por último, para os campos de traballo no estranxeiro a inscrición rematará o 11 de maio.
As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ou a través dos teléfonos 981 544 838; 981 957 115; e 981 544 840. Tamén se poderá solicitar unha praza nos servizos de xuventude e voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

mércores, 25 de abril de 2012

Dúas Iniciativas moi interesantes

Unha é a campaña PON LE CARA AL TURISMO, que ademais de contar con CURSOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN ESPAÑOL E GALEGO propón unha nova visión do turismo en Galicia.
Información curso galego
Información curso español

E outra a curta "Deixádeos pasar! feito polo equipo de Ollo de Vidro, que se estrea hoxe en Vigo as 20h na Casa Galega da Cultura e na que participa Sonia Lebedynski e como ela explica onde se toman os versos de Rosalía e se mesturan cas vivencias persoais e co xeito de interpretalos.

Non vos perdades ningunha!!!

CURSO PRIMEROS AUXILIOS

O venres día 04 de mayo, dara comezo un curso de Primeros Auxilios, 
A duración é de 40h,e o horario é venres de 16:00 a 20:00 e sábados de 10:00 a
14:00: O coste é 150€.

Interesados pasar a cubrir ficha de inscrición pola Cruz Vermella Boiro
(Centro Social de Boiro, 3º andar)

martes, 24 de abril de 2012

Bolsas de formación en Galicia

  • 5 BOLSAS DE COLABORACIÓN NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
  • 71 BOLSAS EN UNIDADES DEPENDENTES DA SECRETARÍA XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES E EN ENTIDADES AGROFORESTAIS E ALIMENTARIAS

Información e enlace en:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/04/24/76-bolsas-en-galicia/

Novas de emprego na Comarca e mais

Comercial con experiencia. Nortempo Ribeira.24/04/2012.

Técnico superior de xestión de empresas agropecuarias. Unique.Brión.24/04/2012

Técnico superior de desenvolvemento de productos informáticos. Unique.Brión.24/04/2012

Técnico superior en industrias alimentarias. Unique. Ames, Negreira, Brión, Santiago.24/04/2012

Técnico superior de sistemas de regulación e control. Unique. Ames, Negreira, Brión, Santiago.24/04/2012

10 Peóns agrícolas. Grupo Alliance. Tomiño. 24/04/2012

Delegado comercial. Franquicia. MICOMCOM. Pontevedra. 24/04/2012

60 Representantes de comercio. DOOGOO TRADING. Pontevedra. 24/04/2012

Responsable de administración. Sector alimentación. Pontevedra. 24/04/2012

Comercial Comercio Exterior. Grupo Alliance. Pontevedra. 24/04/2012

6 Colaboradores comerciais. Santa Lucía. Pontevedra. 24/04/2012

10 Axudantes de cociña. Grupo Alliance.Vigo. 23/04/2012

Empregados de fogar internos. Boiro.21/04/2012

Promotores campaña Movistar do 16 ó 31 de Maio. Eventis. Noia. 20/04/2012

3 Comerciais de formación. Santiago. 20/04/2012

Director de oficina. Seguros Bilbao. Ribeira e Rianxo.17/04/2012


luns, 23 de abril de 2012

Este venres en Boiro..David Quartet Jazz

AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Recordarvos que o prazo para a XUSTIFICACIÓN E COBRO DAS AXUDAS de transporte do Concello de Boiro rematará o 31 de maio de 2012.

A xustificación dos gastos, deberase realizar presentando a documentación xustificativa no Rexistro do Concello acompañada dunha instancia oficial.

Documentación xustificativa:

a. Facturas orixinais de pago das viaxes :
i. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos :
1. Nome, razón social, NIF ou CIF e enderezo de quen emite a factura.
2. Desglose do IVE ou imposto correspondente.
3. Nome, domicilio, NIF ou CIF do beneficiario/a.
4. Descrición detallada do servizo (modalidade da viaxe).
5. Número de factura, data de emisión e denominación de “Factura”.

b. Non se admitirá ningún outro documento xustificativo de pago distinto do descrito no apartado anterior.

c. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente estimará o cumprimento das obrigas.

d. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección.

e. O pagamento da axuda efectuarase mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo solicitante, que será o titular de dita conta.

Mais información: OMIX Boiro(Centro Social)

Obradoiro de programas e axudas para mozos/as


A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Boiro a través do Programa Activa
da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza un obradoiro para mozos e
mozas menores de 30 anos, sobre os Programas e axudas.

O Obradoiro celebrarase este martes día 24 de abril as 9.35h no IES Espiñeira,
os destinatarios serán un total de 25 alumnos dos ciclos formativos superiores

Concurso en liña de mensaxes de amor



Con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas e Dia de Internet, as consellerias de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüistica e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado , respectivamente, convocan "Lingua de namorar", un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido a mocidade.

Consulta as bases en:
http://xuventude.xunta.es/201204237349/bases-do-concurso-lingua-de-namorar.html