luns, 20 de febreiro de 2017

Certames



Certame de relatos curtos OS VIADUCTOS
info:http://bit.ly/2mem2i3





















XIX Certamen fotográfico Xosé Manuel Eirís
info: http://bit.ly/2me7rD8

Bolsas da USC para a mocidade

Bolsas da USC para realizar estadías de cooperación para o desenvolvemento en países do Sur
Prazo aberto ata o 15 de marzo de 2017.
Máis información: http://ow.ly/TKkE3098zUQ

venres, 17 de febreiro de 2017

Contratación de persoal Concello de Boiro

  • Procesos de selección de persoal
  • Aulixiar policía, servizos varios-fontanería, traballador/a social
  • O Concello de Boiro convoca os seguintes procesos de selección de persoal laboral temporal:
    1.- Listaxe para a cobertura temporal de ata un máximo de oito prazas de auxiliar de policía local durante o exercicio 2017.
    A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o 3/03/2017 ás 13:30 horas.
    2.- Listaxe para a cobertura temporal de prazas de oficiais de servizos varios – fontaneiros.
    A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o 23/02/2017 ás 13:30 horas.
    3.- Listaxe para a cobertura temporal de prazas de traballador/a social.
    A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o 23/02/2017 ás 13:30 horas.
    Tanto as bases como a instancia de solicitude destas convocatorias están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.org

mércores, 15 de febreiro de 2017

Programación Boiroverde


Concurso LINGUA DE NAMORAR









Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
1º Smartphone Wiko 5” Qcore 3, 16 GB
2º Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM
3º Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD
Categoría B (de 20 a 35 anos):
1º Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi
2º Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB
3º Smartwatch SPC 9616T
Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 5 de marzo.
Máis Info en:http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Formación gratuíta no Centro Social de Boiro


xoves, 9 de febreiro de 2017

AXUDAS AO TRANSPORTE 2017

A vindeira semana podedes consultar a resolución das axudas ao transporte na web do Concello e nos taboleiros de anuncios do Centro Social de Boiro e Concello

martes, 7 de febreiro de 2017

Encontro Arqueolóxico do Barbanza

Boiro acollerá o XI Encontro Arqueolóxico do Barbanza. Celebrarase os días 25 e 26 de febreiro. Bota una ollada e fai a túa inscrición a través da páxina do Centro Arqueolóxico do Barbanza

ENTROIDO 2017 Boiro


DIA DE ROSALIA en Boiro

O 24 de febreiro celebramos en Boiro o día de Rosalía de Castro..acompáñasnos?

Sábado ecolóxico

Este sábado en Boiro contamos con varias actividades para familias

-a partir das 10h
Mercado ecolóxico
e concerto de cuencos tibetanos
na praza detrás do Centro Social de Boiro

- a partir das 10.30h
Xornada de Apicultura
Charla sobre as consecuencias da vespa velutina
Obradoiro familiar de trampas para vespas
Degustacións de productos de apicultura
No local anexo a praza de Abastos de Boiro

Proxectos de mobilidade xuvenil