xoves, 23 de novembro de 2017

Proxecto de emprendemento xuvenil

“Jóvenes con ideas” (Evolución Juzz)
Universidade da Coruña: 80 prazas e dous espazos nos campus da Coruña e Ferrol

Qué é Explorer? Un programa que impulsa o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo.

Esta iniciativa, impulsada por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinada polo Centro Internacional Santander de Emprendemento (CISE), representa a evolución de Santander Yuzz.
Dirixido a xóvenes de entre 18 e 31 anos. Os seleccionados poderán beneficiarse do acceso ao Explorer Space UDC, un centro de coworking de alto rendemento onde desenvolverán a súas ideas de forma colaborativa durante 5 meses, asesoramento personalizado e formación dunha rede de mais de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.
Os tres mellores proxectos do programa recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.
Os dous proxectos mellor valorados do Explorer Space UDC, un por cada campus, viaxará a Silicom Valley.
Grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award-impulsado por INDRA, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio máis innovador.
Inscrición en http://yuzz.org.es/formulario-inscripcion/ ata o 8 de decembro de 2017.

martes, 21 de novembro de 2017

Actividades Boiro verde





1 de decembro ás 19h Charla informativa sobre as flores de Bach
Centro Social de Boiro

9 de decembro de 10h a 14h Obradoiro de agasallos ecolóxicos(elaboración de marmeladas caseiras e sales de baño) e solidario(ollade a que se destinará a recadación)
Centro Social de Boiro

25 N actos en Boiro

24Nov

19h Performance con motivo do día da eliminación da violencia contra as mulleres
Centro Social de Boiro

19.30h Proxección do documental "Código Secreto: mariposas" das irmás Mirabal que deron orixe á celebración do 25N
Salón de actos do Centro Social de Boiro

20.30h Charla-debate "A cultura da violación"
no local da Asociación Unión de Muchachas(rúa Principal, 99 Boiro)

+ Exposición de Amnistía Internacional sobre a situación das mulleres en distintos países

25 Nov

20.30h Presentación do espectáculo teatral "Matrioskas" de Marta Ortíz e Sofía Espiñeira no local da Asociación Unión de    Muchachas(rúa Principal, 99 Boiro)



mércores, 15 de novembro de 2017

Taller de Son, Imaxe e comunicación













Taller de Son, Imaxe e Comunicación (5ª Ed.) que desenvolve a Fundación Paideia Galiza e a Asociación DELOA en colaboración ca Escuela de Organización Industrial. Aberto prazo de inscrición.

Está dirixido a moz@s desempregad@s e inscrit@s no Sistema de Garantía Xuvenil, que non están integrados en ningún itinerario educativo. Terá lugar entre 14 de decembro e o 16 de febreiro en Padrón (A Coruña). Trala participación no Taller, existe posibilidade de acceso a estancias de prácticas formativas no estranxeiro ou contratación laboral en empresas galegas.

Máis información e inscricións na página web ou no telf. 981 817 000.

FUNDACIÓN PAIDEIA | Lugar da Escravitude, s/n - 15980 Padrón. A Coruña | 981 817 000 |www.paideia.es

martes, 7 de novembro de 2017

Boiro Territorio Musical

II xornadas da música organizadas polo departamento de cultura do Concello de Boiro dentro do proxecto República Creativa.

As xornadas que se celebrarán o vindeiro sábado 18 de novembro contarán coa presenza de  Julio Gómez, Rosa Salgado, Patricia Hermida, Marián Fernández, Xosé Romero, Guadi Galego e Carme Tubío.

Tamén asistirán artistas locais  adicados na actualidade á musica como Fran Velo, Susana Saavedra, Sonia Lebedynski ou Luis Miranda.

A asistencia das xornadas é totalmente gratuita e comezarán o vindeiro sábado 18 de novembro ás 10.30 no salón de actos do Centro Social de Boiro.